20/06/2026
🔵SEGUNDA PROBA EN AS PONTES! 🏁
O vindeiro 5 de xullo de 2026 chega unha das citas máis agardadas do motor autonómico: As Pontes II, correspondente ao Campionato Galego de Velocidade - Xunta de Galicia 2026.
Os mellores pilotos mediranse no Circuíto das Pontes nas seguintes categorías:
🏆 Clásicas SP / Clásicas 2T / SBK
🏆 Minimotos 4.2 / MiniGp 160 / MiniGp 110
⚠️ INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS INSCRICIÓNs:
Se vas competir, ten moi en conta os prazos do calendario de inscrición para non quedar fóra:
➡️ Data inicio recarga nas inscricións: Luns, 29 de xuño ás 15:00h.
➡️ Data de peche das inscricións: Venres, 3 de xullo ás 10:00h.
➡️ Peche de licenzas para 1 proba: Venres, 3 de xullo ás 10:00h.
📞 Tes algunha dúbida? Contacta coa FGM:
☎️ 986 224 549 / 604 045 243
💬 WhatsApp: 698 144 717
📧 [email protected]
Organiza: TMSR e CUP DANI RIVAS, co apoio de Motul .
Non deixedes as inscricións para o último momento! Vémonos nas Pontes para vivir a máxima velocidade sobre dúas rodas. 🏁🔥