Club Atletismo Moraña en Ruta

Club Atletismo Moraña en Ruta Recién creado Club de Atletismo Moraña en Ruta... te unes a nosotros ???

¡𝗔𝗰𝗮𝗯𝗮́𝗿𝗼𝗻𝘀𝗲 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝗼𝗹𝗲 𝘁𝗼𝗰𝗮 𝗿𝗲𝘁𝗼𝗺𝗮𝗿 𝗮𝘀 𝗿𝘂𝘁𝗶𝗻𝗮𝘀! 🏃‍♀️🏃‍♂️💨¿Estás pensando en moverte un pouco máis es...
10/09/2026

¡𝗔𝗰𝗮𝗯𝗮́𝗿𝗼𝗻𝘀𝗲 𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗮𝗼 𝗰𝗼𝗹𝗲 𝘁𝗼𝗰𝗮 𝗿𝗲𝘁𝗼𝗺𝗮𝗿 𝗮𝘀 𝗿𝘂𝘁𝗶𝗻𝗮𝘀! 🏃‍♀️🏃‍♂️💨

¿Estás pensando en moverte un pouco máis este curso? No 𝗖𝗹𝘂𝗯 𝗱𝗲 𝗔𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼 𝗠𝗼𝗿𝗮𝗻̃𝗮 𝗲𝗻 𝗥𝘂𝘁𝗮 temos oco para ti. Contamos cun grupo moi 𝘧𝘦𝘪𝘵𝘶𝘲𝘶𝘪𝘯̃𝘰 e acolledor onde o que máis importa é ter gañas de g***r do deporte xuntos.

Non te preocupes se nunca saíches a correr ou se xa tes experiencia: 𝗽𝗼𝗱𝗲𝘀 𝗲𝗺𝗽𝗲𝘇𝗮𝗿 𝗱𝗲𝗻𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗹𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 𝗻𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗲 𝗰𝗼𝗻 𝗰𝗮𝗹𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲. ¡Aquí sumamos todos e adaptámonos a ti! 💪

Toma nota dos nosos adestramentos:

📍 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿: Campo das Canteiras (Cuntis)

🗓️ 𝗗𝗶́𝗮𝘀: Mércores e venres

⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼: 18:00 a 19:30 h

¿Anímaste a probar un día? Vente adestrar connosco e forma parte desta gran familia, ¡estamos desexando coñecerte!

📩 𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗮𝗽𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝘀𝗲 𝗼𝘂 𝗽𝗲𝗱𝗶𝗿 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:

🔹 Por mensaxe directa aquí en redes (@𝗺𝗼𝗿𝗮𝗻𝗮𝗲𝗻𝗿𝘂𝘁𝗮)

🔹 Ou falando con 𝗖𝗲𝗹𝗶𝗻𝗮 𝗻𝗼 𝟲𝟭𝟭 𝟬𝟱𝟱 𝟭𝟴𝟭

¡Vémonos na pista! 🔥👟

DeporteParaTodos AtletismoGalego Running FamiliaAtletismo

09/09/2026

🚨 ¡AVISO! Este vídeo pode cambiar a túa percepción de correr para sempre! 🚨

¿Cansad@ de correr coma se fose o fin do mundo? No Club Moraña en Ruta, o sufrimento é historia! O único que che aseguramos que sufrirá será a túa cara… ¡de tanto rir! 😁

Esquece os estereotipos! Non importa se es un lince de Moraña ou unha tortuga coa mochila chea.

Aquí o importante non é o cronómetro: é o compañeirismo, as risas e g***r de mover o corpo ao teu propio ritmo. Dende s máis pequen@s ata s máis maiores, todos son benvid@s!

¿Queres probar sen compromiso? Ata os tenis e achégate!

📅 Mércores e Venres

⏰ 18:00 a 19:30 h

📍 Pista de Atletismo - O Campo das Canteiras (Cuntis)

¡Súmate á nova tempada do Moraña en Ruta!

P.D.: Ningún menor sufreu coacción para realizar o audiovisual. Prometido que as risas e os sorrisos son 100% auténticos.

E se sufriron... foi por mor dun chiste demasiado malo de Manu! 😎

CorrerÉDivertido Compañeirismo SenPrisas Humor DeporteGalego

Nova fin de semana de competición, e desta volta as rúas de Ponte Caldelas foron testemuñas do esforzo dos nosos na Carr...
06/09/2026

Nova fin de semana de competición, e desta volta as rúas de Ponte Caldelas foron testemuñas do esforzo dos nosos na Carreira das Dores. 🏃‍♂️💨

Ver as nosas cores cruzando a meta sempre é un motivo de enorme alegría. Estamos inmensamente orgullosos do voso rendemento deportivo, da vosa entrega e do voso espírito de superación en cada quilómetro.

Pero, por riba das marcas, dos ritmos e dos tempos, o que verdadeiramente nos enche de orgullo é o voso valor humano. Sodes grandes atletas, pero sodes aínda mellores persoas. Grazas por levar os valores do noso club por diante con tanta humildade, compañeirismo e bo humor, tanto dentro como fóra da pista.

Seguimos sumando quilómetros e grandes momentos xuntos! 👟💪

OrgulloDeClub

05/09/2026

🏃‍♂️ GRAN XORNADA DO MORAÑA EN RUTA EN PONTE CALDELAS! 🏃‍♀️

Hoxe, sábado 5 de setembro, a familia do Club de Atletismo Moraña en Ruta desprazouse ata Ponte Caldelas para participar na V Carreira e I Andaina Popular Festa das Dores. Unha tarde fantástica de deporte, convivencia e moi bo ambiente!

A nosa expedición estivo formada por un gran equipo que o deu todo e representou as nosas cores de marabilla. 🎽Cristían, 🎽Jairo e as súas peques 🎽Mariña e 🎽Nora, xunto con 🎽Lola, demostraron que non hai mellor plan ca g***r do deporte. Que marabilla compartir momentos nesta familia, sumando quilómetros e moitos sorrisos xunto co resto dos nosos compañeiros: Celina, Manolo, Paula, Luca e Ambar. O verdadeiro éxito é poñer as zapatillas, participar e compartir estes momentos xuntos! 💙👣

E, para poñerlle a guinda a esta tarde inesquecible, queremos destacar o tremendo esforzo dos nosos, que logrou subir o nome do club ao máis alto dos podios cunha auténtica choiva de trofeos:

🥇 Celina - 1º posto

🥇 Manolo - 1º posto

🥈 Paula - 2º posto

🥉 Luca - 3º posto

🥉 Ambar - 3º posto

Sodes uns auténticos campións e un orgullo para todos nós! 👏🔝

Parabéns a toda a expedición por esta cita tan especial. Seguimos sumando experiencias, adestramentos e bos momentos.
Vémonos na vindeira!

DeporteEnFamilia CarreiraPopular OrgulloDeClub

📸 Resumo en imaxes da nosa tarde en Pintos! 🏃‍♂️🏃‍♀️Despois das intensas emocións de onte na ###IX Carreira Popular, hox...
30/08/2026

📸 Resumo en imaxes da nosa tarde en Pintos! 🏃‍♂️🏃‍♀️

Despois das intensas emocións de onte na ###IX Carreira Popular, hoxe tocaba repasar a galería e revivir os mellores momentos. Que bo ambiente, canto esforzo en cada zancada e que orgullo ver as cores de Moraña en Ruta brillando na pista! 💙

Unha imaxe vale máis que mil palabras para describir a entrega de todo o equipo, dende os máis cativos ata os veteranos.

Grazas a todos os que vos achegastes a animar e por facer desta xornada unha auténtica festa do atletismo.

Etiquetádeos se os recoñecedes na galería!

Deixádenos nos comentarios cal foi o voso momento favorito da carreira. 👇

DeporteGalego

Dirección

Moraña
Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Atletismo Moraña en Ruta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Atletismo Moraña en Ruta:

Atajos

Compartir

Categoría