Federacion Galega de Surf

Federacion Galega de Surf Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Federacion Galega de Surf, Instalación deportiva y de ocio, Calle Fotógrafo Luís Ksado, 17, Vigo.

🗳️ Eleccións 2026 – Federación Galega de Surf📌 A Federación Galega de Surf inicia o proceso electoral para o período 202...
15/04/2026

🗳️ Eleccións 2026 – Federación Galega de Surf

📌 A Federación Galega de Surf inicia o proceso electoral para o período 2026–2029, no que se elixirán:

➡️ Membros da Asemblea Xeral (20 representantes de clubs, deportistas, adestradores/as e xuíces)
➡️ A Presidencia da Federación
➡️ A Comisión Delegada

📩 As candidaturas deberán presentarse ante a Xunta Electoral nos prazos establecidos.

🏛️ Co inicio do proceso electoral, a Xunta Directiva saliente cesa nas súas funcións e será substituída por unha Comisión Xestora que garante a neutralidade e o correcto desenvolvemento do proceso.

🙏 A Xunta Directiva agradece o apoio recibido de clubs, deportistas, técnicos, xuíces e familias durante a súa etapa de xestión.



📄 Toda a información dispoñible na web oficial “ELECCIÓNS 2026” e na sección de novas.



📅 Datas clave
• 15 abr: inicio do proceso electoral
• 20 maio: candidaturas Asemblea Xeral
• 20 xuño: eleccións Asemblea
• 17 xullo: toma de posesión Asemblea
• 1 set: elección Presidencia
• 9–18 set: toma de posesión Presidencia



📅 LIGAS GALEGAS DE SURF 🏄‍♂️ Xa temos aprobado es dispoñible o calendario do 2026, donde teremos probas de todas as moda...
24/02/2026

📅 LIGAS GALEGAS DE SURF 🏄‍♂️

Xa temos aprobado es dispoñible o calendario do 2026, donde teremos probas de todas as modalidades.

Pronto comeza o espectáculo! 👌



🚨 Comunicado sobre as Alertas Meteorolóxicas:Durante esta semana pasada realizouse unha reunión a tres: federacións náut...
08/02/2026

🚨 Comunicado sobre as Alertas Meteorolóxicas:

Durante esta semana pasada realizouse unha reunión a tres: federacións náuticas deportivas, Secretaria Xeral para o Deporte e Emerxencias Galicia 112, onde fixéronse avances positivos para a realización dun protocolo axustado a práctica dos deportes náuticos, que por motivos administrativos foron parados e estamos a espera para a súa implementación.

Dentro de este avance establecéronse uns valores específicos de vento, visibilidade e tamaño de ondas para cada disciplina deportiva e, no caso do Surfing, tamén estableceuse unha liña de traballo para definir as condicións de alerta de xeito singular a cada zona de práctica ou praia.

As federacións náuticas queremos mostrar a nosa preocupación pola situación que están vivindo os nosos clubes e deportistas, que de forma incoherente está producindo unha visión de inseguridade dos deportes náuticos, cando en Galicia temos o privilexio de poder practicalos de forma segura casi os 365 días do ano.

Nos próximos días esperamos avanzar no traballo coas administracións, coa finalidade de implantar un protocolo axustado a realidade da nosa actividade canto antes.

⭐️ Dende a Federación Galega de Surf queremos enviar todo o noso ánimo e forza a Candela  , a súa familia e ao seu clube...
05/02/2026

⭐️ Dende a Federación Galega de Surf queremos enviar todo o noso ánimo e forza a Candela , a súa familia e ao seu clube neste momento complicado. Toda a comunidade do surf galego está contigo!!Acompañándote e apoiándote. Seguimos xuntas e xuntos, empurrando na mesma dirección. Moita forza, Candela. 🌊💪

📢 Actualización sobre o protocolo de alertas meteorolóxicas e a práctica do surf en Galicia 🌊⚠️Dende que compartimos o n...
28/01/2026

📢 Actualización sobre o protocolo de alertas meteorolóxicas e a práctica do surf en Galicia 🌊⚠️

Dende que compartimos o noso comunicado en novembro pasado, estivemos en contacto continuo coa Secretaría Xeral para o Deporte, federacións náuticas galegas, UFEDEGA e o Concello da Coruña para falar abertamente sobre como as alertas meteorolóxicas están a afectar á práctica dos deportes de mar.

A día de hoxe, o protocolo segue aplicándose tal e como está, baseado nos niveis de alerta de AEMET e MeteoGalicia, sen cambios efectivos que teñan en conta as particularidades de deportes como o surf.

Na última reunión desta semana confirmouse que o proceso de revisión xa arrancou, a Secretaria Xeral para o Deporte está pola labor de adaptar o protocolo ás nosas necesidades; pero aínda non se materializaron as propostas feitas e acordadas para mellorar a situación sobre o terreo.

🔜 Confiamos en que este traballo avance nos vindeiros pasos e sirva para construír un marco máis xusto e equilibrado para todas e todos.

Seguimos defendendo o mesmo que dende o principio: a seguridade é fundamental, pero tamén o é poder practicar o surf en lugares seguros, aproveitando a orografía e batimetría do litoral galego, co potencial de permitir a práctica das modalidades do Surfing prácticamente os 365 días do ano.

💙 Estamos coa comunidade surfista (clubs, federados, deportistas e surfistas libres), e imos seguir empurrando para mostrar a realidade da nosa disciplina co fin que esta situación teña unha solución que nos coide e respecte a todas e todos.

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:✅ Seguro médico✅ Participación en com...
09/01/2026

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026

Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:

✅ Seguro médico
✅ Participación en competiciones oficiales autonómicas y nacionales
✅ Pertenecer a una comunidad de más de 50.000 deportistas
✅ Descuentos FGS+
✅ Y muchos más beneficios

📅 Vigencia hasta el 31/12/2026
👶🧑 Existen distintos tipos de licencia según edades

⚠️ Recuerda: sin licencia en vigor no se podrá competir durante el año en pruebas oficiales.

👉 Tramítala desde el apartado “Federate” da nosa web (link na bio e historia)

📩 Para cualquier duda, consulta nuestros canales oficiales.

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:✅ Seguro médico✅ Participación en com...
09/01/2026

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026

Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:

✅ Seguro médico
✅ Participación en competiciones oficiales autonómicas y nacionales
✅ Pertenecer a una comunidad de más de 50.000 deportistas
✅ Descuentos FGS+
✅ Y muchos más beneficios

📅 Vigencia hasta el 31/12/2026
👶🧑 Existen distintos tipos de licencia según edades

⚠️ Recuerda: sin licencia en vigor no se podrá competir durante el año en pruebas oficiales.

👉 Tramítala desde el apartado “Federate” na nosa web (links na biografía e historia)

📩 Para cualquier duda, consulta nuestros canales oficiales.

26/11/2025

🌊 ENCE Mares de Inclusión 2025

Este ano, máis de 150 nenos e mozas de Pontevedra, Redondela e Tomiño descubriron o surf como ferramentas de inclusión, aprendizaxe e benestar grazas ao proxecto ENCE “Mares de Inclusión”, impulsado pola Federación Galega de Surf en colaboración con Quenlla Surf Clube.

🏄‍♂️ Actividade física, autoestima e valores como o esforzo e o traballo en equipo.
🌱 Educación ambiental con obradoiros e limpezas de praias.
🤝 Un proxecto que fortalece a comunidade, apoia ás familias e promove a igualdade de oportunidades.

Un 2025 cheo de impacto social e boas ondas ✨
Grazas a ENCE, ás familias e a todo o voluntariado por facelo posible! Grazas tamén as asociacións Aldeas Infantiles e Asociación Aldaba ❤️






🌊 Volve a Liga Galega de Surf Kids & Junior!Este fin de semana a acción chega á Praia de Bastiagueiro (Oleiros)📅 29–30 d...
25/11/2025

🌊 Volve a Liga Galega de Surf Kids & Junior!
Este fin de semana a acción chega á Praia de Bastiagueiro (Oleiros)

📅 29–30 de novembro
📍 Praia de Bastiagueiro – Oleiros (A Coruña)
⏱ Horarios dispoñibles o venres 28

📝 Inscricións ata o xoves 27 ás 23:55 h
Formulario: (link na historia ou biografía)
💳 Pago ata o venres 28 ás 13:00 h
Con técnico: 20€ | Sen técnico: 25€

⚠️ É obrigatorio ter a licenza federativa 2025 en regra.
📄 Enviar autorización de menores (se procede).

📞 Info: 652 445 806 / 600 530 771

🏄‍♂️🏄‍♀️ Organizán:
Colaboran: , .supermercados , , , .

‼️ ATENCIÓN‼️As condicións de ondas e meteorolóxicas previstas para esta fin de semana non son axeitadas para garantir u...
11/11/2025

‼️ ATENCIÓN‼️

As condicións de ondas e meteorolóxicas previstas para esta fin de semana non son axeitadas para garantir un campionato en boas condicións e, ademais, existen compromisos nacionais e internacionais nos que están ou poden estar presentes algúns dos nosos/as competidores/as. Por este motivo, dende a Federación Galega de Surf e o club organizador decidimos aprazar a proba da Liga Galega prevista na praia de Patos.

Estamos chegando ao final de tempada e aínda quedan probas por realizar: Liga Galega Junior e Kids de Patos e Bastiagueiro e a Liga Galega Open de Surf e Bodyboard na praia de Baldaio. A intención da FGS é tentar respectar o calendario previsto, pero estudando en cada caso as condicións de mar e tempo para garantir o mellor escenario deportivo posible.

📅 Cada campionato será anunciado polos nosos canais oficiais con tempo suficiente para que deportistas, clubs e familias poidan organizarse.

Grazas pola comprensión e polo apoio continuo ao surf galego 🌊💙

Dirección

Calle Fotógrafo Luís Ksado, 17
Vigo
36209

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00

Teléfono

+34986239095

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Federacion Galega de Surf publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Federacion Galega de Surf:

Compartir