05/10/2026
I CAMPIONATO INTERCENTROS DE REMO INDOOR 🚣♂️
Este pasado venres o Pavillón de Barraña acolleu a primeira edición do Campionato Intercentros de Remo Indoor, nunha xornada marcada pola participación, a competitividade e, sobre todo, polas ganas de g***r do remo.
Sumando os puntos obtidos tanto nas competicións individuais como na de equipos, o IES que saleu vencedor nesta primeira edición do campionato foi o IES A Cachada, seguido moi de preto dos outros dous participantes, o IES Praia de Barraña e IES Espiñeira.
Pero, máis alá dos resultados, queremos destacar a masiva participación e a actitude exemplar de toda a rapazada durante a xornada. Os tres centros conseguiron presenza nalgún dos podios, demostrando o gran nivel e implicación do alumnado.
As primeiras impresións do profesorado foron moi positivas, polo que xa pensamos en repetir a iniciativa o vindeiro ano e seguir facendo medrar esta colaboración entre os tres centros e o Club de Remo Cabo da Cruz.
Parabéns ao IES A Cachada, IES Praia Barraña e IES Espiñeira, e a todos e todas as participantes!
E se algún dos participantes quedou con ganas de seguir remando e mellorando... as portas do club están abertas! 🚣♂️
Agradecer tamén a colaboración da Federación Galega de Remo, do Concello de Boiro e da empresa Jealsa Rianxeira.