Selección Galega de Fútbol Gaélico

Selección Galega de Fútbol Gaélico FB oficial da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Entidade deportiva que pertence a Asociación Galega de Fútbol Gaélico formada polos clubs federados na GAA e LGFA.

17/06/2026

Nova chaqueta da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As mellores galas para representar ao noso país no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda 🇨🇮✊🏻

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega:
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento:
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵 Asociación Galega de Fútbol Gaélico - Selección Galega de Fútbol Gaélico

Esta fin de semana a Selección Galega de fútbol gaélico reuniuse en Boqueixón - O Forte para unha xornada de formación e...
16/06/2026

Esta fin de semana a Selección Galega de fútbol gaélico reuniuse en Boqueixón - O Forte para unha xornada de formación e preparación de cara aos World Games 2026.
A sesión contou coa participación de Iván Pico, psicólogo da Escola de Adestradores da RFGF, que impartiu a charla "Manual de supervivencia psicolóxica precompetitiva", achegando ferramentas para afrontar a competición ao máis alto nivel.
Ademais, Anton Tohill, xogador do Derry GAA, compartiu a súa experiencia na sesión "Defender para gañar: os principios da defensa no fútbol gaélico", afondando nos conceptos do xogo.
Unha xornada para seguir medrando dentro e fóra do campo, sumando coñecemento e preparación no camiño cara aos World Games 2026. 🇮🇪💙

14/06/2026

A menos dun mes dos World Games 2026, as nosas continúan preparando o gran reto do verán. 💙🏐

Esta semana contamos coa visita de Anton Tohill , xogador do Swatragh GAC, dentro do programa de intercambio internacional de xogadores promovido por Gaelic Games Europe para impulsar o desenvolvemento do fútbol gaélico na Península Ibérica.

Nos adestramentos do xoves e do sábado compartiu a súa experiencia e achegou consellos técnicos ás nosas xogadoras de cara aos World Games.

Moitas grazas, Anton, pola túa visita e por axudarnos a seguir medrando.

A nosa Selección Galega xa ten a vista posta en Waterford 2026. 💙🏐O Faro de Vigo recolle o reto que temos por diante e a...
11/06/2026

A nosa Selección Galega xa ten a vista posta en Waterford 2026. 💙🏐
O Faro de Vigo recolle o reto que temos por diante e a campaña posta en marcha para facer posible a participación das nosas seleccións nos World Games, a maior competición internacional de fútbol gaélico fóra de Irlanda. Galicia estará representada por unha das expedicións máis numerosas do torneo.
📖 Le a nova completa:

Los dos equipos del deporte participarán en Irlanda en los World Games, donde acudirán más de 200 equipos de los cinco continentes

Xa levamos recadados 1.600 € para os World Games 2026.Grazas á colaboración de Jon Olabarrieta, Clara Salamanca, Francis...
10/06/2026

Xa levamos recadados 1.600 € para os World Games 2026.
Grazas á colaboración de Jon Olabarrieta, Clara Salamanca, Francisco Javier Arias, Eugenio González, Olalla Rodil, Saray Alonso, Jorge González, Riazor Blues, Xosé Baamonde e outras 21 persoas doantes anónimas, seguimos avanzando cara ao noso obxectivo.
Cada achega conta e achéganos un pouco máis a Waterford 2026. 🏐🇮🇪
Moitas grazas polo voso apoio e confianza!

09/06/2026

A Selección Galega precísate para chegar aos World Games
A Selección Galega de Fútbol Gaélico enfróntase este verán aos World Games 2026 en Waterford 🇮🇪, o maior torneo internacional do deporte.
Para facer posible a viaxe e a participación da selección, abrimos unha campaña de crowdfunding coa que podes colaborar directamente neste proxecto.
Cada achega, por pequena que sexa, axuda a levar a Galicia ao escenario internacional e a seguir facendo medrar o fútbol gaélico no noso país. 💙

👉🏽 https://tally.so/r/b5v8W7

💙 Xa temos equipo.Estas son as 28 xogadoras que vestirán a camiseta da Selección Galega nos World Games 2026 e represent...
31/05/2026

💙 Xa temos equipo.

Estas son as 28 xogadoras que vestirán a camiseta da Selección Galega nos World Games 2026 e representarán a Galicia no escenario internacional.

Moita sorte e forza para este novo reto!

16/05/2026

Unha das nosas grandes representantes a nivel internacional, Mariví, compartiu coa organización dos Gaelic Games Europe Féile o enorme traballo que se está a realizar en Galicia co deporte base.

E a mellor demostración chegou no campo: dobre vitoria galega no torneo Féile desa mesma fin de semana.

Presente e futuro do fútbol gaélico galego. 💙

16/05/2026

🌍🏆 Maastricht fala galego 🏆🌍

No 2026 Gaelic Games Europe Féile, celebrado o pasado 2 de maio en Maastricht, as nosas representantes de Estrela Vermelha proclamáronse campioas tras unha actuación brillante durante todo o torneo.

Nun evento histórico que reuniu a máis de 210 xogadoras e xogadores de toda Europa, o fútbol gaélico galego volveu demostrar que o futuro segue medrando con forza.

Parabéns, campioas. 💙

16/05/2026

Dirección

Galicia
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Selección Galega de Fútbol Gaélico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Selección Galega de Fútbol Gaélico:

Compartir