25/08/2026
⚔️ Estamos de volta para afrontar unha nova tempada co Muralla Rugby Club 💪🏉
Este ano, debido ás obras de cambio do tartán en As Pedreiras e a que San Fiz se atopa actualmente en período de licitación para acometer as obras do novo campo, aínda non contamos coas condicións mínimas necesarias —vestiarios, iluminación, etc.— para desenvolver os adestramentos con normalidade.
Por este motivo, tanto a Academia como a Escola do Muralla Rugby comezarán os seus adestramentos nas pistas da Cidade Cultural de Lugo, mantendo os seus horarios habituais.
Pola súa banda, o equipo sénior masculino realizará os adestramentos de pretempada en Rábade.
🖤💛💚🏉 Comezamos unha nova tempada con moitas ganas, ilusión e enerxía! Animádevos a formar parte da familia do Muralla RC.
Se tedes calquera dúbida sobre horarios, localizacións ou inscricións, non dubidedes en poñervos en contacto co club. Estaremos encantados de axudarvos.
💪 Preparade as botas, traede as ganas de pasalo ben e vémonos no campo! Forza Muralla! 🏉🔥