Tenorio Rural Bootcamp

Llamar Cómo llegar Página web

Tenorio Rural Bootcamp Adestramento funcional de alta intensidade ó aire libre e en comunidade pero respectando a distancia persoal.

O domingo 4 de outubro de 2026, bastantes persoas amigas de Tenorio Rural Bootcamp participaron un ano máis na Marcha co...
05/10/2026

O domingo 4 de outubro de 2026, bastantes persoas amigas de Tenorio Rural Bootcamp participaron un ano máis na Marcha contra o Cancro organizada pola delegación en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.

Ó contrario que en edicións anteriores, desta vez a asociación non arranxou oficialmente a súa participación nesta carreira popular, pero algunhas persoas que marcharon ou correron connosco outros anos inscribíronse por propia iniciativa facendo figurar a súa afiliación a Tenorio Rural Bootcamp de xeito espontáneo. ¡Grazas! 💖

Agradecemos que, a pesar de non ter organizado nada pola nosa parte, tanta xente se apuntase para promover a investigación contra o cancro.

Esperamos poder reactivar proximamente as iniciativas da asociación Tenorio Rural Bootcamp, que este ano decaíron un pouco, para aproveitar tanto entusiasmo espontáneo.

29/05/2026

Non adoitamos adestrar os venres en Tenorio Rural Bootcamp, pero quen se animou a pasar hoxe por aquí aproveitou para sacarlle o máximo partido á cinta de correr que tan xenerosamente nos doou Fabián hai unhas semanas.

¡GRAZAS! 💖🔥🏃🏻‍♀️🏃‍♂️

🎵 Música: "Born To Run", de AlexGuz

Este ano, as nosas apretadas axendas provocaron que só unha pequena representación das reclutas e amigas de Tenorio Rura...
27/05/2026

Este ano, as nosas apretadas axendas provocaron que só unha pequena representación das reclutas e amigas de Tenorio Rural Bootcamp acudisen á edición de este ano da Carreira da Muller de Pontevedra, pero as que se presentaron volcaron na súa participación a ilusión do grupo e correron por todas e pola causa (investigación do cancro).

Organizada por quinto ano consecutivo polo Diario de Pontevedra a través da súa agrupación deportiva HQR!, celebrouse o sábado 23 de maio á noitiña, horario habitual dende 2024.

O tempo atmosférico acompañou e conseguiuse unha marca histórica de participación.

Agradecemos ás mulleres que se animaron a participar na carreira con Tenorio Rural Bootcamp e esperamos volver moitas máis en 2027. 💖💪🏼

A foto de portada... 🙃
23/04/2026

A foto de portada... 🙃

🏃‍♀️ La quinta edición de la 'Carreira da Muller-5K' mantiene el formato nocturno con el que innovó en 2024.

Las inscripciones ya están abiertas

🔗 El link a la noticia, en el primer comentario 👇

O segundo día do ano 2026 amenceu cunha nova triste para a parroquia de San Pedro de Tenorio: o falecemento do párroco J...
04/01/2026

O segundo día do ano 2026 amenceu cunha nova triste para a parroquia de San Pedro de Tenorio: o falecemento do párroco Jesús Escudeiro Gandós, coñecido por todo o mundo como "don Jesús".

Independentemente das crenzas relixiosas (ou ausencia delas) de cadaquén, don Jesús era unha figura emblemática da contorna e testemuña ocasional dos adestramentos de Tenorio Rural Bootcamp cando incluían unha subida á eira da igrexa.

É pola súa memoria, ós seus 95 anos de vida e ás seis décadas que serviu á nosa parroquia que lle dedicamos este WOD.

Descanse en paz. 🕊

Marchou don Jesús: todo un símbolo da parroquia. Descanse en paz. 🕊
02/01/2026

Marchou don Jesús: todo un símbolo da parroquia. Descanse en paz. 🕊

Jesús Escudeiro foi durante anos o último habitante do mosteiro de San Pedro de Tenorio. Faleceu aos 95 anos de idade

A ver se agora cos días que crecen tamén crece o ánimo para seguir cos adestramentos. 🙌🏼🙃💪🏼
29/12/2025

A ver se agora cos días que crecen tamén crece o ánimo para seguir cos adestramentos. 🙌🏼🙃💪🏼

O día 22 de novembro, a nosa xove recluta Alma proclamouse en Ourense campioa galega de técnica de halterofilia por segu...
03/12/2025

O día 22 de novembro, a nosa xove recluta Alma proclamouse en Ourense campioa galega de técnica de halterofilia por segundo ano consecutivo. Desta vez, en categoría alevín.

¡Parabéns, Alma! 🏋‍♀️🎉

"Que el ritmo no pare". Adestramento matutino en Tenorio Rural Bootcamp. 👏🏽💪🏼
14/11/2025

"Que el ritmo no pare". Adestramento matutino en Tenorio Rural Bootcamp. 👏🏽💪🏼

O pasado domingo 9 de novembro, a nosa socia Ani Estévez participou con membros da súa familia na primeira edición de “K...
13/11/2025

O pasado domingo 9 de novembro, a nosa socia Ani Estévez participou con membros da súa familia na primeira edición de “Kilómetros pola ELA” a beneficio da Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Amiotrófica (Agaela).

O obxectivo era camiñar entre Arcade e Pontevedra a través do Camiño de Santiago para concienciar sobre a ELA e recaudar fondos para axudar ás persoas afectadas por esta enfermidade e ós seus achegados.

“Kilómetros pola ELA” é unha iniciativa da Guardia Civil de Pontevedra, en colaboración nesta edición coa Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Amiotrófica (Agaela), que nace coa finalidade de dedicarse cada ano a unha causa solidaria recorrendo traxectos do Camiño de Santiago.

Na primeira edición recorréronse os 14 km da etapa Arcade-Pontevedra que comeza na senda litoral da praia de Arcade e pasa pola ponte medieval de Ponte Sampaio.

Foi unha marcha aberta á que se podía inscribir calquera cun custo de dez euros que foron destinados integramente a Agaela. Tamén estivo aberta unha fila cero para recadar fondos para a causa.

Moitas grazas á nosa membro asociada Ani por ter participado nesta iniciativa. Esperamos poder unirnos máis membros da asociación na próxima edición. 🙌🏻

Dirección

A Torrevella 10
Tenorio
36120

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Tenorio Rural Bootcamp publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría