SDCR NARON O FREIXO

Cómo llegar Página web

SDCR NARON O FREIXO Facebook oficial da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO No ano 1992, un grupo de amigos que formaba parte da directiva da U.D.

Piñeiros, ten a idea de ampliar as actividades, dirixilas o fútbol sala,e fundan a SDCR O FREIXO.
Neses duros comezos, con poucos medios, a axuda do Concello e de entidades privadas, foi fundamental. Grazas aos primeiros patrocinadores, empresas de Narón, como Mobles Fembyc, Pita Graña e Madeiras do Noroeste; conséguese acondicionar un secadoiro de madeira, para poder ter un pista de para adestrar e xogar.
O primeiro presidente do club, foi José Sanestéban Pereira e Juan José Rey, o actual presidente, era vicepresidente por aquel entón. Unha persoa, que leva vinte e cinco anos no club, que o viu nacer, que viu como neste club, daban os seus primeiros pasos co balón, xogadores da talla de JUAN DOMINGUEZ( xogador do RC DEPORTIVO DA CORUÑA ), EDU (Porteiro do Burela en división de honra de fútbol sala), ADRI (Internacional ca selección española de fútbol sala), etc.
Con esta longa traxectoria no mundo do fútbol sala, no ano 2013, a directiva decide dar o salto ao mundo do fútbol e, desde entón, compaxinar ambas modalidades, converténdose na SOCIEDADE DEPORTIVA CULTURAL E RECREATIVA NARÓN O FREIXO, sendo unha das poucas escolas, que conta con seccions de fútbol e fútbol sala.
A día de hoxe, ás portas do noso 25 aniversario como entidade deportiva, aproveitamos para dar as grazas a todos os que colaboraron e colaboran coa nosa idea, xa que sen eles non fose posible chegar ata onde nos atopamos, a todos os pais e nais que confían en nós para a educación deportiva dos seus fillos, a todos eses pequenos e pequenas que, esfórzanse cada día na práctica do seu deporte favorito, que levan a casa valores tan importantes como a amizade, o compañeirismos, o esforzo, o respecto, etc.??. Así como a todos os nosos adestradores e delegados, membros da directiva que, desinteresadamente achegan o seu traballo e esforzo para que, esta idea siga adiante.
Antes de finalizar, desexamos facer unha mención especial ao noso Presidente JUAN JOSE REY GUERRA, pola dedicación desinteresada e o esforzo diario para que este proxecto, sexa a día de hoxe, un dos referentes deportivos de Ferrolterra. Unha entidade totalmente saneada economicamente, con preto de 200 nenos e nenas, 19 equipos e un corpo técnico formado por máis de 30 adestradores e delegados.
En nome de todos e cada un dos que facemos posible este proxecto

Grazas.

🟡🔵 FÚTBOL SALA · FIN DE SEMANAO pavillón tamén ten o seu. Os alevíns viaxan ata Santiago o sábado e, no resto do fin de ...
13/11/2026

🟡🔵 FÚTBOL SALA · FIN DE SEMANA

O pavillón tamén ten o seu. Os alevíns viaxan ata Santiago o sábado e, no resto do fin de semana, As Lagoas é a nosa casa: senior o sábado pola tarde e cadete o domingo ao mediodía, os dous contra o mesmo rival.

👉 Desliza para ver horarios e pavillóns.

Dúas citas en Narón para encher a bancada. Contamos contigo! 💛💙

🟡🔵 FÚTBOL 7 · FIN DE SEMANA ALEVÍNCatro equipos alevíns do club en acción entre venres e sábado, as nenas incluídas. Un ...
13/11/2026

🟡🔵 FÚTBOL 7 · FIN DE SEMANA ALEVÍN

Catro equipos alevíns do club en acción entre venres e sábado, as nenas incluídas. Un partido en Río Seco e tres viaxes fóra: moito fútbol, moitas ganas e un club enteiro medrando desde abaixo.

👉 Desliza para ver horarios e campos de cada equipo.

Vémonos no campo! 💛💙

🟡🔵 FÚTBOL 8 · VENRES DE CANTEIRAOs máis pequenos do club abren o fin de semana. Prebenxamíns e benxamíns saen a xogar fó...
13/11/2026

🟡🔵 FÚTBOL 8 · VENRES DE CANTEIRA

Os máis pequenos do club abren o fin de semana. Prebenxamíns e benxamíns saen a xogar fóra de casa, a aprender e a g***r do fútbol, que é do que se trata á súa idade.

👉 Desliza para ver horarios e campos.

Se podes achegarte, o teu ánimo vale ouro para eles. 💛💙

🟡🔵 FIN DE SEMANA DE FÚTBOL 11Tres días de competición e seis partidos para os nosos equipos, da infantil ao senior. Casa...
13/11/2026

🟡🔵 FIN DE SEMANA DE FÚTBOL 11

Tres días de competición e seis partidos para os nosos equipos, da infantil ao senior. Casa ou fóra, o mesmo obxectivo: deixalo todo no campo e levar o nome de Narón alá onde xoguemos.

👉 Desliza para ver horarios e campos de cada categoría.

Vémonos nas bancadas! 💛💙

Hoxe o fútbol galego perde a un dos seus.Simón Cabarcos defendeu porterías nas Pontes, en Narón e en Carballo, e despois...
11/11/2026

Hoxe o fútbol galego perde a un dos seus.

Simón Cabarcos defendeu porterías nas Pontes, en Narón e en Carballo, e despois, coas súas mans, protexeu as pernas de medio mundo. Pero quen o coñeceu non fala diso. Fala do seu sorriso, o de sempre, e de que nunca lle faltou tempo para quen o necesitaba.

Dentro e fóra do campo, coidou dos seus. Así é como queda.

Desde O Freixo, unha aperta á súa familia, ás súas amizades e a todas as persoas que compartiron vestiario con el.

Descansa en paz, Simón.

FIN DE SEMANA NO CÉSPEDE 🟡🔵𝟭𝟮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀. 𝗙𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 𝟭𝟭, 𝟴 𝗲 𝟳. 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗼𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗶𝘀𝗲𝘁𝗮.𝗘 𝟳 𝗱𝗲𝗹𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮, 𝗲𝗻 𝗥𝗶́𝗼 𝗦𝗲𝗰𝗼. 𝗩𝗲́𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 𝗮...
05/11/2026

FIN DE SEMANA NO CÉSPEDE 🟡🔵

𝟭𝟮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀. 𝗙𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 𝟭𝟭, 𝟴 𝗲 𝟳. 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗼𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗶𝘀𝗲𝘁𝗮.
𝗘 𝟳 𝗱𝗲𝗹𝗲𝘀 𝗻𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮, 𝗲𝗻 𝗥𝗶́𝗼 𝗦𝗲𝗰𝗼. 𝗩𝗲́𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 𝗮𝗹𝗶́.

VENRES 6
17:00 · F7 · Alevín
O Freixo × .d.ovaldenaron “B” · CASA
17:00 · F7 · Alevín
O Freixo “B” × “C” · CASA
17:00 · F11 · Cadeted.ovaldenaron × O Freixo “C” · Sinde B · FÓRA
19:15 · F11 · Xuvenil
“B” × O Freixo “B” · Caranza 2 · FÓRA

SÁBADO 7
10:00 · F11 · Cadete
O Freixo × “B” · CASA
10:30 · F7 · Alevín
× O Freixo · O Poboado · FÓRA
11:50 · F8 · Prebenxamín
O Freixo × · CASA
13:00 · F11 · Infantil
O Freixo “B” × “A” · CASA
16:00 · F11 · Infantil
O Freixo × · CASA
18:00 · F11 · Xuvenil
× O Freixo · O Monte, Abegondo · FÓRA
18:15 · F11 · Cadete
O Freixo “B” × “B” · CASA

DOMINGO 8
12:30 · F11 · Segunda Futgal
× O Freixo · Bernardino Breijo, Cerdido · FÓRA

📍 Na casa: Anexo Río Seco · Narón

Ven animar. Aquí cabemos todas e todos.

FIN DE SEMANA DE PISTA 🟡🔵𝟳 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀. 𝟮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗲𝘁𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀. 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗼𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗶𝘀𝗲𝘁𝗮.E o domingo, 𝗰𝗶𝗻𝗰𝗼 𝗻𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮: As Lagoas é noso.SÁB...
05/11/2026

FIN DE SEMANA DE PISTA 🟡🔵

𝟳 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼𝘀. 𝟮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗲𝘁𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀. 𝗨𝗻𝗵𝗮 𝘀𝗼𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗶𝘀𝗲𝘁𝗮.
E o domingo, 𝗰𝗶𝗻𝗰𝗼 𝗻𝗮 𝗰𝗮𝘀𝗮: As Lagoas é noso.

SÁBADO 7
18:00 · Sénior · 1ª Futgal
Cheema Kebab FS × SDCR Narón O Freixo
Pav. Monte das Moas · A Coruña · FÓRA

DOMINGO 8
10:00 · Prebenxamín · 1ª Futgal
O Freixo “A” × · CASA

11:30 · Infantil · Preferente
O Freixo “A” × · CASA

16:30 · Alevín · 1ª Futgal
O Freixo “B” × “B” · CASA

18:00 · Alevín · Preferente
O Freixo “A” × · CASA

18:00 · Infantil · 1ª Futgal
“B” × O Freixo “B”
Pav. Campo da Serra · FÓRA

19:30 · Xuvenil · 1ª Futgal
O Freixo Peluquería Víctor × I · CASA

📍 Partidos na casa: P.M. As Lagoas · Narón

Ven animar. Aquí cabemos todas e todos.

𝗙𝗜𝗡 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗨𝗧𝗦𝗔𝗟💛💙8 partidos. Preferente e Primera Futgal. Un só escudo.🏠 NA CASA:🗓️ Sábado 3117:30 · Infantil “B...
31/10/2026

𝗙𝗜𝗡 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗨𝗧𝗦𝗔𝗟💛💙

8 partidos. Preferente e Primera Futgal. Un só escudo.

🏠 NA CASA:

🗓️ Sábado 31
17:30 · Infantil “B” · O Freixo – CMI Unidade de Fene FS
19:00 · Senior · O Freixo – Troula Betanzos FS “B”

🚌 E fóra, dende Lugo e Sarria ata o derbi en Narón, os nosos equipos precisan a vosa forza.

👉 Desliza para ver todos os horarios.

Vémonos na pista. 💪

FIN DE SEMANA AMARELO E AZUL 💛💙10 partidos. 3 modalidades. Un só escudo.🏠 EN RÍO SECO:🗓️ Venres 3018:00 · Alevín F7 · O ...
29/10/2026

FIN DE SEMANA AMARELO E AZUL 💛💙

10 partidos. 3 modalidades. Un só escudo.

🏠 EN RÍO SECO:

🗓️ Venres 30
18:00 · Alevín F7 · O Freixo – Cedeira SD

🗓️ Sábado 31
11:00 · Alevín Feminino F7 · O Freixo – CD Calasanz .d.calasanz
11:30 · Xuvenil · O Freixo – Oza Juvenil SD

🗓️ Domingo 1
17:00 · Segunda Futgal · O Freixo – Rápido de Neda

🚌 E fóra da casa, os nosos equipos tamén precisan a vosa forza.

👉 Desliza para ver todos os horarios.

Vémonos na banda. 💪

O Freixo quere expresar o seu máis profundo pesar polo accidente ferroviario de onte entre Los Yébenes e Urda (Toledo).A...
29/10/2026

O Freixo quere expresar o seu máis profundo pesar polo accidente ferroviario de onte entre Los Yébenes e Urda (Toledo).

As nosas condolencias ás familias e amizades das vítimas, e os nosos mellores desexos de recuperación para as persoas feridas. Gracias tamén a todos os equipos de emerxencias pola súa labor.

Desde todas as seccións do club, estamos con vós. 🖤

Dirección

Narón

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando SDCR NARON O FREIXO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos