A Morada

Cómo llegar Página web

A Morada Patio de veciñas onde coidarmos coletivamente en Vigo
🔸️Obradoiros e eventos
🔸️Proxectos sociais
(2)

25/10/2026

Rosmar é resistir. É o lema que levamos por bandeira neste proxecto tan querido para nós que este inicio de curso estamos espallando por varias entidades da cidade e fóra dela. A necesidade do rosme en comunidade, de ter un espazo seguro onde mulleres con fortes cargas de coidados poideran ter un lugar onde mostrar a rabia, a dor, o cansancio, pero tamén onde rir e g***r con outras mulleres que pasan polo mesmo, de sentirse máis comprendidas e menos soas, foi unha das sementes da Morada. Por eso fainos tan felices que este proxecto despegue en tantas entidades e o rosme se vaia convertendo nunha forza tan potente que fai tremer os nosos corazóns.

Co paso das edicións, as rosmonas vanse convertendo en amigas. En Apamp vamos pola cuarta edición e a confianza é tan bonita que case veñen elas cos pinceis preparadas para a seguinte actividade artística que lle propoñamos para o seu momento do día.

En Amencer @‌asociacion.amencer.aspace empezamos a segunda edición e xa sentimos que o xeo rompeu totalmente e as ganas de voltar a velas fanse máis evidentes cando nos reencontramos. Aí están, dispostas a compartir todo, a súa dor e as súas solucións ao mesmo, xenerosas, dando voz a todas.

E en Afaga .alzheimer , da que algunha de nós participamos con familiares na asociación e resultábanos moi emocionante voltar alí, empezamos a primeira e xa xurdiu esa chispa do contar e botar e coincidir nun rosme colectivo. E estamos desexando comezar nos seus locais de Salceda e Tui neste próximo mes, como en Alento , na que fixemos unha primeira edición e non nos chega o día de empezar coa segunda ;)

Aquí vos deixamos unhas imaxes deste proxecto fermoso que tantas alegrías e tantas aprendizaxes nos deixa, que tanto nos enche o corazonciño, que tantas amigas novas nos trouxo. Con todas elas comprobamos o necesario que é este proxecto, porque, como diciamos ao principio e repite a canción: Rosmar é resistir!

OBRADOIRO DE COSTURA PARA PRINCIPIANTES!Gustaríache aprender a coser ou afondar nos teus coñecementos de costura? Feli, ...
22/10/2026

OBRADOIRO DE COSTURA PARA PRINCIPIANTES!

Gustaríache aprender a coser ou afondar nos teus coñecementos de costura?

Feli, , artista da reciclaxe téxtil e creadora de Supralab, , chega á Morada cunha proposta para aprender, experimentar e crear coas propias mans.

✨ Se nunca colliches unha agulla, poderás aprender desde cero e ao teu ritmo. E, se xa tes experiencia, tamén terás a oportunidade de afondar no mundo do patronaxe.

Un espazo para compartir coñecementos, explorar a creatividade e descubrir novas posibilidades para os téxtiles.

📅 4, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro
🕚 De 11 a 13 h
💶 45 € polas 4 sesións, cos materiais incluídos.

⚠️ Prazas limitadas!

Inscricións : https://forms.gle/hLtVFsTijSGzoAZS7

📚 PRESENTACIÓN DO LIBRO «DESOBEDIENSIA», DE NURIA VILA autora .nuria  estará acompañada de Ánxela Lema .paris  e Sara Vi...
19/10/2026

📚 PRESENTACIÓN DO LIBRO «DESOBEDIENSIA», DE NURIA VIL

A autora .nuria estará acompañada de Ánxela Lema .paris e Sara Villar para presentar Desobediensia, un poemario novidoso e irreverente que explora o erotismo no cotián e nas relacións humanas.

A través de imaxes fluídas e dunha linguaxe libre de convencionalismos, a obra foxe das marxes e dos límites establecidos para explorar novos territorios poéticos. Unha proposta contemporánea que combina lirismo, reflexión social e liberdade formal, incorporando recursos lingüísticos como o seseo e a gheada.

Unha invitación a cuestionar o establecido e saír das zonas de confort.

📅 Venres 30, ás 19:30
🎟️ Entrada de balde

♻️ ESPIGADORAS | Feira de segunda manHai quen recolle o que outras persoas deixan atrás. Quen recupera obxectos esquecid...
15/10/2026

♻️ ESPIGADORAS | Feira de segunda man

Hai quen recolle o que outras persoas deixan atrás. Quen recupera obxectos esquecidos e descobre posibilidades onde outras só ven refugallos.

En Los espigadores y la espigadora, Agnès Varda -na fotografía- percorre Francia para coñecer a persoas que espigan por necesidade, por casualidade ou por unha maneira diferente de entender o mundo.

E se tamén nós aprendemos a mirar doutra maneira aquilo que xa non usamos? ✨

Propomos unha feira participativa para vender, intercambiar, mercar e dar unha segunda vida ás cousas que tes na casa e xa non utilizas.

En A Morada tamén poremos á venda prendas do noso roupeiro para recadar fondos para bolsas de obradoiros 💜

🥙 Haberá picoteo delicioso preparado pola nosa querida Lucía de @‌aguasdulcesunlugar

🎤 E unha mostra aberta ao público no marco do obradoiro RegueiFERAS e prodixios, de 12:00 a 13:00

📅 Sábado 24 de outubro
🕚 De 11:00 a 16:00 h
🎟️ Participación de balde

Esta será a primeira dunha serie de feiras que celebraremos un sábado ao mes. Un espazo para compartir, reutilizar e atoparnos arredor doutras formas de consumir.

📝 Queres participar? Anótate no formulario! https://forms.gle/HbCx5SZWu8sZfxbL6

🗺️ Exposición | Cartografía do InvisibleComo se constrúen as identidades e quen decide que relatos merecen ser contados?...
13/10/2026

🗺️ Exposición | Cartografía do Invisible

Como se constrúen as identidades e quen decide que relatos merecen ser contados?

Laura Merchán, artista visual, explora a intersección entre identidade e imaxinario colectivo a través da fotografía, a costura, a instalación e a edición dixital. Un traballo que conecta arte e comunidade para dar espazo ás memorias esquecidas, ás disidencias e ás realidades invisibilizadas.

Unha exposición aberta a todos os públicos, con especial atención ás marxes, ás disidencias de xénero e a quen está farta de ser violentada.

📅 Do 16 de outubro ao 27 de novembro

🥂Inauguración o venres 16 de outubro ás 19:30
🎟️ De balde



RegueiFERAS e prodixios 🎤✨Chega a Morada un obradoiro de regueifa con mostra de man de Silvia Villar e Branca Trigo, no ...
07/10/2026

RegueiFERAS e prodixios 🎤✨

Chega a Morada un obradoiro de regueifa con mostra de man de Silvia Villar e Branca Trigo, no que traballaremos a improvisación oral a partir de figuras mitolóxicas desde unha perspectiva de xénero. Todo isto, enmarcado no ano de Begoña Caamaño e no mes do Samaín! 🎃

Elas son dúas regueifeiras e, sobre todo, amigas, que levan desde o 2017 colaborando en obradoiros e actuacións de regueifa.

📅 Venres 23 de outubro de 18h a 21h e sábado 24 de outubro de 11h a 13h
🎤 Mostra aberta ao público: sábado 24 de 12h a 13h
👥 Para calquera que se queira apuntar
💶 25 € (20 € para matrocinadoras)

Inscricións no formulario: https://forms.gle/ueid5zRMrZz98GV39

/

🍂 AXENDA DE OUTUBRO 🍁Outubro chega cargadiño de obradoiros, eventos e novos proxectos!Botádelle unha ollada á axenda e a...
01/10/2026

🍂 AXENDA DE OUTUBRO 🍁

Outubro chega cargadiño de obradoiros, eventos e novos proxectos!

Botádelle unha ollada á axenda e agardámosvos na Morada! 🏡🍂

.nuria .paris

TODOS OS MÉRCORES · 18:00–21:00 Brigada Dedal   é un patio de veciñas onde nos xuntamos para facer reciclaxe téxtil ment...
28/09/2026

TODOS OS MÉRCORES · 18:00–21:00

Brigada Dedal é un patio de veciñas onde nos xuntamos para facer reciclaxe téxtil mentres conversamos, debatemos, rimos e acochámonos.

Transformamos pantalóns en bolsas, camis vellas en camis molonas e saias doutros tempos en novos vestidos, coas ganas de reducir, entre todas, a pegada das grandes empresas téxtiles na nosa contorna.

Algunhas aproveitan para facer gancho mentres ensinan a facelo. Outras comparten técnicas, ideas e saberes. E así, pouco a pouco, imos creando un espazo para aprender, crear e compartir moita vida.

Espazo aberto a todo o mundo e de balde.

Agardámoste co dedal preparado! 💜

Dirección

Rúa Enrique Xabier Macías, 6
Vigo
36203

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Morada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos