MeuFit Tomiño

MeuFit Tomiño Gimnasio

📍 MEUFIT TOMIÑO BUSCA MONITOR/A DE ACTIVIDADES DIRIXIDASEn Meufit seguimos medrando e buscamos incorporar unha persoa pa...
25/02/2026

📍 MEUFIT TOMIÑO BUSCA MONITOR/A DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS

En Meufit seguimos medrando e buscamos incorporar unha persoa para cubrir unha baixa por paternidade con opción real de continuidade.

🔎 Posto: Monitor/a de Actividades Dirixidas
📆 Motivo: Substitución por paternidade
🏋️ Actividades:
• Pilates
• Les Mills
• Cross Training
• Adestramento Funcional
• Bike

✅ Valorarase:
• Experiencia previa en sala e actividades dirixidas
• Certificacións oficiais (especialmente Les Mills)
• Actitude proactiva e capacidade de motivar grupos

🚀 Importante:
Ademais da substitución, existe posibilidade de incorporación á bolsa interna de Meufit para cubrir vacacións, futuras substitucións e próximos novos centros.

Se che apaixona o fitness, sabes liderar grupos e queres formar parte dun proxecto en crecemento…
👉 Envíanos o teu CV a [email protected]

🚀 Adestrar acaba de cambiar en MEUFIT TomiñoXa podes utilizar as nosas novas máquinas EGYM, unha tecnoloxía intelixente ...
20/01/2026

🚀 Adestrar acaba de cambiar en MEUFIT Tomiño

Xa podes utilizar as nosas novas máquinas EGYM, unha tecnoloxía intelixente presente só en 4 poboacións de Galicia e que agora forma parte de MEUFIT Tomiño.

👉 Pasas a túa pulseira e a máquina axústase soa a ti.
👉 Na pantalla segues as repeticións e como realizar cada exercicio.
👉 A carga adáptase ao teu nivel e vai cambiando a medida que melloras.
👉 Non tes que pensar que peso poñer nin que tocar: céntraste en adestrar.
👉 Todo o teu progreso queda rexistrado na app, incluído o teu BIOAGE, un indicador real do teu estado de forma.

Antes de comezar, só tes que pedirlle axuda a un dos nosos técnicos para crear o teu perfil. É rápido e así sácalle partido desde o primeiro día.

Menos dúbidas. Máis control. Mellores resultados.
💚 Benvido ao adestramento intelixente. Benvido a EGYM.

🎄🏃‍♀️ San Silvestre Tomiñesa 2024: solidariedade, deporte e moitas risas 🏃‍♂️🎄Que orgullo formar parte dunha xornada tan...
31/12/2025

🎄🏃‍♀️ San Silvestre Tomiñesa 2024: solidariedade, deporte e moitas risas 🏃‍♂️🎄

Que orgullo formar parte dunha xornada tan especial ❤️
A Carreira San Silvestre Tomiñesa encheu as rúas de Tomiño de enerxía, bo humor e espírito solidario… e alí estivo MeuFit, acompañando a toda a xente cun pequeno detalle que xa é historia: os gorros conmemorativos 🧢✨

Nas fotos vese claro 👉 sorrisos, disfraces, compañeirismo e ese gorro MeuFit que puxo o toque divertido e festivo á carreira 🎉
Porque apoiar eventos así non é só patrocinar, é apostar pola saúde, pola unión do pobo e por unha forma activa e alegre de vivir 💪🤝

Grazas a todas as persoas participantes, á organización e a quen fai posible que Tomiño siga movéndose xunto 💙
👉 Seguimos sumando quilómetros de vida, deporte e comunidade.

🎄 Festivos? Tamén contigo! 💪Nestes días tan especiais, queremos lembrarche que o noso horario non cambia nunca:🕕 Abrimos...
24/12/2025

🎄 Festivos? Tamén contigo! 💪

Nestes días tan especiais, queremos lembrarche que o noso horario non cambia nunca:
🕕 Abrimos todos os días do ano de 6:00 da mañá a 00:00 da noite,
si, tamén o 25 de decembro, o 1 e o 6 de xaneiro, e o 31 ata as 00:00, como sempre!

🎁 O centro segue funcionando con total normalidade:
✅ Instalacións abertas
✅ Actividades dispoñibles (incluíndo clases virtuais cada hora)
✅ Bo ambiente… ¡asegurado!

👉 Para acceder, lembra que:
– Se es socio/a, só necesitas a túa pulseira
– Se non o es, podes vir con entrada de día por 6 €, dispoñible tamén na nosa web

Nestes días de ilusión e movemento, seguimos contigo, os 365 días do ano. Porque aquí, a enerxía non para!

09/12/2025

Novo xoguetiño no gym: Matrix Vision Press Converxente 💛🖤

Atención, equipo: chegou esa máquina que ves nos vídeos dos pros e pensas… “buf, isto ten que poñer o peito como un armario”. Pois SI. Aquí está. E é nosa. E é TUA 🤭🔥

💣 Movemento converxente súper natural → o peito traballa… e nótase!
💣 Carga por discos → para que poidas meterlle o que queiras… sen medos.
💣 Sensación brutal → un abrazo para o peito (pero dos fortes 😂).

En MeuFit seguimos dándolle mimo ao gym para que ti goces.
Porque aquí en Tomiño non só adestramos: creamos equipo, boas vibras e ganas de volver mañá 💪✨

🔥 Ven probala… e despois presumir no espello (sabemos que o vas facer) 😜

💥 Dámoslle a benvida a Axel Pancho á familia MeuFit! 💪Técnico Superior en Actividades Físico-Deportivas con ampla experi...
13/10/2025

💥 Dámoslle a benvida a Axel Pancho á familia MeuFit! 💪

Técnico Superior en Actividades Físico-Deportivas con ampla experiencia, destaca en Pilates e contáxianos a súa enerxía en Zumba 💃🧘‍♂️

Consulta os horarios na nosa app ou na web 👉 www.meufit.gal

NOVIDADE TECNOLÓXICA EN MEUFIT 🔵Xa podes probar no ximnasio o Fitness Hub de EGYM, un sistema intelixente que analiza a ...
16/09/2025

NOVIDADE TECNOLÓXICA EN MEUFIT 🔵

Xa podes probar no ximnasio o Fitness Hub de EGYM, un sistema intelixente que analiza a túa condición física e axúdanos a personalizar ao máximo o teu adestramento. 🚀

👉 Como funciona?
O Fitness Hub mide o teu peso, altura e composición corporal, e a partir de aí xera datos que se comparan con referencias científicas. Grazas a esta información obtés un perfil completo do teu estado de forma.

✨ Que datos recolle?
1️⃣ Idade biolóxica 🧬
O dato estrela 😍. Compara a túa condición física coa idade cronolóxica e revela se o teu corpo “se sente” máis novo ou máis vello do que realmente é.

2️⃣ Idade metabólica 🔥
Analiza como traballa o teu metabolismo, indicando se o gasto enerxético e funcionamento interno se corresponden coa túa idade real ou se o teu organismo rende coma o de alguén máis novo.

3️⃣ Flexibilidade 🤸
Mide a mobilidade das túas articulacións e o rango de movemento. Fundamental para previr lesións e mellorar a eficacia dos teus adestramentos.

4️⃣ Idade cardiovascular ❤️
Avalía a saúde do teu corazón e a túa resistencia, amosándoche como está o teu sistema cardiovascular en relación coa túa idade.

💪 E a forza…
Tamén poderás medir o teu nivel de forza, pero esta parte aínda non está operativa. Moi pronto estará dispoñible e completará o teu perfil físico de maneira 100% obxectiva.

📲 O que vén…
En pouco tempo, todo isto integrarase na nova app de MeuFit, onde non só terás acceso aos teus resultados do Fitness Hub, senón tamén á visualización dos teus adestramentos e á evolución do teu progreso en tempo real.

👉 Polo de agora, para activar a túa pulseira EGYM e comezar a rexistrar estes datos, os nosos técnicos deberán configuralo contigo. Pregunta na recepción e axudámoste a dar o primeiro paso cara a un adestramento máis intelixente e personalizado.

🎉💪 Esta semana son as Festas do Alivio en Tomiño… e en MeuFit tamén estamos de estrea!Porque aquí celebramos adestrando ...
08/09/2025

🎉💪 Esta semana son as Festas do Alivio en Tomiño… e en MeuFit tamén estamos de estrea!
Porque aquí celebramos adestrando e compartindo novas incorporacións que van facer historia no gym 🔥

👉 Prensa Haka Vision
Traballo completo de tren inferior:

Cuádriceps para gañar potencia e estabilidade.

Isquiotibiais que equilibran e impulsan cada movemento.

Glúteos, motor principal da forza e da tonificación.

Xemelgos, para mellorar impulsión e estabilidade no nocello.
Unha máquina top para construír unhas pernas sólidas e funcionais 🦵🍑.

👉 Lat Pull Down Vision
O clásico renovado para unha espalda de 10:

Dorsal ancho, clave para esa forma en V tan potente.

Bíceps, que colaboran en cada tracción.

Trapecios e romboides, que melloran postura e forza media da espalda.

Deltoides posteriores, fundamentais para a estabilidade do ombreiro.
Un exercicio que combina forza, postura e definición 🏋️‍♂️🦅.

✨ E lembra: se tes algunha dúbida, o noso equipo técnico está para explicarte como se utilizan e como introducilas na túa rutina de forma segura e efectiva.

Así que mentres Tomiño vibra coas Festas do Alivio, a festa tamén continúa no MeuFit… agora con máquinas novas listas para ti! 🎶💃🏽

📸 Ven a probalas e cóntanos… ¿cal vas estrear primeiro?
Somos 🙌

✨ Nova zona de adestramento funcional lista! ✨Presentámosvos o noso novo moble espectacular para organizar o material 🙌U...
03/09/2025

✨ Nova zona de adestramento funcional lista! ✨

Presentámosvos o noso novo moble espectacular para organizar o material 🙌
Un espazo pensado para que cada quen poida atopar o que precisa e desfrutar dun adestramento cómodo, dinámico e con todo ao seu alcance.

👉 Entre todos/as imos manter esta zona en perfecto estado, porque unha zona TOP é para usuarios/as TOP 💪🔥

📅 1 de setembro = NOVOS COMEZOSSabías que setembro é o mellor mes para arrancar a túa rutina? 🙌Despois do verán chegan a...
31/08/2025

📅 1 de setembro = NOVOS COMEZOS
Sabías que setembro é o mellor mes para arrancar a túa rutina? 🙌
Despois do verán chegan as ganas, a enerxía e… en MeuFit vimos cargados de novidades para que o disfrutes máis ca nunca! 🔥

Este é o teu momento para dar o paso, pasalo ben adestrando e construír unha vida saudable rodeado dun equipo que sempre te acompaña.
💚 En MeuFit melloramos xuntos a calidade de vida de toda a familia tomiñesa.

📲 ¿Preparado para comezar con nós?
Ven, proba e descubre o divertido que é setembro para empezar! 🚀

Un globo desinchado non voa 🙁Tampouco anima 😞Nin move a ninguén 😫En MEUFIT Tomiño buscamos xusto o contrario:xente con a...
25/08/2025

Un globo desinchado non voa 🙁
Tampouco anima 😞
Nin move a ninguén 😫

En MEUFIT Tomiño buscamos xusto o contrario:
xente con aire 💨 , con enerxía 🔋 , con ganas de contaxiar movemento 🤩 na sala fitness e nas actividades dirixidas.

Se o teu é estar tirado, este non é o teu sitio.
Pero se sabes encher o ambiente, motivar e levantar á xente… queremos falar contigo 💛

📍 MEUFIT Tomiño
👉 Envía o teu CV a [email protected]

Dirección

Daniel Calzado Poceiro Nº6
Tomiño
36740

Horario de Apertura

Lunes 06:00 - 00:00
Martes 06:00 - 00:00
Miércoles 06:00 - 00:00
Jueves 06:00 - 00:00
Viernes 06:00 - 00:00
Sábado 09:00 - 21:00
Domingo 09:00 - 21:00

Teléfono

+34629056238

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando MeuFit Tomiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a MeuFit Tomiño:

Compartir