10/06/2022
RESOLUCIÓN DO CONCURSO “XOGA EN GALEGO” 2022
O xurado designado para resolver o concurso de creación de xogos de mesa “Xoga en galego”, e formado por Hadrián Rei García, Sara Vieites Juanatey e Marta Ponce de León Martínez, logo de
analizar os xogos presentados, decidiu outorgar os seguintes premios:
Na categoría de participación individual ou grupo informal:
Ao xogo “Aprendices de apalpador” presentado por David Lago Simón, procedente de Vigo, e cuxas valoración son as seguintes:
Polo equilibrio entre as mecánicas de xogo propostas e a presentación estética acorde coa temática que se presenta relativa ás referencias da cultura galega vinculadas ao tempo de Nadal e á xeografía galega; pola súa rexogabilidade, que permite elaborar distintas estratexias cada vez que se xoga.
Na categoría de participación de grupos formais:
Ao xogo “Ao rescate!” presentado por Rebeca Fervenza Collazo e a aula de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo de Cangas do Morrazo, e cuxas valoración son as seguintes:
Por contar con mecánicas de xogo moi dinámicas e divertidas ao tempo que se transmiten valores sociais positivos arredor dos coidados aos animais; por ilustrar e sensibilizar sobre unha posible situación cotiá dun xeito lúdico, cunha clara vontade pedagóxica que pode ser de proveito en moitoscontextos socioculturais e educativos e para todas as idades.
Moitos parabéns aos xogos gañadores!
O xurado e a organización do concurso de creación de xogos de mesa “Xoga en galego” quere agradecer enormemente a xenerosa participación do resto das persoas, asociacións, escolas e
familias, que achegaron propostas marabillosas amosando o potencial do músculo da creatividade xogantina e a aposta por crear xogos en galego a libre disposición de quen quixer xogar.
Todos os xogos presentados estarán dispoñibles nas vindeiras semanas na web somosxogo.gal.
A organización tamén quere agradecer ao apoio dos Concello de Vigo, Ames, Oleiros e Pontevedra que, a través dos seus Servizos de Normalización Lingüística, fixeron posible esta nova edición do certame “Xoga en galego”.
Moitas grazas.