Os Ingleses Rugby Club

Os Ingleses Rugby Club Os Ingleses Rugby Club de Vilagarcía - Club deportivo amateur de la ciudad de Vilagarcía de Arousa

💯 Xa somos 100!E non podía haber mellor protagonista para recibir o carné de socio número 100 que o noso pilier JJ.Porqu...
05/09/2026

💯 Xa somos 100!

E non podía haber mellor protagonista para recibir o carné de socio número 100 que o noso pilier JJ.

Porque este ano, ademais de ser un dos nosos piares no campo, JJ convértese tamén nun piar do club nunha tempada moi especial: a do ascenso a División de Honra B. 🏉

Grazas, JJ, por estar sempre. E grazas ás 100 primeiras persoas que xa decidiron formar parte desta aventura.

🔵⚫ 100 socios. Un club. Unha ilusión.

E isto non fixo máis que comezar.

👉 E ti, aínda non es socio/a? Se queres formar parte desta tempada histórica, escríbenos por DM ou WhatsApp e contámosche como facelo.

🏉 VOLTAMOS Á PRAZA DE GALICIA!Despois da gran acollida da semana pasada, este sábado 5 de setembro volvemos á Praza de G...
03/09/2026

🏉 VOLTAMOS Á PRAZA DE GALICIA!

Despois da gran acollida da semana pasada, este sábado 5 de setembro volvemos á Praza de Galicia para continuar coa nosa campaña de captación de socios e socias.

E facémolo nun momento moi especial: Os Ingleses subimos a División de Honra B, a categoría nacional na que competiremos esta tempada. 💙🖤

Un novo reto, un novo capítulo e, sobre todo, un proxecto que queremos seguir construíndo entre todos e todas.

👉 Achégate á Praza de Galicia, coñece o proxecto e faite socio/a, xogador/a ou colabora coa maneira que prefiras.

Este ano necesitamos máis que nunca o apoio da nosa xente.

📍 Praza de Galicia · Vilagarcía
📅 Sábado 5 de setembro
⏰ 10:00–14:00 h

🏉 Xa estamos na Praza de Galicia!Pásate a coñecer de preto o noso proxecto, falar con nós e descubrir todo o que temos p...
29/08/2026

🏉 Xa estamos na Praza de Galicia!

Pásate a coñecer de preto o noso proxecto, falar con nós e descubrir todo o que temos preparado para esta nova tempada.

E, se che apetece formar parte desta familia, podes facelo como socio/a, xogador/a ou como ti prefiras. 💙🖤

Achégate, coñécenos e súmate a Os Ingleses!

🏉 Este sábado estaremos na Praza de Galicia!Continuamos coa nosa campaña de socios e estaremos este sábado en Vilagarcía...
26/08/2026

🏉 Este sábado estaremos na Praza de Galicia!

Continuamos coa nosa campaña de socios e estaremos este sábado en Vilagarcía para que poidades achegarvos, coñecer a campaña e facervos socios de Os Ingleses Rugby Club.

💙 Se queredes formar parte desta nova tempada, agardámosvos na praza de Galicia de 10 a 14!

E se non podedes achegarvos, podedes escribirnos por DM ou por WhatsApp no teléfono do club +34 626 74 24 62 e mandamos link para formalizar a alta

Esta tempada, máis que nunca, somos todos Os Ingleses!

🏉 Este sábado estaremos na Praza de Galicia!Continuamos coa nosa campaña de socios e estaremos este sábado en Vilagarcía...
26/08/2026

🏉 Este sábado estaremos na Praza de Galicia!

Continuamos coa nosa campaña de socios e estaremos este sábado en Vilagarcía para que poidades achegarvos, coñecer a campaña e facervos socios de Os Ingleses Rugby Club

💙 Se queredes formar parte desta nova tempada, agardámosvos na praza de Galicia!

E se non podedes achegarvos, podedes escribirnos por DM ou por WhatsApp no teléfono do club +34 626 74 24 62 e mandamos link para formalizar a alta

Esta tempada, máis que nunca, somos todos Os Ingleses!

23/08/2026

Nacho, internacional español con raíces en Vilagarcía 🏉

Nacho Piñeiro, xogador dos Iberians e internacional coa selección española de rugby, está a pasar uns días en Vilagarcía, unha terra coa que mantén un vínculo moi especial xa que é a súa familia paterna

Este ano, ademais, puido g***r dunhas semanas máis na casa antes de afrontar unha nova etapa na súa carreira. Despois de varias tempadas no Grenoble, Nacho cambia de equipo e pasa a formar parte dos Iberians, continuando o seu camiño no rugby profesional e coa mirada posta tamén na selección española

Falamos con el sobre a súa relación con Vilagarcía, os seus recordos, o cambio de equipo, a experiencia coa selección e todo o que está por vir co mundial 2027 no horizonte

Dámoslle ao play e coñecemos un pouco mellor a Nacho Piñeiro.

Grazas por facer isto posible e a por dedicarnos un ratiño

11/08/2026

Antes de nada, grazas.

Grazas por cada adestramento, por cada partido, por cada placaxe, por cada carreira e por representar sempre este escudo coa máxima entrega.

Candela Pérez Iglesias pecha unha etapa en Os Ingleses para comezar unha nova aventura no CRAT, onde poderá seguir medrando nun equipo feminino. Un paso importante na súa carreira que nos enche de orgullo, aínda que tamén nos encha de pena verte marchar.

Foron anos inesquecibles. Convertícheste nunha xogadora fundamental nos nosos equipos M16 e M18, ademais de levar tamén o nome de Os Ingleses á selección galega. Pero, por enriba de todo, deixas pegada como compañeira e como persoa.

Aquí sempre será a túa casa. Desexámosche toda a sorte do mundo nesta nova etapa. Estamos convencidos de que isto é só o comezo de todo o que está por vir.

Moita sorte, Candela. Goza do camiño e segue facendo o que mellor sabes facer.

Os Ingleses sempre contigo. 💙🖤

Desde Os Ingleses lamentamos o falecemento de Manuel Domínguez Gómez, pai de Marcos Domínguez, histórico xogador do club...
10/08/2026

Desde Os Ingleses lamentamos o falecemento de Manuel Domínguez Gómez, pai de Marcos Domínguez, histórico xogador do club e actual fisioterapeuta do equipo.

Queremos trasladar o noso máis sentido pésame a Marcos, á súa familia e ás persoas achegadas, acompañándoos nestes duros momentos de despedida.

O velorio terá lugar no Tanatorio de Arosa ata hoxe ás 20:45.

Descanse en paz.

Dende Os Ingleses queremos expresar o noso máis fondo pesar polo falecemento de Antonio Penas Cascón, irmán do noso xoga...
05/08/2026

Dende Os Ingleses queremos expresar o noso máis fondo pesar polo falecemento de Antonio Penas Cascón, irmán do noso xogador Álvaro Penas.

Nestes momentos de inmensa dor, queremos facer chegar a Álvaro, á súa familia e ás persoas achegadas todo o noso cariño, apoio e as máis sinceras condolencias. Todo o club acompáñavos neste difícil momento.

O velatorio terá lugar no Tanatorio de Arosa. A comitiva fúnebre sairá mañá 6 de agosto ás 12 cara á Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Arealonga, onde se celebrará o funeral ás 12:15 horas.

Descansa en paz, Antonio.

🏉 XA ESTÁ ABERTA A CAMPAÑA DE SOCIOS 2026/27!A vindeira tempada será histórica para Os Ingleses. Despois do ascenso, vol...
31/07/2026

🏉 XA ESTÁ ABERTA A CAMPAÑA DE SOCIOS 2026/27!

A vindeira tempada será histórica para Os Ingleses. Despois do ascenso, volveremos competir en División de Honra B, levando o nome de Vilagarcía e do rugby galego a unha categoría nacional.

Pero este paso adiante só é posible grazas a unha comunidade que empurra unida. Detrás de cada partido, de cada adestramento e de cada neno ou nena que descobre este deporte hai socios que fan posible que o club siga medrando.

Facerte socio é moito máis que ter un carné: é formar parte desta familia e axudar a construír o futuro de Os Ingleses.

🔵 Socio Normal · 40 €
⚫ Socio Protector · 100 €

Cada cota contribúe a manter a nosa escola de rugby, apoiar aos equipos, organizar actividades e afrontar o reto de competir a nivel nacional.

📲 Como facerte socio?
Envíanos un WhatsApp ao 626 742 462 ou un DM con:
• Nome e apelidos
• Teléfono
• Email
• Tipo de socio

Tamén podes contactar directamente con Ju ou Lema.

Agora máis ca nunca, precisamos da túa forza. Xuntos levaremos Os Ingleses aínda máis lonxe.

💙 Grazas por formar parte desta familia.

Dirección

Alvaro Cunqueiro, 7 Bajo
Villagarcía De Arosa
36600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Os Ingleses Rugby Club publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Os Ingleses Rugby Club:

Atajos

Compartir