Xallas F.C.

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Xallas F.C. Conta Oficial / Fundado en 1965
Santa Comba (A Coruña)

Esta fin de semana o Xallas anda de campo en campo. 💚O sábado, os máis pequenos abren a xornada en Fontenla. O Infantil ...
28/10/2026

Esta fin de semana o Xallas anda de campo en campo. 💚

O sábado, os máis pequenos abren a xornada en Fontenla. O Infantil viaxa a Muros, o Xuvenil xoga nas Eiroas e o Sénior recibe ao Racing San Lorenzo na casa ás 6 da tarde, e no que ahora máis que nunca necesita o apoio de todos os Xalleiros.& ;

O domingo, os dous cadetes xogan en Fontenla. O Feminino B visita á Esteirana e o Feminino A recibe ao Victoria FC B.

En que campo te imos ver? Cóntanolo nos comentarios e etiqueta a quen vai contigo. 👇

𝓜𝓪𝓻í𝓪, 𝓵𝓪 𝓶𝓾𝓳𝓮𝓻 𝓭𝓮 𝓵𝓪 𝓫𝓪𝓷𝓭𝓪 ✍️💚Quen acompaña o fútbol desde a banda tamén ten moito que contar. E María ten historias, o...
19/10/2026

𝓜𝓪𝓻í𝓪, 𝓵𝓪 𝓶𝓾𝓳𝓮𝓻 𝓭𝓮 𝓵𝓪 𝓫𝓪𝓷𝓭𝓪 ✍️💚

Quen acompaña o fútbol desde a banda tamén ten moito que contar. E María ten historias, opinión e retranca para compartir.

Moitos xa a coñecedes como Maria LListe , «La mujer de la banda». Apaixonada do fútbol e vinculada aos veteranos do Xallas, nas súas crónicas hai partido, pero tamén conversas, nervios, risas e todas esas cousas que non aparecen no resultado.

Hoxe dámoslle a benvida ás nosas redes como colaboradora. Compartiremos con vós as súas crónicas, coa súa firma e coa liberdade de seguir contando o fútbol á súa maneira.

María, grazas por poñerlle palabras ao que se vive desde a banda. Un pracer compartir as túas historias coa familia xalleira!

⚔️Este Domingo DERBI no Fontenla! ⚡️XallasFCvsSDCastriz⚡️ 🕕 ás 12.15 da mañanXalleiros e Xalleiras, ahora é cando tocar ...
16/10/2026

⚔️Este Domingo DERBI no Fontenla!
⚡️XallasFCvsSDCastriz⚡️
🕕 ás 12.15 da mañan

Xalleiros e Xalleiras, ahora é cando tocar estar animando e arroupando ao noso equipo. Levantade cabeza rapaces, loitade cada balón, pelexade, demostrade que ainda o Xallas ten moito que decir. Estamos convosco ao 💯💯💯💯💯

Comparte e enchamos as bancadas de Xalleiros🫶

🔊 Domingo as 12.15 todos ao Fontenla 💪

⚡️⚡️⚡️⚡️VAMOS XALLAS ⚡️⚡️⚡️⚡️

O Xallas F.C. quere acompañar a Michelle, xogadora do noso equipo feminino, e ao noso adestrador Eloy nestes momentos de...
10/10/2026

O Xallas F.C. quere acompañar a Michelle, xogadora do noso equipo feminino, e ao noso adestrador Eloy nestes momentos de profunda dor pola perda da nai de Michelle.
Queremos facer chegar tamén unha aperta moi especial a Stefan e a toda a familia. Non hai palabras suficientes para aliviar unha perda así, pero queremos que sintades o cariño e o apoio de toda a familia xalleira 🖤
Unha aperta inmensa🖤 Descanse en paz

Hoxe comeza unha nova fin de semana de fútbol para o Xallas.Desde os máis pequenos ata os equipos sénior, o club volve a...
10/10/2026

Hoxe comeza unha nova fin de semana de fútbol para o Xallas.

Desde os máis pequenos ata os equipos sénior, o club volve ao campo con partidos en Fontenla e fóra da casa.

Desliza para consultar todos os horarios e campos.

Moita sorte a todos os nosos equipos. A competir, desfrutar e defender o escudo.

Forza Xallas!

06/10/2026

O Xallas estrea nova casa dixital.

Un espazo para coñecer a nosa historia, descubrir os equipos, seguir a actualidade do club e poñer en valor a todas as persoas e empresas que forman parte desta familia.

Isto é só o comezo.

Descubre a nova web en www.xallasfutbolclub.com

Máis que un club. Orgullo xalleiro.

🔉Este domingo no Fontenla ⚡️XALLASFCvsSDTORDOIA⚡️🕒12:00 hrVen animar aos nosos xogadores!
03/10/2026

🔉Este domingo no Fontenla

⚡️XALLASFCvsSDTORDOIA⚡️

🕒12:00 hr

Ven animar aos nosos xogadores!

Dirección

Santa Comba

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Xallas F.C. publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Xallas F.C.:

Atajos

Compartir