09/01/2026
🌿 Novo GRUPO de PILATES pola MAÑÁ! 🧘🏾♂️
Abrimos NOVO GRUPO DE PILATES ÁS 9:30 h, impartido por monitor titulado con ampla experiencia, para garantir un TRABALLO SEGURO, EFICAZ e ADAPTADO a cada persoa.
E se ese horario non che encaixa, non te preocupes 😉
Temos PILATES EN DIFERENTES HORARIOS:
✅ Dous grupos pola mañá
✅ Pola tarde, de 18:00 h a 22:00 h.
✅ Se traballas a turnos, fala con nós.
📲 619 922 911 Infórmate e reserva a túa praza.
O Ximnasio Municipal de Valga dispón de todo o equipamento profesional que necesitas para o teu adestramento. Contamos con mais de 15 máquinas cardiovasculares, zona de pesas, máquinas de poleas e zona de adestramento funcional. Con nós poderás conseguir todos os teus obxectivos.
En todo momento haberá un monitor que che resolverá as dúbidas que teñas e que te asesorará en todo o relativo ó ximnasio.
Tamén axudamos a preparar probas físicas para oposicións, cursos ou acceso a Inef.
Ademáis disto hai outras actividades dirixidas como: Pilates, Zumba ou Ximnasia de Mantemento.