Concellería de Deportes de Xinzo de Limia

Concellería de Deportes de Xinzo de Limia Página da Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

💦 ¡Xa o estabades esperando!Chega o momento de volver á piscina e poñernos en movemento! 🏊‍♀️💪Este luns 21 abrimos as in...
14/09/2026

💦 ¡Xa o estabades esperando!

Chega o momento de volver á piscina e poñernos en movemento! 🏊‍♀️💪

Este luns 21 abrimos as inscricións para os cursos e actividades dirixidas da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia: natación, aquagym, pilates, aerobic-zumba e ximnasia de mantemento.

📍 Inscrición presencial na Piscina Climatizada
⚠️ Prazas limitadas

Preparados? Nós xa temos ganas de empezar! 💙
Deporte e saúde. Agardámoste!

🏍️ XOGANDO COAS MOTOS 🏁Hoxe gozamos en Xinzo dunha xornada moi especial de Xogando coas Motos, achegando aos máis pequen...
12/09/2026

🏍️ XOGANDO COAS MOTOS 🏁

Hoxe gozamos en Xinzo dunha xornada moi especial de Xogando coas Motos, achegando aos máis pequenos ao mundo do motociclismo dun xeito divertido, seguro e educativo.

E tivemos un acompañante de luxo: Martín Portela Barreiro, piloto de Xinzo e campión de España de Minivelocidade 2025 en Minimoto 110 4T 🏆🏍️. Todo un referente para os máis novos e un orgullo para o deporte da Limia.

Unha actividade realizada en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, apostando polo deporte de base e por ofrecer novas experiencias aos nosos nenos e nenas.

📸 Deixámosvos algunhas imaxes dunha xornada para g***r, aprender e compartir a paixón polas dúas rodas!

🏍️ XOGADE COAS MOTOS CHEGA A XINZO DE LIMIA! 🏁O vindeiro 12 de setembro, Xinzo de Limia acolle unha nova parada da Xira ...
31/08/2026

🏍️ XOGADE COAS MOTOS CHEGA A XINZO DE LIMIA! 🏁

O vindeiro 12 de setembro, Xinzo de Limia acolle unha nova parada da Xira Xogade coas Motos 2026, unha actividade pensada para que os máis novos poidan achegarse ao mundo do motociclismo dun xeito divertido e formativo. 🏍️💨

📍 Lugar: Aparcadoiro do IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia
📅 Data: 12 de setembro
👧🧒 Idades: de 6 anos cumpridos ata 15 anos
📝 Inscricións abertas desde hoxe, 31 de agosto, ás 11:00 h.

👉 INSCRICIÓNS:
www.xogadecoasmotos.com/xogade-xinzo-de-limia⁠

⚠️ Prazas limitadas. Non quedes sen a túa!

Unha oportunidade para aprender, divertirse e descubrir o motociclismo da man de profesionais. 🙌

🔥 XINZO FIT  - LA REGIÓN EN MARCHA 🔥¡Así se está viviendo Xinzo Fit ahora mismo! 💪🔥Os dejamos algunas fotos de la sesión...
27/08/2026

🔥 XINZO FIT - LA REGIÓN EN MARCHA 🔥

¡Así se está viviendo Xinzo Fit ahora mismo! 💪🔥

Os dejamos algunas fotos de la sesión de hoy con nuestra monitora Yuri. Entrenamiento, energía y muy buen ambiente. 🙌
+Deporte
La Región

¡Seguimos! 💥💪

VidaActiva

⚠️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN ⚠️🌧️ Debido ás condicións meteorolóxicas, a actividade de ZUMBA de +Deporte La Región prevista...
27/08/2026

⚠️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN ⚠️

🌧️ Debido ás condicións meteorolóxicas, a actividade de ZUMBA de +Deporte La Región prevista para hoxe cambia de ubicación.

📍 NOVA LOCALIZACIÓN: Instituto Cidade de Antioquia
📅 Xoves, 27 de agosto
🕗 20:00 h

💃 O tempo non nos para! 🙌

🎁 Ademais, haberá agasallo para todos/as os/as participantes inscritos.

📢 Axúdanos a compartir para que todo o mundo coñeza o cambio de ubicación!

⚽️⚽️⚽️⚽️Hoxe puxemos o broche final ao Campus de Fútbol do RC Celta, no que participaron máis de 50 nenos e nenas, desfr...
31/07/2026

⚽️⚽️⚽️⚽️
Hoxe puxemos o broche final ao Campus de Fútbol do RC Celta, no que participaron máis de 50 nenos e nenas, desfrutando durante estes días dunha experiencia inesquecible de deporte, aprendizaxe e diversión.
A xornada de clausura contou coa presenza da concelleira de Deportes, Cristina Campero, que participou na entrega de diplomas e agasallos aos participantes.
Desde a Concellería de Deportes queremos agradecer ao RC Celta de Vigo por confiar, un ano máis, nas nosas instalacións para a celebración deste campus, así como a todas as familias e aos nenos e nenas pola súa participación, ilusión e excelente comportamento ao longo de toda a semana.
¡Grazas a todos e vémonos na próxima edición! 🩵⚽
Celta
celta de vigo

🏇 A Doma Clásica foi a protagonista esta fin de semana no Hipódromo de Antela.As instalacións do Club Deportivo Ecuestre...
27/07/2026

🏇 A Doma Clásica foi a protagonista esta fin de semana no Hipódromo de Antela.

As instalacións do Club Deportivo Ecuestre de Ourense, situadas no Hipódromo de Antela , acolleron a segunda e última xornada da Copa Galega de Doma Clásica, unha competición que reuniu a xinetes e amazonas de toda Galicia e na que se decidiron as persoas vencedoras das distintas categorías.

Esta cita deportiva serviu, ademais, como antesala do Campionato Galego de Doma Clásica, que terá lugar a vindeira fin de semana no mesmo escenario.

👏 Parabéns a todas as persoas participantes, á organización e ao público asistente por facer posible unha magnífica fin de semana de deporte ecuestre.

Jockey Club Galicia

25/07/2026
🏐✨ Esta semana Seguimos desfrutando dun verán cheo de deporte no Campamento Onte foi a quenda do voleibol, nunha xornada...
25/07/2026

🏐✨ Esta semana Seguimos desfrutando dun verán cheo de deporte no Campamento

Onte foi a quenda do voleibol, nunha xornada na que os rapaces e rapazas puideron aprender, xogar e, sobre todo, pasalo en grande da man dos técnicos da Federación Galega de Voleibol.

Esta actividade forma parte do Programa de Fomento Deportivo da Deputación de Ourense, unha iniciativa que achega distintas modalidades deportivas aos máis novos, fomentando valores como o compañeirismo, o respecto e os hábitos de vida saudables.

👏 Queremos expresar o noso agradecemento á Deputación de Ourense e á Federación Galega de Voleibol polo seu compromiso co deporte base e, de maneira especial, polos agasallos entregados aos participantes, un detalle que foi moi ben recibido por todos.
Federación Galega de Voleibol
Deportes - Deputación de Ourense

Dirección

Calle Dos De Mayo
Xinzo De Limia
32630

Teléfono

+34988461020

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concellería de Deportes de Xinzo de Limia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Concellería de Deportes de Xinzo de Limia:

Atajos

Compartir

Categoría