06/07/2026
🔥 Remata a Liga Galega de Aire Libre 2025/26!
Esta fin de semana disputouse en Ponteceso o Trofeo Federación, quinta e última xornada da Liga Galega de Aire Libre, organizada polos nosos veciños de Flechas por un Tubo no campo municipal do Pinguel.
A competición estivo marcada pola alerta vermella por altas temperaturas, pero grazas á magnífica organización do club anfitrión a xornada desenvolveuse con total normalidade. O noso agradecemento polo gran traballo realizado.
🏹 No deportivo, o Club Dous X Setenta volveu demostrar o excelente momento que atravesa.
Os grandes protagonistas foron, unha vez máis, Yago Rellán e Nico Soto, que volveron afrontar o reto de competir en dúas categorías durante a mesma fin de semana.
🥇 Yago proclamouse vencedor da categoría Sub15 cunha fantástica puntuación de 651 puntos. O domingo disputou a súa terceira competición da tempada en Sub18, unha categoría na que segue demostrando que tamén pode competir cos mellores. Nunha clasificación unificada entre homes e mulleres, finalizou 2º absoluto, só por detrás de Lúa Teijeiro (Arco Narón), sendo o 1º clasificado masculino.
🥈 Nico foi segundo en Sub15 con 630 puntos e o domingo deu un paso máis na súa progresión deportiva debutando na categoría sénior, competindo por primeira vez á distancia olímpica de 70 metros. O resultado non puido ser mellor: confirmou a súa clasificación para o Campionato de España sénior ao conseguir a marca mínima no seu debut a 70 metros, rematou nun magnífico quinto posto con 540 puntos e, ademais, protagonizou un simpático (según fontes ben informadas para seu pai non foi tan simpático 😅) duelo familiar superando por primeira vez ao seu pai, Manuel Soto, que finalizou sétimo.
Con esta competición o noso club conta xa con seis prazas conseguidas para os Campionatos de España, correspondentes a cinco arqueiros:
🏹 Sub15:
▪️ Yago Rellán
▪️ Nico Soto
▪️ Antón García
🏹 Sénior:
▪️ José Vázquez
▪️ Manuel Soto
▪️ Nico Soto
Ademais, tanto Nico como Yago conseguiron tamén a mínima para participar na categoría Sub18, aínda que renunciarán a esa praza ao coincidir o Campionato de España Sub18 co Sub15, categoría na que centrarán todos os seus esforzos.
Estes foron os resultados do resto da expedición do Dous X Setenta:
🏹 Alevín masculino
▪️ Ángel Suárez, 4º clasificado, asinando ademais a súa mellor puntuación da tempada, unha mostra máis da excelente progresión que está a experimentar.
🏹 Sub15 masculino
▪️ Antón García, 5º clasificado.
🏹 Sub21 feminino
▪️ Paula Vázquez, 2ª clasificada.
🏹 Sénior masculino
▪️ Nico Soto, 5º.
▪️ José Vázquez, 6º.
▪️ Manuel Soto, 7º.
▪️ Manuel Rellán, 17º.
🏹 Veteranos +50 masculino
▪️ Víctor Santos, 6º clasificado.
🏹 Veteranas +50 feminino
▪️ Adoración Lavandeira, 3ª clasificada.
Parabéns a todos os nosos arqueiros e arqueiras polo gran traballo realizado durante toda a tempada. Agora toca preparar o tramo máis importante do ano, cos Campionatos de España xa no horizonte.
💙🖤🏹
Gerca Acero y Metal
Concello de Vimianzo