Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche

Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche Lumeeee!!

El Club Deportistas 21Leguas se suma al mejor enfoque cultural e histórico , que se celebra y reivindica el movimiento Irmandiño recuperando el Trail de Moeche.

09/09/2026

Asi falaba Rubén Pena Muíño antes de correr , andaba floxo ..das emocions ✊

Máis de 350 fotos de Iván Castro que resumen perfectamente o que foi a quinta edición do Trail dos Irmandiños. 📸⛰️Moitas...
02/09/2026

Máis de 350 fotos de Iván Castro que resumen perfectamente o que foi a quinta edición do Trail dos Irmandiños. 📸⛰️

Moitas grazas, Iván, polo traballo e por captar tantos momentos desta edición. Son impresionantes e reflicten á perfección todo o que vivimos. 🙌❤️

Deixámosvos todas as fotos nas historias destacadas, para que poidades velas e buscar os vosos momentos. 📷✨

Grazas por compartilas con todos! 👏

Albúm 1
https://photos.app.goo.gl/BaC9HxDrRz7iKsyq7

Albúm 2

https://photos.app.goo.gl/ShL2Yfvz6w3mkHBD8

Shared album · Tap to view!

Para nós, os colaboradores son moito máis ca empresas ou establecementos que nos apoian. Son persoas que nos queren, que...
30/08/2026

Para nós, os colaboradores son moito máis ca empresas ou establecementos que nos apoian. Son persoas que nos queren, que cren no trail dos Irmandiños e que forman parte desta familia.

O Pazo, na Capela, é un claro exemplo. É o noso lugar de encontro despois dos adestramentos, onde nos sentimos como na casa e onde sempre nos tratan de marabilla.

Moitas grazas por ese cariño e, nesta ocasión, por esa espectacular ensalada de pasta que tanto gustou aos Irmandiños. 🍝❤️

Porque detrás de cada colaboración hai cariño, compromiso e ganas de axudar.

Grazas, O Pazo, por querernos, apoiarnos e formar parte desta familia. 💚🤍21leguas

Xa están aquí as fotos do podium! 📸 E que mellor maneira de lembrar este día que poñendo en valor o traballo e o cariño ...
24/08/2026

Xa están aquí as fotos do podium! 📸 E que mellor maneira de lembrar este día que poñendo en valor o traballo e o cariño que hai detrás de cada detalle.

Un agradecemento moi especial ao noso socio Gito, que traballou artesanalmente nos trofeos, facendo cada un deles con moito cariño e dedicación. ❤️

E tamén queremos agradecer de corazón á Quesería de Moeche, que tivo o detalle de regalarnos 37 queixos, un para cada participante. 🧀👏

Agora toca buscar un bo marmelo, mirar para eles e lembrar con cariño este día tan especial. 😋❤️

Grazas a todos os que facedes posible que cada edición sexa única! 🙌

📢 ENTREGA DE DORSALES – V TRAIL DOS IRMANDIÑOS 🏃‍♀️🏃‍♂️📍 Campo do Festival🕗 De 08:00 a 09:15 h👉 Trail Longo e Andaina🕤 D...
18/08/2026

📢 ENTREGA DE DORSALES – V TRAIL DOS IRMANDIÑOS 🏃‍♀️🏃‍♂️

📍 Campo do Festival

🕗 De 08:00 a 09:15 h
👉 Trail Longo e Andaina

🕤 De 09:30 a 10:15 h
👉 Trail Curto e Carreiras dos Peques 🧒👧

⏰ Importante: respectade os horarios de entrega para evitar esperas e poder comezar a tempo.

🔥 Xa queda moi pouco!
Vémonos en Moeche! 💚🏃‍♂️

🔴 AVISO IMPORTANTE – CARREIRAS DOS PEQUES 🔴Para evitar que coincidan coa chegada dos primeiros participantes do Trail Lo...
17/08/2026

🔴 AVISO IMPORTANTE – CARREIRAS DOS PEQUES 🔴

Para evitar que coincidan coa chegada dos primeiros participantes do Trail Longo, adiantamos 30 minutos as saídas.

⏰ NOVOS HORARIOS:

🐗 Xabarís: 10:00 h
🦊 Raposos: 10:10 h
🐿️ Esquíos: 10:15 h

Grazas por entendelo! ❤️
Vémonos en Moeche! 🏃‍♀️🏃‍♂️👏

🏰💚 Hoxe vivimos unha tarde moi especial no Castelo de Moeche.Presentamos o V Trail dos Irmandiños nun ambiente familiar ...
14/08/2026

🏰💚 Hoxe vivimos unha tarde moi especial no Castelo de Moeche.

Presentamos o V Trail dos Irmandiños nun ambiente familiar e próximo, compartindo ilusión, proxectos e ganas de que chegue o gran día.

Grazas a Miguel Pedreira, Diana Campos, Esther Corral, Lucía Rivera e a todas as persoas que nos acompañaron e fixeron posible esta presentación.

E tivemos un broche precioso da man da Trailera Cabuxa, que pechou o acto cun relato escrito por ela mesma que nos emocionou a todos. ❤️

Deses momentos que quedan

🏃‍♀️ XA TEMOS DORSAIS! 🏃‍♂️O 22 de agosto, Moeche volverá encherse de corredores, camiños e ganas de g***r da nosa terra...
13/08/2026

🏃‍♀️ XA TEMOS DORSAIS! 🏃‍♂️

O 22 de agosto, Moeche volverá encherse de corredores, camiños e ganas de g***r da nosa terra. 💚

E hoxe queremos ensinarvos algo moi especial: os dorsais das tres modalidades da proba:
🟢 16K
🔴 12K
🟡 Andaina

Tres cores, tres maneiras de vivir o evento e unha mesma esencia: Moeche, os seus camiños e o noso patrimonio. 🏰🌿

E detrás deste deseño hai tamén talento da casa. Grazas, Claudia Abeijon Canosa por saber transformar a esencia de Moeche nun deseño que nos representa tan ben. ❤️

Agora xa só falta unha cousa…

Poñerlle un nome a cada dorsal e saír a desfrutar dos nosos camiños. 😉

📅 22 de agosto
📍 Moeche

TrailRunning

🏃‍♂️🏃‍♀️ PRESENTACIÓN DO V TRAIL DOS IRMANDIÑOS 🏰📅 Venres 14 de agosto · 17:00 h📍 Castelo de MoechePresentaremos oficial...
11/08/2026

🏃‍♂️🏃‍♀️ PRESENTACIÓN DO V TRAIL DOS IRMANDIÑOS 🏰

📅 Venres 14 de agosto · 17:00 h
📍 Castelo de Moeche

Presentaremos oficialmente o V Trail dos Irmandiños “Castelo de Moeche”, unha proba que une deporte, natureza, historia e territorio.

🎙️ Amenizará a presentación o speaker Jaba_Spik 🔥

Contaremos coa presenza de:

🏛️ Miguel Pedreira
Concelleiro de Deportes do Concello de Moeche

🎭 Diana Campos
Membro da directiva da AC Irmandiños, organizadora do Festival

🏃‍♀️ Esther Corral
Presidenta do Club Deportivo 21 Leguas, organizador do Trail

📣 Lucía Rivera
Responsable de Patrocinios e Comunicación do Trail

💚 UNHA PRESENTACIÓN ABERTA A TODO O MUNDO

Socios, socias, corredores, veciños e todas as persoas que queiran coñecer o proxecto están convidadas.

Será un luxo contar con vós! 🙌

🏰 Agardámosvos no Castelo de Moeche! 🏃‍♂️🏃‍♀️

Dirección

EStr. Da Gándara, 148 Bajo
Narón
15570

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría