Seis Do Nadal Coia

Seis Do Nadal Coia Club Balonmán Seis do Nadal Coia. Disfrutando balonmán desde 1983. Club Balonmán Seis do Nadal - Coia

🎊 FESTA DO CLUB🎅🏼O vindeiro sábado pola tarde celebraremos a xuntanza de Nadal do noso club. A partir das 17.00h pasarem...
25/12/2025

🎊 FESTA DO CLUB🎅🏼

O vindeiro sábado pola tarde celebraremos a xuntanza de Nadal do noso club. A partir das 17.00h pasaremos unha tarde chea de balonmán con partidos moi especiais. O programa previsto é o seguinte:

17:00-17:30: ALEVÍN MIXTO Vs ALEVÍN MIXTO
17:30-18:00: CADETE MIXTO Vs CADETE MIXTO
18:00-18:30: XUVENIL MIXTO Vs XUVENIL MIXTO
18:30-19:15: BENXAMÍNS Vs NAIS / PAIS
19:15- 19:45: INFANTIL MIXTO Vs INFANTIL MIXTO
19:45-20:15: FOTO DE FAMILIA/SORTEOS/AGASALLOS
20:15-20:45: SENIOR MIXTO Vs SENIOR MIXTO
20:45-21:15: SENIOR MIXTO Vs ADESTRADORES

Teredes a oportunidade de xogar ao canto doutros compañeiros e compañeiras nun ambiente festivo. Durante toda a tarde sortearemos agasallos entre os presentes, teredes a oportunidade de mercar e intercambiar cromos para avanzar na vosa colección, e faremos a foto de familia desta tempada.

Agardámosvos a todos no pavillón de Coia!

🎊 FESTA DE NADAL🎅🏼Despois de resolver moitas incognitas, por fin podemos anunciarvos esta gran noticia!Reservade a tarde...
22/12/2025

🎊 FESTA DE NADAL🎅🏼

Despois de resolver moitas incognitas, por fin podemos anunciarvos esta gran noticia!

Reservade a tarde do próximo Sábado 27 de Decembro para achegarvos ao Pavillón de Coia para g***r dun clásico da nosa historia:

• Partidos
• Tenda
• Sobres e cromos
• Sorteos
• Foto de Familia

Próximamente máis detalles!

𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢 🎟️Xa temos a rifa premiada coa camiseta do 🐃 de Tomiño!Número premiado: 1483Fecha límite: 24/12/2025 - 23:59Ponte...
21/12/2025

𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢 🎟️

Xa temos a rifa premiada coa camiseta do 🐃 de Tomiño!

Número premiado: 1483

Fecha límite: 24/12/2025 - 23:59

Ponte en contacto con nos no caso de ter o número agraciado!


🤾🏻‍♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨Voltamos as pistas! Arranca a 2ª fase para os equipos que loitaran pola liga Prata! Ach...
10/12/2025

🤾🏻‍♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨

Voltamos as pistas!

Arranca a 2ª fase para os equipos que loitaran pola liga Prata!

Achégate o Sábado a As Travesas para o debut do Infantil Masculino no derbi ante o Reconquista e o Domingo ao Complexo Deportivo Balaidos para alenta ás cadetes fronte ao Caselas!

O Infantil Feminino comezará a loita polo título da Liga Prata o sábado en A Coruña ante o Linea 21.

Moita sorte a todxs! 🤞🏼🩵





.es .oficial

🔙 RETRINCOS DA LENDA 📜Aproveitamos o parón para presentarvos a nova sección para as nosas redes! Dentro da tempada 2025/...
08/12/2025

🔙 RETRINCOS DA LENDA 📜

Aproveitamos o parón para presentarvos a nova sección para as nosas redes!

Dentro da tempada 2025/2026, continuamos FACENDO BARRIO A TRAVÉS DO BALONMÁN, e que millor forma que lembrando a nosa historia.

Cada semana imos repasar eses retrincos da nosa historia, que nos fixeron crecer, onde naceu a lenda e como está a medrar a través dos anos.

Permanece atento as nosas redes para seguir

📊 RESULTADOS DA FIN DE SEMANA ‼️Rematamos outra fin de semana de moito balonmán!Bo traballo rapaces e rapazas! 🩵    .es ...
01/12/2025

📊 RESULTADOS DA FIN DE SEMANA ‼️

Rematamos outra fin de semana de moito balonmán!

Bo traballo rapaces e rapazas! 🩵



.es .oficial

🤾🏻‍♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨Nova fin de semana de competición para os nosos equipos! Moito balonmán en Coia este fi...
27/11/2025

🤾🏻‍♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨

Nova fin de semana de competición para os nosos equipos!

Moito balonmán en Coia este fin de semana! Derbi para o Cadete de Liga Ouro fronte ao Reconquista e os partidos senior en horario de tarde como pratos fortes do día.

Xa no domingo en Coia destaca o enfrontamento ás 10:00 do Xac Seis do Nadal Xuvenil Feminino que se enfrontará ao Cañiza polo liderato do seu grupo nun partido vital polas aspiracións do equipo! Pola tarde será o turno do Alcampo Seis do Nadal fronte á SAR.

Moita sorte a todxs! 🤞🏼🩵





.es .oficial

🛒ALCAMPO 🤝🏼 SEIS DO NADAL 🩵Novo capítulo do  Onte tivemos o pracer de acudir a re-inauguración do centro ALCAMPO de Coia...
27/11/2025

🛒ALCAMPO 🤝🏼 SEIS DO NADAL 🩵

Novo capítulo do

Onte tivemos o pracer de acudir a re-inauguración do centro ALCAMPO de Coia, que investiu nove millóns de euros nunha reforma integral do seu hipermercado. O obxectivo da reforma foi mellorar a experiencia de compra dos seus clientes e aumentar a eficiencia enerxética.

No acto estivo presente o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañando a José Francisco Pomares, director do centro, entre outras personalidades e representantes de entidades de referencia no barrio de Coia e a cidade de Vigo.

O centro reforza a súa aposta por produtos frescos e de proximidade. Incorpórase un bistró que une cafetería, mostrador de pratos preparados e restaurante no mesmo lugar. Contará cunha panadería con fabricación 100% propia e renováronse as liñas de caixa, así como a central de frío e sistemas de climatización que permitirán un aforro enerxético dun 20%.

O hipermercado ALCAMPO de Coia foi inaugurado no 1981, sendo o primeiro da marca en Galicia e segundo en España. ALCAMPO leva 44 anos sendo un referente na vida do noso barrio, un lugar onde facer a compra e tamén un punto de encontro dos seus veciños.

Queremos agradecer ao seu equipo a invitación o acto de onte e o seu compromiso con barrio e co noso club desde fai anos. Nesta tempada, ALCAMPO volverá a lucir como patrocinador principal nas camisetas dos nosos xogadores e xogadores.

.es

📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻O domingo tamén tes unha cita en Coia co balonmán senior!Dende as 16:15, os rapaces do...
27/11/2025

📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻

O domingo tamén tes unha cita en Coia co balonmán senior!

Dende as 16:15, os rapaces do Alcampo Seis do Nadal, comezan a segunda volta da fase regular fronte á SAR, que chega a Coia como 3º clasificado, con 8 puntos.

Os nosos buscarán a victoria, tras a derrota na Bombonera por 35 a 31 tantos na primeira volta.

, vémonos tamén o Domingo!

Moitas sorte rapaces! 🤞🏼💙


📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻O balonmán senior volve a Coia! Tarde de Sábado de balonmán cos equipos de 1ª Autonómi...
26/11/2025

📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻

O balonmán senior volve a Coia! Tarde de Sábado de balonmán cos equipos de 1ª Autonómica Masculina e Feminina!

Dende as 18:15, os rapaces do Distevi Seis do Nadal, 2º na clasificación, enfróntanse ao Linea 21, 3º clasificado con 2 puntos menos. Os de Jorge Fernández xogaran por seguir loitando polo liderato antes de desprazarse ata Poio, o lider, na seguinte xornada (13/14 de Decembro)

Tras este partidazo, será o turno do PlanCiber Seis do Nadal, que terá un duro enfrontamento ante o Xallas a partir das 20:00! As nosas chegan a este partido como 3ª clasificadas, tras gañar fronte ao Guardés na derradeira xornada!

Dous partidos que prometen moito espectáculo nunha nova tarde de balonmán en Coia.

, toca volver a facer de Coia o nos fortín!

Moitas sorte rapaces e rapazas! 🤞🏼💙


👕COLECCIÓN COMPLETA EN STORIES DE INSTAGRAM 🩳Queres lucir coma  e .kv ? • Camisetas de Xogo• Pantalóns• Chándal• Suadoir...
25/11/2025

👕COLECCIÓN COMPLETA EN STORIES DE INSTAGRAM 🩳

Queres lucir coma e .kv ?

• Camisetas de Xogo
• Pantalóns
• Chándal
• Suadoiros
• Polos
• Mochila e Bolsa
• Abrigo e Cazadora

Aproveita o Nadal e faite xa cas nosas cores e outras prendas para continuar levando a !

Pásarte polas historias destacadas de Instagram para facer o teu pedido online, no link da Bio ou pásate pola oficina no Colexio 6 do Nadal, Lunes e Mércores, de 17 a 21 horas se queres facerte con alguna das nosas prendas!

Tamén tes todas as prendas no seguinte enlace!

https://linktr.ee/TiendaSedona





.es .oficial

💜25 N - Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller 💜Hoxe, 25N, sumámonos á loita contra a violencia c...
25/11/2025

💜25 N - Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller 💜

Hoxe, 25N, sumámonos á loita contra a violencia contra a muller.

Dende o Seis do Nadal lembramos que cada muller merece vivir con dignidade, con liberdade e sen medo. O deporte sempre será un espazo onde reclamar alto e claro que a violencia contra a muller é incompatible cos valores que defendemos.

Este 25N alzamos a voz por todas. O deporte sempre será un espazo seguro e de respeto para todas as persoas.

Dirección

Rúa Mondariz, 2
Vigo
36209

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 21:00
Miércoles 17:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Seis Do Nadal Coia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Seis Do Nadal Coia:

Compartir

Categoría