Club Deportivo Grove

Club Deportivo Grove Páxina oficial do C.D. Grove

02/09/2026
09/08/2026
🏆 XXVII TROFEO VILA DO GROVE: A PRETEMPORADA ARRINCA MAÑAN NA CASA!  ÚNICO PARTIDO NA CASA EN AGOSTO 🤍Despois de 22 anos...
07/08/2026

🏆 XXVII TROFEO VILA DO GROVE: A PRETEMPORADA ARRINCA MAÑAN NA CASA! ÚNICO PARTIDO NA CASA EN AGOSTO 🤍

Despois de 22 anos de longa espera... o noso torneo está de volta! O histórico Trofeo Vila do Grove regresa por todo o alto ao Municipal Monte da Vila, e faino nunha tarde que o ten absolutamente todo.
Non che podemos dar máis motivos para vir, pero aquí van uns cantos:

⚽ A estrea: Será o noso primeiro partido desta pretempada.

🆕 As novas caras: A oportunidade perfecta para ver en acción por primeira vez aos novos xogadores que se uniron ao equipo.

🏟️ Única cita no noso templo: Será o único partido na casa en todo o mes de agosto, xa que fomos convidados a disputar outros trofeos fóra durante as vindeiras semanas. É a túa única oportunidade de vernos no noso campo este mes!

🎫 Campañá de Socios:
Ademais, se non tes o teu carné de socio domiciliado, é o momento perfecto para renovalo no propio campo, ou para darte de alta e sumarte a esta tempada tan ilusionante!

Toma nota e non faltes á cita:
📅 Cando: Mañá, sábado.
⏰ Hora: 20:00 h.
📍 Onde: Estadio Municipal Monte da Vila.
🆚 Rival: Salcedo SCD

Vémonos na bancada para desfrutar xuntos. O balón bota a rodar!
¡HALA GROVE! 🦁🤍

🤍 GRAZAS POR FORMAR PARTE DA NOSA HISTORIA! 🤍Hoxe é un deses días nos que toca despedirse e dar as grazas de todo corazó...
02/08/2026

🤍 GRAZAS POR FORMAR PARTE DA NOSA HISTORIA! 🤍

Hoxe é un deses días nos que toca despedirse e dar as grazas de todo corazón.
Queremos anunciar as baixas do primeiro equipo de cara á vindeira tempada 2026/27.
Todos e cada un destos xogadores, en maior ou menor medida, puxeron o seu graniño de area, o seu suor e o seu traballo para axudarnos a acadar o gran obxectivo do ascenso.

Formaron parte dunha tempada histórica para o noso club e iso é algo que quedará gravado para sempre na memoria do Monte da Vila e nos soci@s.
Desde o C.D. Grove queremos expresar a nosa máis sincera gratitude a:

Francisco Álvarez Piñeiro “Ameixeiro”
Xacobe M. Álvarez González “Xacobe”
Roberto Bea de la Cruz
José David De Abreu Gil
Gabriel Díaz Vidal
Gabriel Esteban Costa
Daniel Fontoira Triñanes “Dano”
Francisco González Prieto “Kukin”
Marcos Lois Pérez “Kitos”
Pablo Loureiro Blanco
Manuel Míguez Barreiro
Samuel Otero Muñiz
Samuel Pérez Fernández
Francisco Prol Prol
Manuel Prol Prol
Nicolás Roel Prieto “Roel”
Sergio Soutullo Prol “Checho”
Pablo Veiga Rubirosa
Breixo Vilas Fernández

Desexámosvos a maior das sortes e moitísimo éxito nos vosos futuros proxectos, traballos, estudos.. tanto no terreo persoal coma no deportivo. As portas da que é a vosa casa sempre estarán abertas.

Grazas por defender o noso escudo! 🦁🤍
¡HALA GROVE!

🍒MATEO PRESAS | A GUINDA DO PASTEL PARA O NOSO ATAQUE! Que o deixáramos para o final non quere dicir, nin moito menos, q...
28/07/2026

🍒MATEO PRESAS | A GUINDA DO PASTEL PARA O NOSO ATAQUE!

Que o deixáramos para o final non quere dicir, nin moito menos, que fose o menos importante... Todo pastel ten que ter a súa guinda! Tras un verán de traballo intenso nos despachos para conformar o mellor cadro posible para a nova categoría, temos o luxo de anunciar a incorporación de Mateo Presas.

Mateo é un mediapunta zurdo desbordante de calidade. Aporta unha visión de xogo privilexiada, un grandísimo golpeo e un trato exquisito co balón; en definitiva, un deses xogadores que tanto gustan no Municipal. 🪄⚽

Vén de asinar o ascenso á Terceira División co Portonovo. Con todo, un vínculo moi especial úneo ao Grove e a este proxecto, e chega con moitísimas gañas de poñerse xa as botas, xusto a tempo para arrincar a pretempada.

Benvido á túa nova casa, Mateo! Ficha polo C.D. Grove... MATEO PRESAS! ✍️
¡HALA GROVE! 🦁🤍

28/07/2026

🚲🏋🏻‍♂️ MELLORAS NO XIMNASIO

A aportación e donación dun socio patrocinador, fan que teñamos melloras no ximnasio para os nosos deportistas.

Viñan sendo reclamadas polo equipo técnico e demandadas para os xogadores na sua recuperación e posta a punto da forza, duas bicicletas estáticas, banco de pesas, barra e pesas olímpicas, caixón de salto, gomas…

Agradecemos desde aquí este xesto, e seguimos mellorando pouco a pouco.

Aceptamos donacións e aportacións para seguir na mellora , máquinas, mancuernas, discos...

🏋🏻‍♂️

⚡ FICHAXE | VELOCIDADE, DESEQUILIBRIO: YAGO BREA! O C.D. Grove ten o enorme pracer de anunciar a incorporación de Yago B...
27/07/2026

⚡ FICHAXE | VELOCIDADE, DESEQUILIBRIO: YAGO BREA!

O C.D. Grove ten o enorme pracer de anunciar a incorporación de Yago Brea!
Formado nas categorías inferiores do Villalonga e do AJ Lérez, Yago ten raíces e familia no Grove, polo que comezar a súa andaina na categoría sénior defendendo o noso escudo é facelo no mellor sitio posible.

No verde, Yago é un extremo vertixinoso, moi veloz e desequilibrante, tráenos unha rápida condución pola banda, e a todo isto súmaselle un privilexiado golpeo de perna esquerda que seguro que dará que falar no Municipal. 🚀⚽

Vén con moitísimas gañas, enerxía e fame para demostrar a súa valía desde o primeiro minuto. É unha firme aposta de futuro e estamos convencidos de que máis cedo que tarde sorprenderá a nosa bancada.

Benvido á túa nova casa! Ficha polo C.D. Grove... YAGO BREA! ✍️🤍
¡HALA GROVE! 🦁🤍

🧱 PABLO CASTRO | O NOSO MURO SEGUE NA CASA! 🤍O C.D. Grove ten o pracer de anunciar a renovación de Pablo Castro. A pesar...
27/07/2026

🧱 PABLO CASTRO | O NOSO MURO SEGUE NA CASA! 🤍

O C.D. Grove ten o pracer de anunciar a renovación de Pablo Castro. A pesar da súa xuventude, Pablo demostrou sobre o verde unha madurez absoluta e non habitual a súa idade.

É un dos grandes responsables da nosa liña defensiva e de contribuír a manter a nosa portería a salvo en moitísimas ocasións. É un auténtico muro infranqueable. Se a liña tiña algunha fisura ou filtración durante o partido, aí estaba el para solventalo de inmediato. Xa o coñecedes no Municipal como Muros e Peches Pablo Castro S.L.! 🚧🧱🔐

Contaremos con el un ano máis, sumando xa a súa terceira tempada consecutiva nas filas do C.D. Grove, defendendo as nosas cores, literalmente, con todo o que ten.

Renova o noso seguro de vida defensivo. Renova Pablo Castro! ✍️⚽🤍

¡HALA GROVE! 🦁🤍
🤍

🚀 JUAN OTERO | UN D’OS DE SEMPRE! ⚓Temos o orgullo de anunciar unha renovación que é puro pulmón, afouteza e corazón par...
26/07/2026

🚀 JUAN OTERO | UN D’OS DE SEMPRE! ⚓

Temos o orgullo de anunciar unha renovación que é puro pulmón, afouteza e corazón para o C.D. Grove.

Se tivésemos que definilo, empregariamos ese termino que tanto nos gusta usar na nosa vila: un auténtico "Sepelín"! Sube a costa correndo, vaia a onde vaia, Juan vai correndo. E así é como sube e baixa a banda do Municipal a toda velocidade, como un auténtico mísil. Xa leva uns cantos anos percorrendo de arriba a abaixo ese costado que coñece como a palma da sua man, e temos a inmensa sorte de que o seguirá facendo un ano máis. 💨

Na parcela defensiva é un verdadeiro pesadelo para os atacantes rivais. É un xogador que nunca se dá por vencido: para superalo, practicamente terá que deixarte el, porque todos sabemos que se Juan non quere, por aí non pasas! 🛑🛡️

Renova a nosa locomotora da banda. Renova o noso Juansiño, renova Juan Otero! ✍️

¡HALA GROVE! 🦁🤍

💪 A NOSA FORZA SEGUE NO BARCO: TON OTERO ! ⚓O C.D. Grove ten o orgullo de anunciar a renovación de Ton Otero. Ton é, sen...
25/07/2026

💪 A NOSA FORZA SEGUE NO BARCO: TON OTERO ! ⚓

O C.D. Grove ten o orgullo de anunciar a renovación de Ton Otero. Ton é, sen dúbida, a nosa forza no estado máis puro!

É un xogador que impón respecto desde o primeiro minuto, e chama a atención que, con toda a envergadura e presenza física que ten, co que realmente logra impoñerse é coa súa enorme calidade co balón nos pés. Acompáñao un gran golpeo, unha visión de xogo privilexiada e un liderado indiscutible. 🧠🚀

Lamentablemente, perderase unha parte do inicio da tempada por culpa dunha lesión que arrastra da campaña anterior. Desde aquí, toda a familia Grovense e a bancada do Monte da Vila queremos mandarlle todo o ánimo do mundo. Sabes que estamos contigo!

Temos moi claro que, en canto estea recuperado e ao 100%, volverá ser ese xogador capaz de marcar as diferenzas no verde. Agardaremos por ti o que faga falta!

Renova a nosa forza. Renova Ton Otero! ✍️
¡HALA GROVE! 🦁🤍

Dirección

Campo De Fútbol Monte Da Vila
El Grove
36980

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Deportivo Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Deportivo Grove:

Atajos

Compartir

Categoría