04/02/2026
Luis Penido recoñecido como Deportista de Alto Nivel polo Consello Superior de Deportes
O Boletín Oficial do Estado (BOE) ven de publicar a resolución do Consello Superior de Deportes (CSD) coa relación de novos deportistas que cumpliron os criterios para obter a consideración de deportistas de alto nivel, en virtude dos seus resultados deportivos internacionáis en 2025. No mencionado listado aparecen duas destacadas figuras actuáis do automobilismo galego, como son o compostelán Luis Penido e o xoven silledense Christian Costoya.
Todo un orgullo ter recibido o recoñecemento do CSD polos nosos éxitos no 2025, onde acadamos por primeira vez na historia que un piloto galego se alzase co título de Campión de Europa de Montaña. Cabe reseñar que xa obtiveron esta consideración de Deportistas de Alto Nivel figuras do automobilismo como os pilotos de F1, Fernando Alonso ou Marc Gené, ou figuras do mundo dos ralies como Dani Sordo, Chus Puras ou Antonio Zanini. Ademáis, o feito de entrar neste listado xunto a unha xove promesa do automibilismo, como Christian Costoya, amosa que a idade no é ningún impedimento para seguir soñando e pelexando por triunfos e éxitos deportivos.
Por último, resaltar o trabajo de tódolos membros do equipo e dos nosos patrocinadores, que levan anos apoiando, e sin os que non sería posible acadar tantos títulos e recoñecementos nos últimos anos.
Grafideluxe
deputaciondacoruna
rfeda
fga
VallejoRacing
CompostelaMonumental
LuisPenidoRallyTeam