A Federación Galega de Montañismo (FGM) é unha entidade privada, de utilidade pública, sen ánimo de lucro, que goza de personalidade xurídica, patrimonio propio e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. A FGM reúne dentro do territorio galego, ás asociacións, clubs deportivos, técnicos/as, xuíces/zas e árbitros/as e deportistas, dedicados á práctica ou competición dos deportes de montaña ou escalada en todas e cada unha das modalidades que máis adiante se especifican. A FGM declárase á marxe de calquera afiliación política, confesión relixiosa ou clasificación social e rexerase polo disposto na Lei 3/2012 do 2 de abril do deporte de Galicia, polas súas normas de desenvolvemento, por estes estatutos e os regulamentos debidamente aprobados e polas demais normas legais ou federativas que resulten aplicables. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. A FGM tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular. Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia. Réxime legal aplicable (relación da lexislación máis importante):
◦Lei 11/1997 Lei Galega do Deporte e Lei 10/1990 do Deporte a nivel estatal.
◦Real Decreto 228/1994 de Federacións Deportivas Galegas e Real Decreto 1835/1991 de Federacións Deportivas a nivel estatal.
◦Lei Orgánica 1/2002 reguladora do dereito de Asociacións.
◦R.D.L. 1497/2003 de 28 de novembro que desenvolve o Regulamento de Asociacións.
◦A súa contabilidade e fiscalidade está suxeita ás normas xerais e a normas particulares para Federacións Deportivas e Organizacións Non Gubernamentais (ONG).