12/10/2026
O lindy hop naceu no Harlem dos anos 30 ao ritmo da música swing, un subxénero dentro do jazz. Comparte con este estilo musical a improvisación, o diálogo e a liberdade de expresión.
Neste nivel comezamos dende cero para aprender os pasos básicos, a técnica da conexión coa parella, e tamén a comprender os fundamentos musicais que rixen a música e como a conectamos co noso movemento corporal. Para quen xa baila lindy hop, tamén temos un nivel intermedio para afianzar as bases, e dous grupos de nivel challenge para traballar duro e saír da zona de confort.
Tódalas clases de lindy hop son impartidas por Andrea Costa 🌹andrea🌹 , Carlos Tomico Carlos Tomico e Jorge Patiño .patinop en diferentes combinaciones. Os tres forman parte da escola Swing On Vigo especializada en bailes swing e jazz, que leva máis dunha década difundindo a cultura do swing e o jazz en Vigo e arredores.