Balonmano Pontedeume

Balonmano Pontedeume Equipo amateur de Balonmano.

10/09/2026

🖤 Desde a Directiva e todo o Club Balonmán Pontedeume queremos trasladarlle o noso máis sentido pésame ao noso xogador do equipo sénior, Benito, e a toda a súa familia polo falecemento do seu avó.

Moito ánimo e unha forte aperta para toda a familia nestes momentos tan difíciles.🕊️

💚💛PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DA TEMPADA🤾‍♂️Chega o primeiro partido oficial da tempada! 💪O noso Senior estréase na Copa an...
09/09/2026

💚💛PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DA TEMPADA🤾‍♂️

Chega o primeiro partido oficial da tempada! 💪

O noso Senior estréase na Copa ante os nosos veciños do Club Balonmán Narón, nun partido que afrontan con moitas ganas e que servirá tamén como posta a punto de cara á liga.

📅 Hoxe, mércores
⏰ 21:00 h
📍 Narón

💚A por todas, rapaces!
1, 2, 3… Eume!💛

ÁLEX SÁNCHEZ RENOVA!!💚💛Álex é deses xogadores que non necesitan facer ruído para demostrar o que valen.🤾🏼‍♂️Discreto fór...
06/09/2026

ÁLEX SÁNCHEZ RENOVA!!💚💛

Álex é deses xogadores que non necesitan facer ruído para demostrar o que valen.🤾🏼‍♂️

Discreto fóra da pista, pero dentro dela o seu talento fala por él: un extremo con velocidade, recursos e moita calidade.

Este ano tócalle afrontar un novo reto, traballando fora,pero iso non lle impedirá seguir ligado ao equipo. Fará todo o posible para estar cos seus e dar o máximo cada vez que vista estas cores.

Porque despois de toda unha vida no club,o escudo pesa máis que as distancias.💛💚

Seguimos, Álex!🔥💪

💚💛🤾‍♂️ PRIMEIRO TORNEO, PRIMEIRO TÍTULO!🏆O noso equipo de Veteráns acaba de nacer e xa vén dando guerra😎Onte en Cullered...
06/09/2026

💚💛🤾‍♂️ PRIMEIRO TORNEO, PRIMEIRO TÍTULO!🏆

O noso equipo de Veteráns acaba de nacer e xa vén dando guerra😎

Onte en Culleredo disputaron o seu primeiro torneo e, contra todo pronóstico… ou quizais non tanto 😂😏, remataron proclamándose campións!🏆

Din que a experiencia é un grao, e estes demostraron que, aínda que os anos pasen,as ganas de balonmán seguen intactas.

Primeiro torneo, primeiro trofeo e moitas ganas de seguir desfrutando e dando guerra.

Noraboa, equipo!💚💛

E grazas ao Club Balonmán Culleredo por acollernos e por esta gran xornada.

Isto acaba de comezar… 🤾‍♂️🔥

NOVA FICHAXE!!! RODRIGO💚💛🤾‍♂️O noso club ten o pracer de anunciar a incorporación de Rodrigo ao primeiro equipo para est...
05/09/2026

NOVA FICHAXE!!! RODRIGO💚💛🤾‍♂️

O noso club ten o pracer de anunciar a incorporación de Rodrigo ao primeiro equipo para esta nova tempada.

Rodrigo chega avalado por unha formación de base no OAR da Coruña, onde medrou como xogador e tivo, entre outros, a un dos nosos como adestrador,"Tati".

A pasada tempada defendeu a camisola do Balonmán Alca de Santiago, onde continuou coa súa progresión e adquiriu unha valiosa experiencia.

Agora, por fin, temos a sorte de telo con nós. Un xogador con formación, talento e, sobre todo, moitas ganas de seguir medrando e contribuír aos obxectivos do equipo.

Desde o club queremos darche a benvida e desexarche o mellor nesta nova etapa.

Rodrigo, esta é a túa casa. Benvido á familia! 🟢🟡

🔥 1,2,3 Eume!!

📢 ¡OS NOSOS VETERÁNS DEBUTAN NA PISTA! 🤾‍♂️🦅💚💛Este sábado 5 de setembro, o orgullo eumés vive unha cita moi especial. Os...
03/09/2026

📢 ¡OS NOSOS VETERÁNS DEBUTAN NA PISTA! 🤾‍♂️🦅💚💛

Este sábado 5 de setembro, o orgullo eumés vive unha cita moi especial. Os veteráns do Club Balonmán Pontedeume saltan á pista por primeira vez, vestindo e representando as nosas cores no III Torneo de Veteráns de Culleredo.

Queremos agradecer ao Club Balonmán Culleredo a invitación e a oportunidade de formar parte deste evento🤝

Alégranos ver como os nosos xogadores seguen demostrando que a paixón polo balonmán, o esforzo e o compañeirismo non teñen idade. O equipo vai cargado de experiencia e, sobre todo, de moitas ganas de volver g***r na pista.💪🔥
A desfrutar do torneo,veteráns!!! 💚💛

SEGUIMOS CON….🤾‍♂️ HUGO “CHELAS”Se hai outra persoa comprometida con este club, ese é Hugo💚💛Leva anos compartindo pista,...
01/09/2026

SEGUIMOS CON….🤾‍♂️ HUGO “CHELAS”

Se hai outra persoa comprometida con este club, ese é Hugo💚💛

Leva anos compartindo pista, vestiario, risas, esforzos e momentos que non aparecen en ningunha estadística.

Un xogador que quizais non precise demasiados focos, porque os que compartiron equipo con él xa saben o que aporta.
Da casa. Dos nosos.
Dos que fan que un equipo sexa moito máis ca un grupo de xogadores.

Porque Hugo é deses que están, que suman e que fan club.

Hugo “Chelas”, un dos nosos.💚💛

RENOVADO!   MARTÍN 💚💛O noso Joan Pradells particular seguirá defendendo estas cores unha tempada máis. 🛡️💪Martín leva an...
29/08/2026

RENOVADO! MARTÍN 💚💛

O noso Joan Pradells particular seguirá defendendo estas cores unha tempada máis. 🛡️💪

Martín leva anos deixándose a pel en cada adestramento e en cada partido. Na pista é un dos nosos especialistas defensivos, un xogador clave para soster ao equipo nas fases máis duras do xogo, aínda que tampouco se lle caen os aneis se toca dar un paso adiante no ataque e botar unha man onde faga falta.

Confiamos en él porque sabemos todo o que achega en cada momento.

¡Seguimos, Martín! Contamos contigo para seguir loitando polo equipo nesta nova tempada. 🤾🏼‍♂️🔥

RENOVACIÓN /    RICHY E ROBER💚💛Hoxe tócalle a quenda a Richy e Rober, os nosos irmáns xemelgos e dominicanos de confianz...
28/08/2026

RENOVACIÓN / RICHY E ROBER💚💛

Hoxe tócalle a quenda a Richy e Rober, os nosos irmáns xemelgos e dominicanos de confianza! 🤾🏼‍♂️🇩🇴

Levan connosco desde cadetes, demostrando en cada adestramento e partido o que é a actitude, o compromiso e a entrega. Pero máis alá do seu traballo na pista, son enormes compañeiros e mellores persoas.

Un luxo seguir contando con vós un ano máis.

A seguir deixando a pel na pista!!💚💛💪🔥

JORGE VEGA!💚💛 Renova unha tempada máis! 🤾‍♂️🔥Para quen o viu crecer na nosa base non é ningunha sorpresa: Jorge leva o A...
27/08/2026

JORGE VEGA!💚💛

Renova unha tempada máis! 🤾‍♂️🔥

Para quen o viu crecer na nosa base non é ningunha sorpresa: Jorge leva o ADN do club no sangue. Asturiano de orixe pero máis galego que o pulpo á feira, a súa traxectoria reflicte o verdadeiro valor da nosa canteira.

Sempre co sorriso na boca e o vacile listo no vestiario, é deses xogadores que fan equipo e gardan o mellor ambiente antes de saltar á pista.

Sabemos do que é capaz con esta camisola e estamos listos para ver a súa mellor versión.

¡Orgullosos de que sigas connosco, Jorge! 💪💚💛

Dirección

Cabanas

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Balonmano Pontedeume publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Balonmano Pontedeume:

Atajos

Compartir