25/08/2026
Estamos a piques de arrancar o segundo curso deste proxecto tan bonito e non quería comezalo sen facer unha pequena reflexión sobre o que supuxo este primeiro ano da escola.
O certo é que estas palabras quería deixalas por aquí ao rematar o primeiro curso, pero finais de xullo veu cargado de incidencias de saúde no meu ámbito familiar, que fixeron que escribir este post quedase nun segundo plano.
Así que aproveito este novo arranque para mirar cara atrás e dicir simplemente: GRAZAS.
Cando comecei este proxecto tiña moitísima ilusión, pero a realidade superou con creces todas as expectativas que tiña.
Estou inmensamente feliz e agradecida pola acollida que tivo a escola, por cada persoa que confiou en min, por cada grupo que fomos formando e por todo o que fomos construíndo xuntos ao longo deste primeiro ano.
E se algo teño claro é que isto non fixo máis que comezar.
Arranco este segundo curso con moitísimas ganas, moitísima ilusión e o compromiso de seguir formándome, aprendendo e mellorando para poder acompañarvos cada vez mellor.
Grazas por facer posible este primeiro ano e por formar parte deste proxecto.
E agora... a por un novo curso! 💪🏼✨