Trail Do Cervo

  • Home
  • Trail Do Cervo

Trail Do Cervo Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Trail Do Cervo, Equipo deportivo, .

🏞 Carreira de montaña polos montes de Campo Lameiro (Pontevedra), pasando por entornos como o rego maneses, o río lerez, os cumios da Conla e co Cávado e multitude de paraxes que farán as delicias dos corredores e corredoras 🌿

*COMUNICADO OFICIAL — SUSPENSIÓN DO III TRAIL DO CERVO*Desde a Asociación O Eido do Cervo lamentamos comunicar que, por ...
07/11/2025

*COMUNICADO OFICIAL — SUSPENSIÓN DO III TRAIL DO CERVO*

Desde a Asociación O Eido do Cervo lamentamos comunicar que, por causas alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de suspender o III Trail do Cervo, previsto para o vindeiro 30 de novembro nos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.

A decisión non foi doada. Levamos moitos meses traballando con moita con ilusión para darlle continuidade a unha proba que medraba cada edición, pero este 2025 atopámonos sen apoio loxístico e institucional suficiente, o fai inviable garantir o nível e a seguridade que os deportistas merecedes.

Queremos agradecer de corazón a todas as persoas, entidades e voluntariado que colaboran connosco. O voso esforzo e entusiasmo mantén vivo o espírito do Trail do Cervo.

Agardamos poder retomar esta aventura nun futuro próximo, cando existan as condicións necesarias para levala a cabo con todas as garantías.

Por suposto que os gastos da inscrición volverán a vós na maior brevidade posible.

Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.
Vémonos no monte.
🏃‍♀️💚 A organización do Trail do Cervo

🍁 Un lugar polo que se volverá correr por segunda vez, unha zona moi técnica (do que máis no percorrido) pero espectacul...
09/10/2025

🍁 Un lugar polo que se volverá correr por segunda vez, unha zona moi técnica (do que máis no percorrido) pero espectacular, con vistas moi bonitas ao río Lérez que nesa época xa baixa ben cheo, todo isto cunha paisaxe de múltiples cores. Non te deixará indiferente 🥰

Inscríbete en https://www.321go.es/Carrera/Detail/467-iiitraildocervo

📝 Este ano, temos 125 prazas dispoñibles para cada proba. Non te quedes sen a túa! O trail do maneses (18k) xa vai tendo...
06/10/2025

📝 Este ano, temos 125 prazas dispoñibles para cada proba. Non te quedes sen a túa! O trail do maneses (18k) xa vai tendo bastantes inscritos 😙

👉 Xa vos podedes inscribir ao TRAIL DO CERVO 2025! Vide pasar unha xornada de festa e natureza con nós 🥰
03/10/2025

👉 Xa vos podedes inscribir ao TRAIL DO CERVO 2025! Vide pasar unha xornada de festa e natureza con nós 🥰

A carreira celebrarase o día 30 de novembro de 2025 con saída e chegada no entorno do Concello de Campo Lameiro, na parroquia de O Campo.

🥰 Xusto antes de abrir inscricións, aquí vos deixamos o cartel deste ano, pensamos que é unha boa mostra do que vos pode...
02/10/2025

🥰 Xusto antes de abrir inscricións, aquí vos deixamos o cartel deste ano, pensamos que é unha boa mostra do que vos podedes atopar aquí, en Campo Lameiro. Grazas a todas e todos os que facedes posible que este evento se poida volver celebrar un ano máis.

De corazón. A organización ♥️

🌿 Entre petróglifos, aldeas e sendeiros mollados nace o percorrido do Trail do Cervo. Non é só unha carreira: é unha via...
15/09/2025

🌿 Entre petróglifos, aldeas e sendeiros mollados nace o percorrido do Trail do Cervo. Non é só unha carreira: é unha viaxe pola esencia do outono galego. Cada paso aquí cheira a terra mollada, soa a folla caída e respira historia. O 30 de novembro, Campo Lameiro será máis salvaxe que nunca.

Vén a comprobalo! 🥰

💦 Estades list@s para mollar os pes un ano máis? Alá imos! 🥰
13/09/2025

💦 Estades list@s para mollar os pes un ano máis?

Alá imos! 🥰

🚶 En Campo Lameiro apostamos polo deporte e por coidar a natureza, queremos amosarvos todo o que temos aquí. E para iso,...
11/09/2025

🚶 En Campo Lameiro apostamos polo deporte e por coidar a natureza, queremos amosarvos todo o que temos aquí. E para iso, tamén está organizada a IV ANDAINA o vindeiro domingo 21 de setembro. Xa están pechadas as inscricións pero podedes achegarvos igualmente a desfrutar do ambiente ou tamén a andar. Ademais, este ano teñen rutas novas, e pasaredes máis tempo a carón do río Lérez! 🏞️

🏞️ Estampas de verán a carón do rego Maneses, os primeiros quilómetros de tódalas distancias. Qué gusto correr e pasear ...
17/06/2025

🏞️ Estampas de verán a carón do rego Maneses, os primeiros quilómetros de tódalas distancias. Qué gusto correr e pasear por estas zonas, sombrías, resgardadas da intensa calor! 🥰

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Trail Do Cervo posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

  • Want your business to be the top-listed Gym/sports Facility?

Share