Club BM Xallas

Club BM Xallas Páxina totalmente oficial do Club Balonmán Xallas.

💚💛💜 EMPRESAS QUE MEDRAN CON NÓSSeguimos presentando ás empresas que fan posible que o noso equipo sénior siga competindo...
08/09/2026

💚💛💜 EMPRESAS QUE MEDRAN CON NÓS

Seguimos presentando ás empresas que fan posible que o noso equipo sénior siga competindo, medrando e levando o nome do BM Xallas alí onde xogamos.

Hoxe queremos agradecer o apoio de ELMEGA e MM Laysan, dúas empresas cunha importante vinculación coa nosa contorna e que decidiron apostar polo noso proxecto deportivo.

🐄 ELMEGA, desde Santa Comba, leva décadas desenvolvendo solucións e equipamento para o sector gandeiro, cunha filosofía baseada na experiencia, na innovación e no contacto directo coas necesidades dos profesionais.

🏗️ MM Laysan conta cunha ampla experiencia no sector das construcións metálicas, realizando estruturas, cubertas e cerramentos para proxectos industriais, comerciais e particulares.

Dous sectores moi diferentes, pero algo en común: traballo, compromiso e confianza na nosa terra.

🤝 Grazas a ELMEGA e MM Laysan por formar parte desta tempada e por apoiar ó BM Xallas.

💚💛💜 Seguimos medrando xuntos.

SantaComba Xallas DeporteLocal

💚💛💜 SEGUROS M. VIEITO, PATROCINADOR PRINCIPAL DO NOSO EQUIPO SÉNIORComezamos a presentar ás empresas que esta tempada ca...
07/09/2026

💚💛💜 SEGUROS M. VIEITO, PATROCINADOR PRINCIPAL DO NOSO EQUIPO SÉNIOR

Comezamos a presentar ás empresas que esta tempada camiñan ao lado do BM Xallas, e facémolo co noso patrocinador principal: Seguros M. Vieito.

Axente exclusivo de Generali en Santa Comba que aposta pola proximidade, o asesoramento personalizado e por ofrecer a cada cliente a protección que realmente necesita, tanto para particulares como para autónomos e empresas.

Pero hoxe queremos falar, sobre todo, doutra aposta: a que fan polo deporte da nosa comarca e polo noso equipo sénior.

O seu apoio permítenos seguir medrando, competindo e construíndo un proxecto deportivo cada vez máis forte.

Porque detrás dun equipo non están só as xogadoras e o corpo técnico. Tamén están as empresas que confían nel e deciden formar parte do camiño.

🤝 Grazas, Seguros M. Vieito, por confiar no BM Xallas e acompañarnos unha tempada máis.

💚💜 Seguimos xuntos.

02/09/2026

💚💛💜 DÚAS NOVAS INCORPORACIÓNS PARA SEGUIR MEDRANDO

Chegan ao BM Xallas Antía Vilariño e Nazaret del Río, dúas xogadoras novas pero cunha traxectoria importante ás súas costas. 🤾‍♀️

Antía Vilariño chega procedente do Balonmán Cangas, club no que se formou e co que competiu en citas importantes das categorías de base, disputando varias Final Four e fases de sector nacional, ademais de destacar pola súa capacidade ofensiva e goleadora.

Nazaret del Río iniciou a súa formación no Balonmano Torrelavega e posteriormente continuou no BM Pereda, onde chegou a adestrar co primeiro equipo da Liga Iberdrola e debutou en División de Honor Plata sendo aínda xogadora xuvenil.

Durante a súa etapa de formación representou tamén a Cantabria nun CESA, logrando a sétima posición nacional, disputou sectores do norte tras proclamarse campioa de liga en Cantabria e participou, sendo aínda xuvenil, nunha fase de ascenso ante o equipo sénior do Anaitasuna.

A súa etapa sénior desenvolveuse en Galicia, formando parte do Balonmano Pabellón, en Primeira e Segunda Autonómica, e posteriormente do Saeplast Balonmano Cañiza, competindo en División de Honor Plata.

Dúas xogadoras con experiencia, ambición e moito balonmán ás súas costas que chegan para sumar e reforzar o equipo nesta nova tempada.

Benvidas ao BM Xallas, Antía e Nazaret.
Seguimos medrando. Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

01/09/2026

💚💛💜 CONTINUIDADE QUE SUMA

Un ano máis, Natalia Romero e Andrea Abad seguirán formando parte do BM Xallas.

Dúas xogadoras que continúan aportando ao club traballo, compromiso e implicación, valores fundamentais para seguir construíndo equipo tempada tras tempada. 🤾‍♀️

Grazas, Natalia e Andrea, por seguir con nós e por continuar defendendo estas cores.

Seguimos sumando.
Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

🔥💥 O campamento de Verán Bm Xallas 26 métese de cheo na súa recta final e este luns pechamos por todo o alto! 🚀🎯​Menuda ...
29/08/2026

🔥💥 O campamento de Verán Bm Xallas 26 métese de cheo na súa recta final e este luns pechamos por todo o alto! 🚀🎯
​Menuda semana levamos, isto foi unha auténtica locura de non parar: ⚡ partidas épicas de Datchball 🔴🔵 e Fortnite por equipos 🎮🔥 onde houbo nivelazo, dándolle a tope de caña ao balonmán 🤾‍♂️ e minibalonmán 🤾‍♀️, e sacando o noso lado máis artístico con eses marcapáxinas que son obras de arte puras 🎨📚✨.
​Pero esperade, que hai máis! 🍔 Os nosos mini chefs montáronse un cociñado de rollitos de Nutella que eran pura fantasía (para chuparse os dedos, literal 🍫🤤 chef total!), e a excursión ao Diverjump de Santiago foi de outro planeta 🚀 trampolíns, saltos mortais, risas e momentos épicos con participantes e monitores que o deron absolutamente todo 🤸‍♂️🤸‍♀️😂🎉.
​Aínda nos queda o luns para rematar o campa como se merece! 🤩 Que non decaia o ritmo, rapazada! 💃🕺💚🤾‍♂️

28/08/2026

💚💛💜 TRES RENOVACIÓNS MÁIS PARA SEGUIR SUMANDO

Bea Rebelo, Bineta Thiam e Iria Ferreiro continuarán unha tempada máis defendendo as cores do BM Xallas. 🤾‍♀️

Tres pezas fundamentais no equipo, polo seu traballo, compromiso e todo o que achegan dentro e fóra da pista.

Queremos agradecerlles a súa continuidade e a confianza para seguir formando parte deste proxecto.

Grazas por seguir con nós. Seguimos facendo Xallas! 💚💛💜

27/08/2026

💚💛💜 TRES PEZAS CLAVE QUE CONTINÚAN

Seguimos anunciando renovacións para a nova tempada, e hoxe é a quenda de Raquel Vilariño, Patri Vilar e Daniela Suárez.

Tres xogadoras importantes dentro do BM Xallas, que seguirán achegando traballo, compromiso e experiencia ao equipo unha tempada máis. 🤾‍♀️

Grazas por seguir confiando neste proxecto e por continuar facendo camiño con nós.

Un ano máis, seguimos xuntas.
Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

26/08/2026

💚💛💜 TRES PIARES QUE CONTINÚAN CON NÓS

Comezamos a anunciar as renovacións para a nova tempada, e facémolo con tres xogadoras que representan compromiso, traballo e sentimento polo BM Xallas.

Laura Barbeira, Julia Pereira e Zaira González continuarán defendendo as nosas cores unha tempada máis. 🤾‍♀️

Tres piares do equipo aos que queremos agradecer, un ano máis, a súa implicación e confianza no proxecto.

Seguimos medrando. Seguimos xuntas.
Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

Unha semana de campamento en modo speed run: cero aburrimento e 100% ritmo! ⚡​Deportes a tope con torneos de fútbol e pa...
22/08/2026

Unha semana de campamento en modo speed run: cero aburrimento e 100% ritmo! ⚡
​Deportes a tope con torneos de fútbol e partidazos de balonmán con retos e duelos épicos ⚽🤾‍♂️, momentos estilo Art Attack creando os nosos propios squishys 🧸✨ e modo chef con panpizzas brutais 🍕👩‍🍳.
​Para rematar a semana por todo o alto: despertador con Just Dance 💃🕺, seguido de cine 🎬 e un trivial polo parque para pechar con risas e mentes ao 100% 🧠🏆.

Outra semana máis no Campamento de Verán Bm Xallas 26! 🤾‍♂️🔥☀️​Aprender xogando é a nosa mellor fórmula! 🧠💡 Por iso, o b...
15/08/2026

Outra semana máis no Campamento de Verán Bm Xallas 26! 🤾‍♂️🔥☀️

​Aprender xogando é a nosa mellor fórmula! 🧠💡 Por iso, o balonmán estivo presente todos os días 🤾‍♀️💪 como eixe central para fomentar o compañeirismo. Esta semana puxemos en marcha as Olimpiadas do Campa 🥇🏆 coa modalidade de Lucha 🤼‍♂️, e soltamos toda a enerxía con xogos que axudan a desenvolver a axilidade e a atención: Pelota Cantarina ⚽🎵, Adiviña o xesto 🤫, Pañuelito con Balón 🏃‍♂️💨, a Bomba 💣, Luz Verde Luz Roja 🚦 e partidazos de Datchball 🏐💥.
​Ademais, desafiamos a nosa coordinación descubrindo nocións básicas de Parkour 🤸‍♂️🤸‍♀️ e metémonos na cociña 👩‍🍳👨‍🍳 para elaborar uns ricos muffins de plátano e chocolate 🧁🍌🍫 😋.
​Para pechar a semana, fomos ao auditorio 🏛️: empezamos o día bailando con Just Dance 💃🕺🎶, despois houbo sesión de cine 🍿🎬 e rematamos compartindo risas e momentazos inesquecibles ca rapazada no parque !

Grazas a todos e a todas as participantes por atraer tanta enerxía ! 🤗💚

Dirección

Santa Comba
15841

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club BM Xallas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club BM Xallas:

Atajos

Compartir

Categoría