Club Triatlon Compostela

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Club Triatlon Compostela Club Triatlón Compostela

47ª CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A carreira máis agardada por nós, a da nosa cidade, a que vivimos dunha ...
27/10/2026

47ª CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A carreira máis agardada por nós, a da nosa cidade, a que vivimos dunha maneira tan especial! 💫
A 47ª Carreira Pedestre de Santiago de Compostela déixanos unha xornada inesquecible, chea de emoción, esforzo, grandes marcas e, sobre todo, moito orgullo de formar parte desta gran familia que é o CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA.
Os nosos atletas, tanto maiores como escolares, volveron demostrar o seu talento, o seu traballo e as súas ganas de superarse, acadando GRANDES TEMPOS E RESULTADOS ESPECTACULARES!
E que orgullosos estamos dos nosos campións e campioas!
🏆 1º premio na categoría Sub-12 feminina.
🏆 1º premio na categoría Sub-14 feminina.
🏆 1º premio na categoría Sub-14 masculina.
Tres primeiros postos por categorías que nos enchen de alegría e nos animan a seguir soñando en grande! 💪✨
E aínda hai máis motivos para celebrar! Os nosos escolares conseguiron un fantástico 🥉 TERCEIRO POSTO POR EQUIPOS, demostrando que, cando se traballa en equipo e se loita xuntos, os resultados chegan.
Grazas a todos os nosos socios e socias pola enorme participación, polo esforzo, por cada zancada e por levar con orgullo as cores do club.
Porque os resultados son importantes, pero o que realmente nos fai grandes é todo o que compartimos dentro e fóra das carreiras.
Somos moito máis ca un club: somos unha gran familia que medra, se apoia e loita unida polos seus soños.
E se algo nos demostra esta carreira é que, no Club Triatlón Compostela, cada día estamos un pouquiño máis preto de facelos realidade.
Seguimos sumando quilómetros, experiencias, éxitos e momentos inesquecibles!
ORGULLO COMPOSTELÁN! ORGULLO DE CLUB! 🤍💙💚🩵
Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón Federación Galega de Atletismo

🌊🔥 O DESAFÍO DOÑANA ESPÉRAOS. ¡A POR TODAS! 💪Hoxe é a quenda de Fer Villa, Breo Gigirey e Santiago Soleto, que se enfron...
17/10/2026

🌊🔥 O DESAFÍO DOÑANA ESPÉRAOS. ¡A POR TODAS! 💪

Hoxe é a quenda de Fer Villa, Breo Gigirey e Santiago Soleto, que se enfrontan a un dos grandes retos do calendario nacional: o Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia. 🇪🇸

🏊‍♂️ 3 km a nado
🚴‍♂️ 110 km en bicicleta
🏃‍♂️ 30 km de carreira a pé, atravesando a espectacular praia de Doñana.

Unha auténtica aventura de resistencia, estratexia e fortaleza mental na que cada un chega coas súas propias armas.

🔹 Fer Villa sabe ben o que significa enfrontarse a probas extremas. Con experiencias como o tríatlon de Alpe d’Huez na súa traxectoria, está máis que afeito aos desafíos que esixen dalo todo.

🔹 Breo Gigirey afronta o seu debut na longa distancia despois dunha preparación espartana. A súa experiencia en media distancia e o gran traballo destes meses son a mellor carta de presentación para este novo reto.

🔹 Santiago Soleto chega nun gran estado de forma e coa experiencia que dan moitas horas de competición en longa distancia. Un especialista neste tipo de probas, preparado para medirse a un percorrido que non regala nada.

Tres camiños diferentes, tres historias deportivas e un mesmo desafío: levar o corpo ao límite e cruzar a meta de Doñana. 🔥

Hoxe representan o Club Triatlón Compostela na última proba da tempada, pero os protagonistas son eles, as súas horas de adestramento e todo o traballo que hai detrás de chegar ata aquí.

Desfrutade da experiencia, loitade cada quilómetro e que o esforzo teña a súa recompensa! 💪💙

¡MOITA FORZA, FER, BREO E SANTIAGO! 🚀

DesafíoPersonal

ClubTriatlonCompostela@ferrecal_sa Raul Miras Sicilia in Bocca Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón

somostriatlon duatlon fetri fichapologalego

🏃‍♂️🏃‍♀️ Seguimos co circuíto da nosa cidade, CorreSan! Este sábado celebrouse a cuarta das cinco probas que forman part...
16/10/2026

🏃‍♂️🏃‍♀️ Seguimos co circuíto da nosa cidade, CorreSan!

Este sábado celebrouse a cuarta das cinco probas que forman parte do circuíto. Nunha xornada soleada, os nosos atletas volveron participar en masa para sumar puntos e seguir mellorando as súas marcas persoais. 🔥

👏 Queremos destacar especialmente o gran traballo da nosa escola, que, a pesar da dureza do percorrido, conseguiu dous grandes resultados na categoría Escolares 2:

🥈 2º posto
🥉 3º posto

💚 Grazas a todos os nosos atletas polo enorme esforzo e compromiso que están demostrando en cada carreira. Afrontamos a recta final do circuíto coa ilusión de acadar un podio por equipos e seguir sumando puntos para o club.

💪 Cada carreira conta, cada punto suma e cada paso nos achega ao obxectivo!

Seguimos correndo, seguimos soñando, seguimos facendo equipo!

Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña  Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón

Este sábado celebrouse a XLIII Carreira Pedestre da Maia, en Brión, unha das citas máis coñecidas e agardadas do calenda...
07/10/2026

Este sábado celebrouse a XLIII Carreira Pedestre da Maia, en Brión, unha das citas máis coñecidas e agardadas do calendario, á que acudimos un ano máis cun bo número de atletas do club e da nosa escola.
Os nosos volveron demostrar o gran estado de forma no que se atopan, conseguindo nada menos que 8 podios individuais! 🏆🔥
🥈 Buján, 2º na súa categoría
🥈 Susi, 2ª na súa categoría
🥈 Araceli, 2ª na súa categoría, sumando puntos carreira tras carreira.
👏 E, como sempre, hai que destacar o gran traballo da nosa escola, que acadou:
🥇 1º posto sub14 masculino
🥈 2º posto sub14 feminina
🥈 2º posto sub16 masculino
🥈 2º posto sub18 masculino
🥉 3º posto sub18 masculino
🏆 E, como non podía ser doutra maneira, volvemos para casa cun 1º posto por clubs!
🤍💙💚🩵 Un gran fin de semana no que, unha vez máis, os nosos atletas demostran todo o potencial que ten este club.
Seguimos correndo, seguimos medrando, seguimos facendo equipo! 💪
Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca | Restaurantes Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña  Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón Federación Galega de Atletismo

   

🥉 BRONCE PARA O CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA 🌍Hai días que quedan para sempre.Onte, o noso deportista Pedro Pablo Bernárdez ...
25/09/2026

🥉 BRONCE PARA O CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA 🌍

Hai días que quedan para sempre.

Onte, o noso deportista Pedro Pablo Bernárdez subiu ao podio do World Triathlon Championship Finals Pontevedra 2026, conquistando a medalla de bronce no seu grupo de idade. 🇪🇸🥉

Competir nun Mundial xa é algo extraordinario.

Facelo na casa, en Pontevedra, rodeado dos teus, e rematar no podio… iso é historia. 💙

Pedro Pablo trae para Santiago unha medalla, pero tamén algo moito máis grande: o orgullo do club.

🇪🇸 Bronce para España
💙 Orgullo do Club Triatlón Compostela

PARABÉNS, PEDRO.
A desfrutalo. Merécelo. 👏🔥

 Raul Miras Sicilia in Bocca | Restaurantes Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña  Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón 

   

Este domingo celebrouse a XXI Carreira Pedestre de O Pino, unha das citas máis coñecidas e agardadas do calendario, na q...
22/09/2026

Este domingo celebrouse a XXI Carreira Pedestre de O Pino, unha das citas máis coñecidas e agardadas do calendario, na que un grupo de 5 atletas do club, xunto con 4 deportistas da nosa escola, volveron defender as nosas cores.

A pesar de ser poucos, os nosos atletas conseguiron nada menos que 7 podios! 🏆🔥

🥇 Mario, 1º na súa categoría
🥈 Cuco, 2º na súa categoría
🥈 Araceli, 2ª na súa categoría
🥈 2º posto por equipos masculino

👏 Tamén hai que destacar o gran traballo da nosa escola, que conseguiu:
🥈 2º posto sub14 feminina
🥈 2º posto sub16 masculino
🥉 3º posto sub18 masculino

🩵💚💙🤍 Un gran fin de semana no que, unha vez máis, os nosos deportistas demostran todo o potencial que ten este club.

Seguimos correndo, seguimos medrando, seguimos facendo equipo! 💪

Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca | Restaurantes Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña  Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón 

   

O noso máis sentido pésame a toda a Familia do noso principal colaborador FERRECAL,SA pola inmensa perda.Moita forza, D....
18/09/2026

O noso máis sentido pésame a toda a Familia do noso principal colaborador FERRECAL,SA pola inmensa perda.
Moita forza, D.E.P.
😞

Fue una figura clave en la consolidación de una compañía que es referente en el sector de las instalaciones y las reformas en Galicia

Continuamos co circuíto da nosa cidade, CorreSan! Este domingo celebrouse a terceira das cinco probas que forman parte d...
16/09/2026

Continuamos co circuíto da nosa cidade, CorreSan!
Este domingo celebrouse a terceira das cinco probas que forman parte do circuíto, nunha xornada soleada na que os nosos atletas volveron participar en masa para sumar eses puntos tan desexados e seguir mellorando as súas marcas persoais. 🔥
Queremos destacar especialmente o gran traballo da nosa escola, que, a pesar dunha saída accidentada na proba de Escolares 2, conseguiu sacar adiante a carreira e mesmo lograr un 1º e un 3º posto. 🥇🥉
Desde aquí queremos enviar unha forte aperta e os nosos mellores desexos de pronta recuperación aos nosos atletas e tamén aos deportistas doutros equipos que se viron afectados por ese incidente na saída.
Por sorte, todo quedou nun susto. Moito ánimo a todos e seguimos adiante! 💪🤍💙💚🩵
Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca | Restaurantes Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña  Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón 

   

"Por qué non?"E se toca? Vas quedar sen a túa participación? 😉
12/09/2026

"Por qué non?"
E se toca?
Vas quedar sen a túa participación? 😉

OS NOSOS DEPORTISTAS FANSE CO BRONCE 🥉 MASCULINO NO CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA.Onte disputouse en Ribadeo o   ...
06/09/2026

OS NOSOS DEPORTISTAS FANSE CO BRONCE 🥉 MASCULINO NO CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA.

Onte disputouse en Ribadeo o onde o clube presentou un equipo mermado polas baixas. Os triatletas Santiago Soleto Jorge Ferradans e Breo Gigirey resolveron a difícil papeleta conseguindo un novo podium para o clube nun Campionato de Galicia.

Gracias a súa sólida actuación cada un deles fíxose ademáis coa 🥈 individual nas respectivas categorías, demostrando no caso de Breo e Sago que a preparación para o Desafío Doñana Campionato de España de longa distancia vai polo bo camiño.

Noraboa!!

💙🤍

Ferrecal Raul Miras Sicilia in Bocca | Restaurantes Garabal Instalaciones MGM Edificación e Infraestructuras O Sendeiro | Restaurante Pasta fresca la ideal Café Siboney Milongas Parrillada Peluquería Milenio MOMENTUM Clínica Dermatológica Dra. Sandra Mateo Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela ABANCA Deputación da Coruña Federación Galega de Tríatlon Fetri Triatlón

fichapologalego

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Club Triatlon Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Club Triatlon Compostela:

Atajos

Compartir