Mareantes Rugby Club

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Mareantes Rugby Club Deste xeito surxe un novo ámbito para a práctica do deporte, que ata ese momento non existira na cidade de Pontevedra.

O Mareantes Rugby Clube Pontevedra foi fundado no ano 1988, como resultado dunha reunión celebrada no antigo Estadio da Xuventude de Pontevedra o 14 de Marzo dese mismo ano por veterans de diferentes ligas e afeizoados pontevedreses que escollen para o mesmo un nome cunha forte e profunda vinculación á historia da cidade. A creación do clube plantéxase dun modo global, e dicir, sen conformarse cun equipo senior, senón que se contempla de inicio a necesidade de dispoñer dunha estructura formativa que posibilitase a formación de novos xogadores dende idades tempranas. Así surxe o xerme da escola de rugby, da cal sairon a maior parte dos xogadores que na actualidade integran o primeiro plantel, e que militaron en diversos quinces de dentro e fora da Galiza, asi como en seleccionados autonómicos e nacionais. Desafortunadamente, e nun bo momento deportivo, no ano 1996 o clube vese envolto nun radical relevo xeracional que se traduce nun lapso de tres anos nos que carece de equipos federados, no cal os seus xogadores “emigran” a outros clubes veciños, sempre agardando o momento propicio para facer resurxir ao Mareantes, o que se traduxo na Tempada 2000/01 nun proxecto unificado no que se viron implicados todolos antigos xogadores e persoas achegadas, que son as que a día de hoxe ocupan a maioría dos cargos directivos do clube. No ano 2008, o clube cumpliu o seu 20º Aniversario, o cal foi motivo de orgullo e satisfacción para tódolos seus integrantes e de infinito agradecemento para todolos nosos socios, colaboradores, patrocinadores e afeizoados en xeral que aportaron dunha ou doutra maneira o seu gran de area, pois sen o seu apoio non tiveramos chegado ata aquí.

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | FIN DE SEMANA 🖤🤍🏉Nova fin de semana de rugby para a familia Mareantes!📅 SÁBADO🏉 1ª Concentración ...
22/10/2026

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | FIN DE SEMANA 🖤🤍🏉

Nova fin de semana de rugby para a familia Mareantes!

📅 SÁBADO

🏉 1ª Concentración de Escolas
📍 Estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo · Lalín
⏰ 11:00 h

Os nosos equipos de M6, M8, M10 e M12 comezan a tempada de concentracións compartindo rugby, diversión e amizade cos demais clubs galegos. 💪🏉

🏉 LIGA GALEGA M18
📍 Campo de Fontecarmoa · Vilagarcía
⏰ 12:00

🏉 Os Ingleses RC 🆚 Mareantes Rugby Club

📺 Streaming en directo: https://app.gs360play.com/live-video/Ingleses%20RC%20vs%20Mareantes%20Rugby%20Club/10814513-2a42-400a-b06d-5aff4d546ec7

💪 Nova oportunidade para seguir medrando e competindo nunha categoría cada vez máis esixente.

📣 Se aínda non formas parte do Mareantes, seguimos incorporando xogadores e xogadoras en todas as categorías.
📲 609 347 446
🌐 www.mareantesrugbypontevedra.com

🤍🖤 QUEN CHEGA ANTES?
🏉 MAREANTES! 🏉

QuenChegaAntesMareantes

🏉🤍🖤 FIN DE SEMANA MAREANTES 🖤🤍🏉Seguimos sumando experiencias, aprendizaxes e momentos para lembrar dentro da familia Mar...
21/10/2026

🏉🤍🖤 FIN DE SEMANA MAREANTES 🖤🤍🏉

Seguimos sumando experiencias, aprendizaxes e momentos para lembrar dentro da familia Mareantes. 💪

🏉 Selección Galega

Esta fin de semana, os nosos 18 xogadores convocados (13 M18 e 5 M16) participaron no primeiro adestramento da tempada da Selección Galega.

Un orgullo para o club ver como tantos dos nosos rapaces continúan dando pasos adiante e representando ao Mareantes ao máis alto nivel do rugby galego. 🤍🖤

Eles son o presente... pero tamén o futuro máis inmediato do noso club. 🚀🏉

🏉 LIGA GALEGA SÉNIOR

✅ Mareantes-Barbanza 59 - Fendetestas 15

Gran partido do noso equipo sénior en Monteporreiro.

O conxunto local realizou unha moi boa primeira parte, conseguindo abrir unha vantaxe importante no marcador. Na segunda metade o encontro estivo máis equilibrado, deixando tamén algunhas leccións e aspectos que debemos seguir mellorando no traballo diario.

Este é un equipo novo, en construción e con moita presenza de xogadores novos. Estamos convencidos de que este grupo nos dará moitas alegrías nos próximos anos. 💪🏉

🤍🖤 Queremos enviar unha forte aperta ao noso compañeiro "Mestre", que sufriu unha lesión que o manterá afastado dos terreos de xogo durante algunhas xornadas.

Moito ánimo e pronta recuperación! 💪

🏉 A ESCOLA NON DEIXA DE MEDRAR

E as boas noticias continúan chegando desde a base.

Este ano xa contamos con 79 nenos e nenas inscritos nas Escolas Deportivas Municipais, impulsadas polo Servizo Municipal de Deportes de Pontevedra con Concello de Pontevedra 👏

Esta é a nosa verdadeira forza. A nosa canteira. 🤍🖤

Pero aínda queremos seguir medrando cos pequeniñ@s!

📣 Se tes un fillo, filla, sobrino, sobriña, amigo ou amiga nacido entre 2020 e 2022, está invitadísimo a vir probar connosco.

🏉 Xogar 🏉 Facer amizades 🏉 Aprender valores 🏉 Divertirse

E non... non son demasiado pequenos para o rugby! 😊

📲 609 347 446
📧 [email protected]

🖤🤍 QUEN CHEGA ANTES?
MAREANTES! 🏉

🌐 www.mareantesrugbypontevedra.com


RugbyBase CanteiraMareantes EscolasDeportivas DeporteBase QuenChegaAntesMareantes 🤍🖤🏉

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | FIN DE SEMANA 🖤🤍🏉Nova fin de semana de rugby para o Mareantes Rugby Club!📅 SÁBADO 17/10/2026🏉 Ade...
16/10/2026

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | FIN DE SEMANA 🖤🤍🏉

Nova fin de semana de rugby para o Mareantes Rugby Club!

📅 SÁBADO 17/10/2026

🏉 Adestramento Selección Galega 📍 Vilatuxe e Vilagarcía

💪 18 xogadores do Mareantes convocados 🔹 13 xogadores M18 🔹 5 xogadores M16

Parabéns a todos eles por seguir representando ao club a nivel galego! 🤍🖤

📅 DOMINGO 18/10/2026

🏉 LIGA GALEGA SÉNIOR MASCULINA

📍 Campo de Rugby de Monte Porreiro · Pontevedra

⏰ 14:30 h

🏉 MAREANTES RUGBY CLUB 🆚 Fendetestas

📺 Streaming en directo: https://app.gs360play.com/live-video/Mareantes%20Pontevedra%20vs%20Fendetestas/5fc18c8d-4839-4fd0-b061-7cf4561abee8

📣 Se non tes plans para o domingo, achégate a Monte Porreiro e anima ao noso equipo sénior.

🤍🖤 Todos xuntos facemos Mareantes.

🖤🤍 QUEN CHEGA ANTES?
🏉 MAREANTES! 🏉

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | VENRES E SÁBADO 🖤🤍🏉Chega unha fin de semana chea de actividade para o Mareantes Rugby Club. Prese...
09/10/2026

🏉🤍🖤 AXENDA MAREANTES | VENRES E SÁBADO 🖤🤍🏉

Chega unha fin de semana chea de actividade para o Mareantes Rugby Club. Presentación oficial da tempada, cata social e unha nova xornada de Liga Galega para a nosa Academia.

📅 VENRES 9 DE OUTUBRO
🎉 Presentación Oficial dos Equipos 2026/27

🕖 19:00 h
📍 Ruínas de Santo Domingo - Pontevedra

Presentación de todas as categorías do club:

🏉 Escola
🏉 Academia
🏉 1º Equipo
🏉 Veteráns
🏉 Staff

Un dos momentos máis especiais da tempada para reunir a toda a familia Mareantes. 🤍🖤

🍷 Catas Mareantes 26/27

"Viños para compartir"

🕤 21:30 h
📍 Local Social Mareantes Rugby Club

Degustación de viños seleccionados para compartir, descubrir novas zonas e variedades, acompañados dun pequeno petisco.

💰 Socios: 25 €
💰 Non socios: 30 €

📲 Confirmacións: 630 522 028

⚠️ Prazas limitadas.

📅 SÁBADO 10 DE OUTUBRO
🏉 Liga Galega Academia

📍 Campo de Rugby da Cidade Deportiva da Torre (A Coruña)

🏉 M14

🕚 11:00 h
CRAT 🆚 Mareantes

🏉 M16

🕧 12:30 h
CRAT 🆚 Mareantes

🏉 M18

🕝 14:30 h
CRAT 🆚 Mareantes

💪 Nova saída para os nosos equipos da Academia nunha das visitas máis esixentes da tempada.

📣 Se aínda non formas parte do Mareantes, lembra que seguimos incorporando xogadores e xogadoras en todas as categorías.

📍 Monte Porreiro
📅 Luns e venres
⏰ 19:00 h
📲 609 347 446
🌐 mareantesrugby.com

🤍🖤 QUEN CHEGA ANTES? MAREANTES! 🖤🤍🏉

🤍🖤 FIN DE SEMANA MAREANTES 🖤🤍Catro partidos. Moito rugby. Moita canteira. E unha certeza por riba de todas: o futuro do ...
07/10/2026

🤍🖤 FIN DE SEMANA MAREANTES 🖤🤍

Catro partidos. Moito rugby. Moita canteira. E unha certeza por riba de todas: o futuro do Mareantes xa está xogando. 🏉

🏉 M14 | MAREANTES 31 - UNR 0
Gran partido do noso M14, cun magnífico traballo da liña de tres cuartos e unha noticia que nos encanta: cinco M12 de segundo ano sumaron xa os seus primeiros minutos cos maiores. Hai equipo💪

🏉 M16 | MAREANTES 29 - UNR 50
Toca aprender, traballar e seguir medrando. Fronte a un gran rival que chegará lonxe, o noso M16 deixou unha fantástica segunda parte que nos marca o camiño.

Este grupo é unha parte fundamental do futuro do Mareantes. Hai que coidalo entre tod@s. 🤍🖤

🏉 M18 | MAREANTES 27 - UNR 26

🔥 PARTIDAZO E VITORIA NO ÚLTIMO MINUTO!

Un encontro tremendamente igualado que se decidiu cun golpe de castigo final. Temos que mellorar físicamente e no control dos encontros.

A peor noticia foi a lesión de , cunha fractura de pulso.

🤍🖤 Moito ánimo, Mateo! Agardámoste moi pronto de volta con nós.

🏉 SÉNIOR | SANTIAGO-ZALAETA 20 - MAREANTES-BARBANZA 19

Primeira xornada, convocatoria completa e debut de tres M20 co noso Sénior.

O equipo foi quen de remontar un encontro que comezou dominando Santiago-Zalaeta, pero finalmente a vitoria escapóusenos por un só punto, nos fumos capaces de encontrar a notación ao final.

Os resultados importan.

Pero ver cinco M12 xogando co M14, aos nosos M16 e M18 dando pasos adiante e tres M20 debutando co Sénior explícanos algo aínda máis importante:

FACER CLUB. FACER CANTEIRA. FACER MAREANTES. 🤍🖤

🤝 E grazas, un ano máis, aos xogadores de Os Ingleses de Vilagarcía que nos acompañan en M14 e M16. Seguimos medrando xuntos.

📣 E TI? AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE SUMARTE!

🏉 Escolas Deportivas Municipais
📍 Monte Porreiro
📅 Luns e venres
⏰ 19:00 h
📲 609 347 446
🌐 mareantesrugby.com

🤍🖤 QUEN CHEGA ANTES? MAREANTES! 🖤🤍

🏉 AGENDA DEL FIN DE SEMANA MAREANTES RUGBY CLUB 🤍🖤📅 SÁBADO 3 DE OCTUBRE📍 Campo de Fútbol y Rugby de Monte Porreiro · Pon...
02/10/2026

🏉 AGENDA DEL FIN DE SEMANA
MAREANTES RUGBY CLUB 🤍🖤

📅 SÁBADO 3 DE OCTUBRE

📍 Campo de Fútbol y Rugby de Monte Porreiro · Pontevedra

M14 🏉 MAREANTES RUGBY CLUB 🆚 UNR
⏰ 12:00 h

M16 🏉 MAREANTES RUGBY CLUB 🆚 UNR
⏰ 13:40 h

M18 🏉 MAREANTES RUGBY CLUB 🆚 UNR
⏰ 15:30 h

🎥 Los partidos podrán seguirse en streaming a través de GS360PLAYER.

🔥 Y POR LA TARDE… ¡SE ESTRENA NUESTRO SÉNIOR, con el debut de 3 nuevos Mareantes!

📍 Campo de Rugby USC · Santiago de Compostela

🏉 Santiago RC 🆚 MAREANTES RUGBY CLUB
🏆 1ª Jornada de Liga Masculina
⏰ 19:30 h

Un sábado completo de rugby, desde nuestros M14 hasta el estreno del Sénior.
Quen chega antes?
M-A-R-E-A-N-T-E-S 🔥🔥 ⭐⭐
🤍🖤🏉

🏉 CRÓNICA DA FIN DE SEMANA | MAREANTES RUGBY CLUB 🤍🖤Fin de semana de moito rugby para as categorías base do Mareantes Ru...
29/09/2026

🏉 CRÓNICA DA FIN DE SEMANA | MAREANTES RUGBY CLUB 🤍🖤

Fin de semana de moito rugby para as categorías base do Mareantes Rugby Club. 🏉🤍🖤

☀️ O sábado pola mañá, Ourense recibiunos cunha calor moi intensa, que acabou pasando factura aos equipos que estiveron sobre o campo.

🏉 M16 | Cousas que mellorar.

O encontro estivo marcado por un claro dominio local. O Ourense Santiago levou a iniciativa durante boa parte do partido e soubo aproveitar varios agasallos defensivos dun Mareantes que deberá ir corrixindo erros e mellorando a medida que avance a tempada.

Partido complicado e derrota para os nosos, pero tamén destes encontros toca aprender, traballar e seguir medrando. 💪🏉

A nota máis negativa foi a lesión de Xabi, que o manterá afastado dos campos durante algunhas semanas. Moito ánimo e agardámoste pronto de volta! 🤍🖤

🏉 M18 | De menos a máis

O M18 conseguiu gañar o seu partido ante o Ourense/Lalin/Santiago que fixo un partidazo, aos blanquinegros que lle custou atopar o ritmo necesario durante boa parte do encontro. O equipo foi claramente de menos a máis, deixando mellores sensacións co paso dos minutos.

Queda moito traballo por diante, pero tamén temos moitas esperanzas postas neste equipo pero hai que "puxar coma bois". 💪🤍🖤

🏉 M14 | Bo comezo e boas sensacións

O M14 asentouse moi ben no campo e conseguiu a vitoria ante o Ourense /Lalin apoiándose nunha defensa sólida e rapidez no ataque.

Como é lóxico neste inicio de tempada, aínda hai moitas cousas que mellorar, pero o equipo deixou sensacións moi positivas. 🏉💨🤍🖤

🏉 E TI, QUERES PROBAR O RUGBY?

Aínda estás a tempo de vir adestrar e formar parte do Mareantes Rugby Club. Non importa se nunca xogaches antes. Achégate e proba!

📱 Chama ou escríbenos ao 609 347 446.

🤍🖤🏉 QUEN CHEGA ANTES? MAREANTES! 🏉🤍🖤
Agradecemos as grandes fotos de Carlos Alonso Fotografia.
www.mareantesrugbypontevedra.es

🏉 COMEZA A LIGA DE RUGBY EN GALICIA ! 🤍🖤Este sábado poñemos rumbo a Ourense cunha tarde completa de rugby por diante. 🏉💥...
24/09/2026

🏉 COMEZA A LIGA DE RUGBY EN GALICIA ! 🤍🖤

Este sábado poñemos rumbo a Ourense cunha tarde completa de rugby por diante. 🏉💥

Os nosos M16, M18 e M14 entran en escena para defender as cores do MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA. 🤍🖤

📍 Estadio Universitario · Campus As Lagoas · Ourense

⏰ 12:30 h | M16
🏉 Santiago RC / Campus Ourense 🆚 Mareantes Rugby Club

⏰ 14:30 h | M18
🏉 Santiago RC / Lalín RC / Campus Ourense 🆚 Mareantes Rugby Club

⏰ 16:30 h | M14
🏉 Lalín RC / Campus Ourense 🆚 Mareantes Rugby Club

Corazón blanquinegro. 🤍🖤🏉

E xa sabedes como vai isto... 🔥

📣 QUEN CHEGA ANTES?

🔥🏉🔥 M-A-R-E-A-N-T-E-S 🔥🏉🔥
🤍🖤 LVM! 🤍🖤

www.mareantesrugbypontevedra.es

🖤🤍 ESCOLAS DE RUGBY MAREANTES 2026/2027 🤍🖤🏉 Xa estamos adestrando! O 1 de outubro comezan oficialmente as Escolas Deport...
15/09/2026

🖤🤍 ESCOLAS DE RUGBY MAREANTES 2026/2027 🤍🖤

🏉 Xa estamos adestrando!
O 1 de outubro comezan oficialmente as Escolas Deportivas Municipais.

👧🧒 Nados entre 2022 ao 2012
✅ Grupos en todas as categorías
🎓 Adestradores federados
🔥 O ano pasado chegamos aos 70 xogadores/as!

👉 Podes vir probar cando queiras.
Estamos seguros de que che vai encantar!

📲 609 347 446
📧 [email protected]

🔗 Preinscrición no link da bio

🖤🤍 Non tes nada que perder. Anímate! 🏉

Quen chega antes? MAREANTES! 🖤🤍

Concello de Pontevedra
🌐 www.mareantesrugbypontevedra.es

🏉⚫⚪ Martín, sempre serás un blanquinegro ⚫⚪🏉No Mareantes Rugby Club de Pontevedra énchesenos o peito de orgullo e escápa...
13/09/2026

🏉⚫⚪ Martín, sempre serás un blanquinegro ⚫⚪🏉

No Mareantes Rugby Club de Pontevedra énchesenos o peito de orgullo e escápasenos unha bágoa de emoción ao ver como un dos nosos xogadores formados na casa, Martín Coego (2010), foi becado para continuar a súa formación rugbística no Centro Especializado de Alto Rendemento de Rugby "Río Esgueva" de Valladolid, dependente da FER. 🏉⭐

Todo o esforzo que poñemos no día a día da nosa canteira ten un obxectivo claro: formar persoas e deportistas. Porque o máis importante sempre será divertirse e g***r deste deporte, pero tamén queremos que quen teña as condicións, o talento e a dedicación de Martín poida soñar con chegar ao máis alto. E nese camiño, o Mareantes sempre intentará estar ao voso lado. 💪🖤🤍

Martín formou parte dos equipos M14 e M16 do Mareantes, campións da Liga Galega 🏆🏆, e nesta nova etapa xogará no equipo M18 do Club de Rugby El Salvador de Valladolid, ademais de poder ser seleccionable coa selección de Castela e León da súa categoría.

Botarémoste de menos, tanto no Mareantes como na Selección Galega. 😢 Pero por riba de todo, alegrámonos por ti e desexamos que este sexa un camiño aberto para que os mellores xogadores e xogadoras de Galicia poidan perseguir os seus soños deportivos nas mellores condicións posibles. 🌟🏉

Moita sorte, Martín! Sabemos que o teu corazón sempre será ⚫⚪ blanquinegro ⚫⚪. E agora un pouco máis... porque tamén vestirás as cores do Salvador. 😉

🏠 Esta é e será sempre a túa casa.

Se tes entre 4 e 70 anos e queres formar parte deste club, anímate a probar! 📞 609 347 446 📧 [email protected]

🔥 QUEN CHEGA ANTES? 🏉 MAREANTES! 🏉

CanteiraMareantes 🏉⚫⚪💪🔥

Dirección

Rúa San Nicolás 3
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mareantes Rugby Club publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Mareantes Rugby Club:

Atajos

Compartir

Categoría