SASA Club Salvamento Sada

El Club Salvamento de Sada, SASA se formó en el año 2005 a partir de un pequeño grupo de nadadores procedentes de los cursos de la Piscina Municipal de Sada. El club se ha ido reforzando estos años con la incorporación de las nuevas promesas procedentes de los cursos de la Piscina Municipal de Sada y,desde hace varios años con los de la Piscina de La Barcala en Cambre.

Iniciamos unha semana a toda máquina; desde mañá martes ata o xoves, tres dos nosos xuvenís e un júnior, estarán en Razo...
31/08/2026

Iniciamos unha semana a toda máquina; desde mañá martes ata o xoves, tres dos nosos xuvenís e un júnior, estarán en Razo, Carballo, para o Campionato de España de Verán das súas categorías.
A continuación, a partir do venres e ata o domingo, será a quenda de nove dos nosos e nosas deportistas, que participarán no Campionato de España Absoluto de Verán de Praia.
Tedes toda a información desde estas ligazóns: https://rfess.es/eventos/###viii-campeonato-de-espana-juvenil-y-junior-de-playa/ e aquí https://rfess.es/eventos/###viii-campeonato-de-espana-absoluto-de-playa/
Ademáis poderédelos seguilos en directo desde a canle de You Tube da RFESS https://www.youtube.com/user/canalrfess
Moita sorte a todos e a divertirse¡¡¡💪💪🍀🍀

oficial

Recoñecemento para César Veira e Pablo Fernández polo seu gran traballo, a FESSGA elíxeos para a VI Xornada de Tecnifica...
12/08/2026

Recoñecemento para César Veira e Pablo Fernández polo seu gran traballo, a FESSGA elíxeos para a VI Xornada de Tecnificación en Xuvenil que se levará acabo en Cabana de Bergantiños o 22 e 23 de agosto.
Bravo, César y Pablo¡¡¡


@FESSGA

O noso Xuvenil, César Veira Quiñones, elixido pola RFESS para o seu grupo de seguimento de tecnificación de praia.Parabé...
07/08/2026

O noso Xuvenil, César Veira Quiñones, elixido pola RFESS para o seu grupo de seguimento de tecnificación de praia.
Parabéns, César, este é un gran recoñecemento ao teu esforzo e o teu gran traballo esta tempada👏👏👏


.oficial

Este sábado, día 1 de agosto, celebrouse, finalmente, na praia de Oza, A Coruña, o Festival Alevín de Praia que fora pos...
04/08/2026

Este sábado, día 1 de agosto, celebrouse, finalmente, na praia de Oza, A Coruña, o Festival Alevín de Praia que fora posposto anteriormente pola onda de calor. Nel participou unicamente un dos nosos deportistas, Iker Fernández, na que foi a súa última actuación nesta categoría. Iker tivo unha actuación moi salientable, como é habitual.
O día anterior, el e os seus compañeiros infantís e cadetes participaban tamén nas SASAOLIMPIADAS, un campionato por equipos, na praia de Cirro, organizado polos seus adestradores Elsa e Hugo, e que serviu para despedir esta tempada, que acaba xa para estas categorías. Verémosvos de novo en setembro; gran traballo, chic@s¡¡¡



Fantástica representación a dos nosos e as nosas deportistas, cun gran traballo reflectido en varios postos Top Ten, no ...
20/07/2026

Fantástica representación a dos nosos e as nosas deportistas, cun gran traballo reflectido en varios postos Top Ten, no I Campionato de España estival de Praia celebrado esta fin de semana en Noja, Cantabria, e no que estaban inscritos preto de 500 deportistas dun total de 44 clubs (o maior número deles, 9, pertencentes a Galicia)
Tratábase dun Campionato con formato Open, aberto a participantes doutros países (Francia, Bélxica e Italia) e no que unicamente había probas individuais.
Estes eran os resultados dos e as deportistas que puntuaban por parte do Club Salvamento Sada, por probas e categorías.

Carreira con Ski: Quinto posto de César Veira en Xuvenil e décimo cuarto de Lucía Díaz en Absoluto.
Carreira con Táboa: Décimo posto de César en Xuvenil.
Sprint: Décimo posto de Irene Lasarte en Absoluto.
Nadar Surf: Décimo sexto posto de Marta Couceiro en Absoluto.
Ocean: Oitavo posto de César en Xuvenil.
Bandeiras: Lola Rodríguez quedaba ás portas de puntuar e Pablo Fernández era oitavo, en Xuvenil. En Absoluto, Rober Muiños era décimo cuarto.

Podedes ver os Resultados completos na nosa web, faltan algúns arquivos, de modo que desde esta ligazón da RFESS podedes ver desde os resultados en vivo, as series, as semifinais e as finais respectivas https://rfess.es/eventos/i-campeonato-de-espana-estival-de-playa-open/
Noraboa a tod@s nos@s participantes👏👏👏



.oficial

Moi boa actuación a dos nosos deportistas nos Campionatos Galegos de Verán celebrados na praia do Orzán, A Coruña, este ...
14/07/2026

Moi boa actuación a dos nosos deportistas nos Campionatos Galegos de Verán celebrados na praia do Orzán, A Coruña, este longo fin de semana.
Nesta ocasión, e debido á anulación do Campionato Infantil-Cadete a semana anterior debido á onda de calor, esta fin de semana celebrábanse de xeito conxunto os de todas as categorías, excepto a de Máster. O venres era a quenda do Xuvenil-Júnior, que continuaría ao día seguinte sumándose os Infantís e Absolutos, para finalizar o domingo, de novo cos Absolutos, aos que se sumaban os Cadetes.
Dúas medallas no Xuvenil-Júnior, o Ouro en Carreira con Ski de César Veira, que tivo unha gran actuación en todo o campionato, participando ademais tamén no Absoluto, e o bronce de Pablo Fernández en Sprint xunto cos dous Bronces en Absoluto, o de Marta Couceiro en Nadar Surf e o de Irene Lasarte en Sprint formaban o medalleiro do Club Salvamento Sada nestes campionatos.
O Campionato Absoluto, ademais, tiña formato de Open, coa participación de varios deportistas de clubs doutras comunidades autónomas.
Os nosos parabéns a deportistas e corpo técnico polos resultados, esta próxima fin de semana, moitos dos Xuvenís, Júnior e Absoluto viaxarán a Noja, Cantabria, para participar no Campionato de España Estival, que tamén ten formato de Open e onde seguro tamén o darán todo, como sempre.
Tamén queremos dar as grazas ao noso novo patrocinador, Finsega Inmobiliaria, https://www.finsega.com/ ao que desde aquí damos a benvida ao noso equipo, desexando que sexa unha colaboración longa e frutífera, grazas polo voso apoio ao deporte do salvamento e socorrismo e ao noso club.
A falta dos resultados da Clasificación Xeral, nosos e as nosas deportistas que lograban puntuar eran os seguintes, por categoría e probas, cos medalleiros correspondentes:

INFANTIL
Banderas: Ainhoa Sarai López, cuarta
Relevo de Táboa, as chicas, Ainhoa Sarai, Verónica Pereira e Dafne Sande, eran quintas e no de Sprint, as anteriores xunto con Xoana Suárez, eran sextas.

CADETE
Só participaban deportistas femininas
Relevo de Táboa, as chicas, Sabela Fernández, Olivia Menéndez e Alba López eran sextas. Na Relevo de Salvamento con Tubo, Sabela, Alba, Carme Martínez e Carla Cachaza, eran sétimas. No Relevo Rescate con Táboa, Sabela e Olivia eran novenas.

XUVENIL-JÚNIOR
Carreira con Ski: César Veira era primeiro en Xuvenil.
Sprint: Pablo Fernández era terceiro, Manuel Fernández, décimo e Lola Rodríguez, décimo terceira, en Xuvenil.
Carreira con Táboa: César era oitavo, en Xuvenil e Diego Pena, noveno, en Júnior.
Ocean: César era sexto en Xuvenil.
Bandeiras: cuarto posto de Manuel Fernández, en Xuvenil.
Relevo Sprint: os irmáns Fernández, Manuel e Pablo, César e Hadrián Gago, eran quintos, en Xuvenil.
Relevo Rescate con Táboa: César e Pablo eran décimos, en Xuvenil

MEDALLEIRO
César Veira
• Medalla de Oro en Carreira con Ski Xuvenil Masculino
Pablo Fernández
• Medalla de Bronce en Sprint Xuvenil Masculino

ABSOLUTO
Carreira con Táboa: Diego Pena era décimo séptimo, aínda que en realidade na clasificación ten unha puntuación de décimo cuarto ao haber por encima tres representantes doutros clubs non autonómicos, xa que este Campionato tiña a modalidade Open.
Nadar Surf: Marta Couceiro era terceira e Lucía Díaz sería décimo sexta ao ter dous representantes non autonómicos por encima.
Sprint: Terceiro posto para Irene Lasarte, decimosegundo para Noa Sande e décimo sexto para Enya Rumbo (as tres aparecen cunha posición máis nos resultados ao ter por encima a unha deportista non autonómica)
Carreira con Ski: Lucía era novena, Elsa, décima e Noa, décimo terceira, non deixaba xa puntuar a Irene e Enta, décimo cuarta e décimo quinta, respectivamente. César Veira, era décimo quinto.
Bandeiras: sexto posto de Irene, décimo terceiro de Noa, descontando as deportistas non autonómicas; sétimo de Hugo Castro e decimosegundo de Pablo Polanco.
Ocean: César era decimosegundo.
Relevo Táboa: as chicas, Elsa Cabezas, Lucía e Enya Rumbo eran sétimas e os chicos, César Veira, Diego e Sergio Castelo rozaban a medalla cun cuarto posto.
Relevo Sprint: as chicas, Irene, Noa, Enya e Sira Menéndez, eran quintas; os chicos, Diego, Hugo, Sergio e Pablo Polanco, quedaban aínda máis preto da medalla cun cuarto posto.
Relevo Ski: as chicas, Irene, Lucía e Noa eran quintas e os chicos, Pablo Méndez, César e Tomás Veira, sextos.
Relevo Rescate con Táboa: as chicas, Marta e Enya eran sétimas e os chicos, Diego e César, oitavos.
Relevo Ocean, as chicas, Irene, Elsa, Lucía e Noa, eran quintas e eles, Sergio, Hugo, César e Diego, sextos. No Ocean Mixto, quinto posto de Marta, Elsa, Hugo e César.

MEDALLEIRO
Marta Couceiro
• Medalla de Bronce en Nadar Surf Absoluto Feminino
Irene Lasarte
• Medalla de Bronce en Sprint Absoluto Feminino



Dirección

Sada

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando SASA Club Salvamento Sada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a SASA Club Salvamento Sada:

Atajos

Compartir