S.D. Castriz

Cómo llegar Página web

S.D. Castriz A S.D. Castriz é un club de fútbol afeccionado do concello de Santa Comba que gañou dúas veces a Liga da Costa 🏆🏆

🎉❤️🖤 FESTA DO SOCIO – SD CASTRIZ 🖤❤️🎉Xa temos todo preparado para vivir unha xornada moi especial arredor da nosa SD Cas...
06/10/2026

🎉❤️🖤 FESTA DO SOCIO – SD CASTRIZ 🖤❤️🎉

Xa temos todo preparado para vivir unha xornada moi especial arredor da nosa SD Castriz! ⚽️

📅 Sábado 7 de novembro
📍 Campo de fútbol da SD Castriz
🍽️ Comida ás 14:00 h
🎧 Actuación de DJ ChiCho

Un día para xuntarnos, desfrutar, compartir mesa e celebrar como se merece a gran familia que forma a SD Castriz.

Porque o Castriz non é só fútbol… é xente, amizade, ilusión e moitos momentos compartidos. ❤️🖤

🍻 Boa comida, 🎶 boa música e 🥳 moitas ganas de festa!

📲 ANOTACIÓNS:

* Pince: 636 03 36 10
* Diego: 639 453 279

👉 Anótate e ven desfrutar con toda a familia do Castriz!

🔥 QUE COMECE A FESTA DO SOCIO! 🔥

🖤 Dende a SD Castriz queremos trasladar todo o noso cariño e apoio ao noso segundo adestrador, Fran Calvo, e á súa famil...
26/09/2026

🖤 Dende a SD Castriz queremos trasladar todo o noso cariño e apoio ao noso segundo adestrador, Fran Calvo, e á súa familia polo falecemento do seu avó.

Nestes momentos tan difíciles, queremos acompañarte de corazón e facerche chegar toda a forza e ánimo de parte de toda a familia da SD Castriz. Unha forte aperta, Fran. Estamos contigo. 🖤

🎂❤️ HOXE ESTÁ DE CUMPLE A NOSA SELENE! ❤️🎂No Castriz sabemos que hai xente que non sae ao campo, pero que tamén forma pa...
19/09/2026

🎂❤️ HOXE ESTÁ DE CUMPLE A NOSA SELENE! ❤️🎂

No Castriz sabemos que hai xente que non sae ao campo, pero que tamén forma parte do equipo. E ti, Selene, es unha desas imprescindibles. ⚽️🖤❤️

Muller do noso capitán, compañeira incansable na cantina do San Pedro e sempre disposta a botar unha man… pero este ano tes un motivo aínda máis especial para celebrar. 🥰

Porque estás a piques de facer o partido máis importante da túa vida: dar a benvida á pequena Atenea. 👶🏼❤️

Que este novo ano che traia moita felicidade, saúde e momentos inesquecibles coa túa pequena. E que nós teñamos a sorte de seguir compartindo contigo moitos domingos de fútbol, cantina e familia.

🎉 Feliz aniversario, Selene!
A próxima incorporación ao Castriz xa está no banquillo… e parece que vén con moitas ganas de xogar! 😂⚽️

E esa mirada que lle botas á tortilla na foto… 😂🍳 non sabemos se estás mirando a tortilla ou pensando en quen vai ser o primeiro en pedila!

Unha aperta enorme de toda a familia do SD Castriz. 🖤❤️

❤️🖤 COMEZA A TEMPADA! 🖤❤️Chegou o momento. ⚽️🔥Este domingo arrancamos unha nova tempada e facémolo cunha visita ao Praiñ...
04/09/2026

❤️🖤 COMEZA A TEMPADA! 🖤❤️

Chegou o momento. ⚽️🔥
Este domingo arrancamos unha nova tempada e facémolo cunha visita ao Praiña.

⚽️ PRAIÑA 🆚 CASTRIZ
📍 Municipal Juan Amado

Comeza unha nova aventura, con novos retos e coa mesma ilusión e compromiso de sempre. 💪

A camiseta, o escudo e as ganas de competir están listas.
Imos a por todas! ❤️🖤

🖤 Dende a SD Castriz queremos trasladar o noso máis sentido pésame ao noso capitán, Adrián García, e a toda a súa famili...
02/09/2026

🖤 Dende a SD Castriz queremos trasladar o noso máis sentido pésame ao noso capitán, Adrián García, e a toda a súa familia polo falecemento do seu padriño.

Nestes momentos tan difíciles, queremos facerlle chegar a Adrián todo o noso cariño e apoio. Sabemos que non hai palabras capaces de aliviar unha perda así, pero queremos que saiba que a familia da SD Castriz está ao seu lado.

Unha aperta enorme para Adrián e para todos os seus familiares e achegados.

Descansa en paz. 🖤

Forza, capitán. Estamos contigo. ❤️

🏆DOBRE SUPERCOPA PARA A SD CASTRIZ! 🏆Que maneira de comezar a tempada! Hoxe a SD Castriz escribe unha nova páxina na súa...
23/08/2026

🏆DOBRE SUPERCOPA PARA A SD CASTRIZ! 🏆

Que maneira de comezar a tempada! Hoxe a SD Castriz escribe unha nova páxina na súa historia conseguindo o título de campións da Supercopa Concello de Santa Comba tanto na categoría Sénior como en Veteráns. 🏆🏆

No partido de Sénior, tivemos diante un Xallas FC que demostrou sobre o campo por que é un equipo que vai dar moito que falar esta tempada. 💪⚽ A pesar do resultado, queremos destacar o enorme esforzo dos locais, que competiron ata o final e fixeron un gran partido. Moitos parabéns por ese traballo e por poñernos as cousas tan difíciles. 👏

Para nós, levantar este trofeo na casa do Xallas ten un valor especial. Foi un partido intenso, disputado e con dous equipos que o deron todo por conseguir a copa.

E nos Veteráns, outra alegría para o noso club, conseguindo tamén facernos coa Supercopa e completar un dobrete espectacular. 🏆🏆

Hoxe toca desfrutar, celebrar e agradecer. Aos nosos xogadores, corpos técnicos, directiva e afección: grazas por facelo posible.

E tamén, por suposto, ao Xallas FC, pola súa entrega, pola deportividade e polo gran partido realizado. 👏

🔥 DOUS EQUIPOS. DOUS TÍTULOS. UNHA GRAN XORNADA PARA O FÚTBOL DE SANTA COMBA.

🏆 CAMPIÓNS SÉNIOR
🏆 CAMPIÓNS VETERÁNS

❤️❤️SEMPRE CASTRIZ. ❤️❤️

🏆 SUPERCOPA CONCELLO DE SANTA COMBA 🏆Comeza a competición de verdade e facémolo a grande: o primeiro trofeo da tempada x...
22/08/2026

🏆 SUPERCOPA CONCELLO DE SANTA COMBA 🏆

Comeza a competición de verdade e facémolo a grande: o primeiro trofeo da tempada xa está en xogo! 🔥

Este domingo afrontamos a Supercopa Concello de Santa Comba ante o Xallas FC, un equipo recentemente ascendido que esta tempada dará o salto á Primeira Rexional. E ademais, teremos que facelo na súa casa, no campo da Fontenla, polo que nos espera un partido especial, intenso e con todos os ingredientes dun gran derbi. 💪

Xallas FC 🆚 SD Castriz
🏆 Supercopa Concello de Santa Comba
📍 Campo da Fontenla
🔥 Primeiro trofeo da tempada

Despois dunha pretempada de traballo e preparación, chega a hora de competir por un título. Unha final, un derbi e unha copa en xogo. Non se pode pedir moito máis para comezar a tempada! ⚽🏆

Queremos contar con toda a nosa xente para empurrar o equipo neste primeiro reto da temporada.

A por ese primeiro trofeo!

📅 CALENDARIO DA PRETEMPADA | SD CASTRIZ ❤️🖤A pretempada xa está en marcha e xa deixamos atrás varios partidos, nos que o...
15/08/2026

📅 CALENDARIO DA PRETEMPADA | SD CASTRIZ ❤️🖤

A pretempada xa está en marcha e xa deixamos atrás varios partidos, nos que o equipo comezou a coller ritmo e a prepararse para o novo reto en Primeira Rexional. 💪⚽️

Aínda quedan novas citas por diante, novos rivais e moito traballo para seguir medrando como equipo.

📌 Aquí vos deixamos o calendario completo da pretempada, cos partidos xa disputados e os que están por vir.

Seguimos preparando o equipo. Seguimos facendo Castriz.

01/08/2026

🎉 Parabéns, Alberto Mata!

Hoxe está de aniversario o xogador máis temido de toda a Costa. Un deses que entra ás disputas coma se lle deberan cartos e que nunca sabe o significado da palabra “afrouxar”.

Este ano o único rival capaz de pararte foi o cruzado… porque os defensas xa levaban anos intentándoo sen éxito.

Agora toca recuperar con calma, que despois hai que volver poñer orde no campo… e recuperar tamén o tempo perdido nas festas, que aí tamén eras titular indiscutible.

Que pases un día de categoría, que a recuperación siga polo bo camiño e que pronto volvamos verte facendo o que mellor sabes: meter medo aos rivais e dar que falar nas tabernas.

Moitos parabéns, Mata! ❤️🖤

Antes do fútbol, está a persoa.Queremos enviarlle toda a nosa forza ao noso mozo defensa Óscar Feal, que nos últimos día...
01/08/2026

Antes do fútbol, está a persoa.

Queremos enviarlle toda a nosa forza ao noso mozo defensa Óscar Feal, que nos últimos días tivo que pasar por quirófano tras sufrir un accidente laboral no que rompeu o húmero.

A operación, realizada no Hospital da Rosaleda, foi un éxito, e agora toca afrontar a recuperación coa mesma valentía, esforzo e carácter que sempre demostra dentro do terreo de xogo.

Toda a familia da SD Castriz está contigo. Sabemos que volverás máis forte ca nunca.

Moito ánimo, Óscar. Agardámoste de novo vestido de roxo e negro. ❤️🖤

Dirección

Santa Comba
15848

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando S.D. Castriz publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría