Cb O Meco Rafonca

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Cb O Meco Rafonca Club de Baloncesto en O Grove. O noso horizonte como club deportivo está no fomento e desenrolo do de Creemos firmemente na educación a través do deporte.

O CB O Meco naceu coa intención de crear unha base sólida de baloncesto en O Grove. Temos como actividade específica o desenrolo de actividades de baloncesto. O noso horizonte como club deportivo está no fomento, encauzamento e desenrolo do deporte proporcionando o coñecemento, a formación e a participación entre a xente moza contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionarlles o mellor aos nosos cativos e cativas, apreciandoos dentro do marco deste maravilloso deporte: o baloncesto.

MVP DA XORNADA 1​Gran actuación de Martín Serantes Mitkova no derbi do fin de semana.​Coas súas accións e os seus 16 pun...
19/10/2026

MVP DA XORNADA 1

​Gran actuación de Martín Serantes Mitkova no derbi do fin de semana.

​Coas súas accións e os seus 16 puntos, Martín converteuse no xogador máis destacado do encontro, liderando ao equipo no triunfo diante do CB O Grove Turimares.

​Parabéns polo partidazo e a seguir traballando así.

​

MÁIS QUE UN PARTIDOCoa emoción do momento do sábado casi se nos pasa publicar! Pero non podíamos deixar de compartir as ...
18/10/2026

MÁIS QUE UN PARTIDO

Coa emoción do momento do sábado casi se nos pasa publicar! Pero non podíamos deixar de compartir as sensacións que nos deixou o gran derbi do fin de semana.

Foi un gran partido, cun pavillón cheo ata arriba e un ambiente espectacular nas bancadas. É unha ledicia enorme ver a tanta xente animando e gozando do baloncesto local; nese sentido, máis alá do resultado, neste partido quen gañou de verdade foi o baloncesto!

Queremos darvos as grazas de corazón a todos os que viñestes apoiar ao equipo. Tamén aproveitamos para felicitar especialmente a todos os xogadores xuvenís que debutaron na categoría sénior e aos sénior que volveron á que sempre foi a súa casa.

Isto é só un pequeno adelanto mentres agardamos a que nos pasen máis fotos do encontro para facer unha galería completa.

Grazas a todos polo voso ánimo constante e como non podemos esquecer a RAFONCA que sempre está ahí para estes rapaces.

Gran derbi sénior este sábado no Novo Monte da VilaEste sábado volvemos vivir un partido con un sabor moi especial no no...
15/10/2026

Gran derbi sénior este sábado no Novo Monte da Vila

Este sábado volvemos vivir un partido con un sabor moi especial no noso concello: CB O Grove Turimares vs CB O Meco Rafonca.

Somos veciños, pero na pista competiremos polo primeiro triunfo da tempada na Xornada 1 do zonal Sénior Masculino. É unha gran alegría volver contar con este enfrontamento e agardamos que toda a afección veña apoiar ao equipo.

Data: Sábado 18/10
Hora: 18:00 h
Lugar: Novo Monte da Vila

Que se note ese .

¡RIFA DE NAVIDAD DEL CLUB! ¿Te imaginas resolver el marisco de las fiestas por solo 1 €? Estamos sorteando un GRAN LOTE ...
06/10/2026

¡RIFA DE NAVIDAD DEL CLUB!

¿Te imaginas resolver el marisco de las fiestas por solo 1 €?

Estamos sorteando un GRAN LOTE DE MARISCO valorado en 250 €.

Al comprar tu papeleta no solo optas al premiazo, sino que estás ayudando directamente a los chicos y chicas del club a pagar su cuota y equipación.

Consigue la tuya:
• Pídesela a los jugadores y jugadoras del club (o a sus papás y mamás)
• Al finalizar los entrenamientos de Premini (L-M-V a las 17:00 h).
• Escríbenos por privado y te guardamos tus números.

📅 Sorteo el 19 de diciembre durante la presentación de equipos del club y envios a toda España.

¡No te quedes sin tus papeletas!

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO EN O GROVEVolvemos á carga cunha xornada repleta de partidazos tanto na casa como a domicili...
29/09/2026

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO EN O GROVE

Volvemos á carga cunha xornada repleta de partidazos tanto na casa como a domicilio.

Toma nota dos horarios e ven a animar aos nosos equipos:

VENRES 02/10
• 20:00h | Junior Fem | Montajes Casal Pazo Arxil vs Mariscos Trelles O Meco (Pontevedra - Universitario)

SÁBADO 03/10
• 12:00h | Mini Masc | Galogrin vs Álvarez Prol O Meco (Calo Teo - Municipal)
• 12:00h | Cadete Masc-Mixto | Óptica Campelo CB Marín PXG vs La Barrybería O Meco (Marín - A Raña)
• 12:00h | Infantil Fem | Transportes Cameselle O Meco vs Xuven Amarillo (Novo Monte da Vila)
• 18:00h | Cadete Fem | Galaico Portugués O Meco vs C.B. Arxil "B" (Vello Monte da Vila)

DOMINGO 04/10 (XORNADA NA CASA)
• 10:00h | Infantil Masc | A Óptica de Ana O Meco vs Pedreira C.B. Marín PXG (Novo Monte da Vila)
• 12:00h | Junior Fem | Mariscos Trelles O Meco vs CAB Panaderías Acuña (Novo Monte da Vila)
• 17:00h | Junior Masc | Taberna Casa Abel O Meco vs Xuven Amarillo (Novo Monte da Vila)

Xuntos en cada pista, en cada balón e en cada partido.

Temos que encher as bancadas para apoiar a nosa canteira!

1, 2, 3... MECO! 💙

21/09/2026

Estreno de partidos na casa cos equipos xuvenil masculino Taberna Casa Abel e o femenino Mariscos Trelles.

Ambos equipos xogagon contra o CLB

Deixamosvos as fotos do fin de semana.

HORARIOS DO FINDE | 19 e 20 de SetembroPrimeira xornada de competición para os nosos equipos cadetes. Así queda a axenda...
16/09/2026

HORARIOS DO FINDE | 19 e 20 de Setembro

Primeira xornada de competición para os nosos equipos cadetes. Así queda a axenda do fin de semana:

Sábado 19/09

18:00h | Cadete Masculino La Barrybería | Antonio Barral (2ª Div.)

CAB Taberna Zentola vs. La Barrybería O Meco (I.E.S. Frei Martín Sarmiento)

Domingo 20/09

12:00h | Cadete Femenino Un placer para los sentidos🍰 (2ª Div.)

Maquinaria Agrícola Toledo Marín PXG vs. Galaico Portugués O Meco (A Raña)

PARTIDOS NA CASA (Novo Monte da Vila):

17:00h | Xuvenil Masculino (2ª Div.)

Taberna Casa Abel O Meco vs. CLB Vilagarcía

19:00h | Xuvenil Femenino (2ª Div.)

Mariscos Trelles O Meco vs. Seguros Reale Carril

Benvidos e moitas grazas!
Aproveitamos para darlle unha benvida e un agradecemento moi especial aos nosos novos patrocinadores La Barrybería, Galaico Portugués e como non agradecer todos os anos que levan colaborando co clube a Taberna Casa Abel e Mariscos Trelles por apostar polo noso deporte base cada tempada. 💙

¡Agardámosvos na grada para animar aos nosos equipos!

Queres probar o baloncesto ou buscar un novo deporte para este curso? Durante todo o mes de setembro podes vir adestrar ...
04/09/2026

Queres probar o baloncesto ou buscar un novo deporte para este curso? Durante todo o mes de setembro podes vir adestrar con nós totalmente de balde e sen compromiso.
🔹 Para quen?
Todas as categorías, dende Babybasket ata Sénior.
🔹 Onde me apunto?
Toda a información, horarios e inscricións xa dispoñibles na nosa web: www.cbomeco.com

Compárteo con quen creas que lle pode interesar e ven formar parte da familia do Meco!

O Domingo 14 de xuño celebramos a XIX Xuntanza premini - mini patrocinada por Toyota Breogán | Concesionarios oficiales ...
19/06/2026

O Domingo 14 de xuño celebramos a XIX Xuntanza premini - mini patrocinada por Toyota Breogán | Concesionarios oficiales Toyota en Galicia Grupo Breogán | Concesionarios Toyota, Kia, Lexus y Porsche

Non podemos máis que estar ledos por todo o baloncesto que se viviu no día. Foi unha xornada inesquecible co Pavillón Novo e Vello completamente cheos de emoción, deportividade e o mellor ambiente de baloncesto base de toda Galicia.

Resumo da xornada:
Dende o primeiro pitido inicial ata os encontros da tarde e o emocionante concurso de tiro libre e triplos, os rapaces e rapazas espremeron ao máximo o seu minuto de gloria. Ademais, o noso sorteo solidario foi un éxito rotundo grazas á colaboración de todos coas rifas a 1€. Todo o recadado destinarase integramente á compra de novos balóns e á contratación de adestradores para seguir impulsando a escola do club de cara á vindeira tempada.

Agradecemento especial:
Queremos expresar un agradecemento moi especial a todas as familias que encheron as bancadas de enerxía e a todos os clubs e xogadores asistentes polo seu comportamento exemplar. O éxito desta edición é o resultado do esforzo colectivo, por iso queremos poñer en valor o apoio incondicional de Toyota Breogán | Concesionarios oficiales Toyota en Galicia e Grupo Breogán | Concesionarios Toyota, Kia, Lexus y Porsche como patrocinadores principais. Así mesmo, o noso recoñecemento ao Concello Do Grove , á Federación Galega de Baloncesto 🏀, aos comercios locais colaboradores e, por suposto, a todos os nosos voluntarios que se deixaron a pel para que todo saíse perfecto.

Onde ver e descargar todas as fotos?
Durante estes vindeiros días irémonos dedicando a subir fotos e recordos do torneo nas nosas redes sociais. Non obstante, se queredes adiantarvos para velas ou descargalas con máxima calidade sen agardar máis, xa as tedes todas dispoñibles.

Creamos unha páxina web especial en www.cbomeco.es coa información resumida do torneo e o enlace directo á carpeta de TeraBox onde están gardadas absolutamente todas as fotos dos equipos, dos partidos e do photocall.

Tendes o enlace de acceso á web do club e a TeraBox na biografía do noso perfil. Búscate e garda o teu recordo desta XIX edición.

Vémonos na próxima, que será o noso XX aniversario.

Último partido para as infantiles femenino   con victoria ante o  Orgullosos de todas estas rapazas!
09/06/2026

Último partido para as infantiles femenino con victoria ante o

Orgullosos de todas estas rapazas!

Dirección

Pabellón Montedavila
El Grove
36980

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cb O Meco Rafonca publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cb O Meco Rafonca:

Atajos

Compartir

Categoría