Urban Trail Night

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Urban Trail Night Páxina Oficial da Urban Trail Night, proba deportiva, 14km de trail urbano por distintas cidades galegas.

14 kms de percorrido que combina distintos tipos de terreos: brandos, asfalto, escaleiras, ladeiras, etc

🎉 Máis de 1.000 INSCRITOS E NOVO RÉCORD DE PARTICIPACIÓN! 💜💛A X Urban Trail Night Eurocidade xa é a edición máis multitu...
26/11/2026

🎉 Máis de 1.000 INSCRITOS E NOVO RÉCORD DE PARTICIPACIÓN! 💜💛

A X Urban Trail Night Eurocidade xa é a edición máis multitudinaria da nosa historia. Grazas por esta espectacular acollida!

Xa podes consultar as listaxes definitivas de participantes das dúas distancias, 16K e 8K, na nosa web.

🌐 www.urbantrailnight.com

🚨 LEMBRA OS HORARIOS DE RECOLLIDA DE DORSAIS:

✅ 11:30 - 13:30 h | Espazo Sociocultural Camilo José Cela, Tui.

✅ 17:00 - 19:00 h | Zona de saída, Centro Coordenador de Transportes de Valença.

⏰ Todos os horarios corresponden á hora española.

Xa só quedan dous días para celebrar xuntos esta décima edición! 🌙

Vémonos na liña de saída!

🚌 SERVIZO DE AUTOBÚS GRATUÍTO | X URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE. PRAZAS LIMITADASUn ano máis, poñemos á disposición dos p...
25/11/2026

🚌 SERVIZO DE AUTOBÚS GRATUÍTO | X URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE. PRAZAS LIMITADAS

Un ano máis, poñemos á disposición dos participantes un servizo de autobús gratuíto para facilitar o desprazamento ata a zona de saída.

👉 ANTES DA CARREIRA
De 17:00 a 18:45 h, servizo circular dende Tui (parada de autobús da rúa Ourense, a 300 m da meta) ata a saída en Valença.

👉 DESPOIS DA CARREIRA
Ás 21:30 h, para aqueles participantes que deixasen o seu vehículo na zona de saída en Valença.

🚨 MOI IMPORTANTE: PRAZAS LIMITADAS!

▪️ As prazas asignaranse por orde de chegada e ata completar os asentos dispoñibles en cada viaxe.
▪️ Recomendamos acudir con suficiente antelación.
▪️ Non agardes ao último autobús, poderías quedar sen praza!

🅿️ ZONA DE APARCADOIRO
Lembra que na zona de saída, en Valença, dispós dun amplo espazo de aparcadoiro onde poder deixar o teu vehículo.

⏰ Todos os horarios corresponden á hora española (unha hora menos en Portugal).

Planifica o teu desprazamento e desfruta da Urban! 💜💛

📢 XA DISPOÑIBLE A GUÍA DO CORREDOR! 💜💛Regulamento, horarios, percorridos, transporte… Toda a información que necesitas p...
24/11/2026

📢 XA DISPOÑIBLE A GUÍA DO CORREDOR! 💜💛

Regulamento, horarios, percorridos, transporte… Toda a información que necesitas para vivir a X Urban Trail Night Eurocidade reunida nun único documento.

📖 Consulta e descarga a Guía do Corredor na nosa web:

🌐 www.urbantrailnight.com

Recomendámosche que a leas con atención para que o día da carreira só teñas que preocuparte dunha cousa: desfrutar da Urban! 😉🏃‍♀️🏃‍♂️

📅 28 de novembro de 2026
📍 Eurocidade Valença-Tui

21/11/2026

29 DE NOVEMBRO DE 2025. O ÚLTIMO CAPÍTULO ANTES DA X! 💜💛

A IX Urban Trail Night Eurocidade volvía reunir corredores e corredoras de ambos os lados do Miño para desfrutar dunha noite de deporte, patrimonio e emoción, con dúas distancias: 16K e 8K.

Aquela noite, dous novos nomes pasaban a formar parte da historia da Urban como vencedores da distancia longa:

🏆 Leti Diz, atleta tudense.
🏆 Ricardo Esteves, atleta portugués.

Dous países representados no máis alto do podio. A esencia da nosa Eurocidade.

Agora, a tan só unha semana de celebrar a nosa X edición, todo está preparado para volver vivir esa noite tan especial.

Nove edicións vividas. Unha décima por descubrir. 🌙

📅 28 de novembro de 2026
📍 Eurocidade Valença-Tui

💜💛 Vémonos na liña de saída!

🍫 HAI TRADICIÓNS QUE NON PODEN FALTAR NA URBAN! 😋Despois dos quilómetros, das subidas, do esforzo e de cruzar a meta… ha...
20/11/2026

🍫 HAI TRADICIÓNS QUE NON PODEN FALTAR NA URBAN! 😋

Despois dos quilómetros, das subidas, do esforzo e de cruzar a meta… hai algo que sempre apetece: un bo chocolate quentiño! ☕🏃‍♀️🏃‍♂️

E un ano máis, os nosos amigos do Pancho 3.0 encargaranse de poñerlle o toque máis doce á X Urban Trail Night Eurocidade.

Co seu particular xeito de preparalo, volverán encher a zona de meta dese arrecendo irresistible a chocolate quente. 🤤

Porque hai moitas maneiras de recuperar forzas, pero esta é unha das nosas favoritas!

💜💛 Grazas ao Bar Pancho 3.0 e a por coidarnos tan ben e formar parte desta gran familia!

🌙 X Urban Trail Night Eurocidade
📅 28 de novembro de 2026

19/11/2026

23 DE NOVEMBRO DE 2024. UNHA NOITE PARA FACER HISTORIA! 💜💛

A VIII Urban Trail Night Eurocidade volvía encher de deporte e emoción as rúas e sendeiros de Tui e Valença, con dúas distancias, 16K e 8K, e unha mesma paixón por correr.

Aquela noite deixounos dous grandes protagonistas na distancia longa:

🏆 Nerea Castro, vencedora da categoría feminina.
🏆 José Manuel Gil, que lograba a súa terceira vitoria consecutiva, tras vencer tamén en 2022 e 2023.

Tres edicións consecutivas no máis alto do podio, escribindo unha páxina moi especial na historia da Urban.

Dous anos despois, estamos a poucos días de celebrar a nosa X edición. Unha noite na que seguiremos sumando quilómetros, emocións e historias para lembrar.

Dez edicións de Urban. Dez edicións facendo historia!* 🌙

📅 28 de novembro de 2026
📍 Eurocidade Valença-Tui

HAI SORRISOS QUE BEN VALEN 16 QUILÓMETROS… OU 8! 😁🏃‍♀️🏃‍♂️Se algo nos gusta da Urban Trail Night Eurocidade é ver os vos...
19/11/2026

HAI SORRISOS QUE BEN VALEN 16 QUILÓMETROS… OU 8! 😁🏃‍♀️🏃‍♂️

Se algo nos gusta da Urban Trail Night Eurocidade é ver os vosos sorrisos ao cruzar a liña de meta.

E de sorrisos saben moito en Dental Company Tui, que un ano máis nos acompaña como empresa patrocinadora da Urban.

Porque coidar da nosa saúde bucodental tamén forma parte de coidar da nosa saúde e do noso benestar como deportistas. 😉

💙 Grazas, Clínicas Dental Company , por seguir formando parte desta aventura e acompañarnos nunha edición tan especial.

Este 28 de novembro temos 1.000 motivos para sorrir! 💜💛

🌙 X Urban Trail Night Eurocidade

🚗💜💛 Dez edicións, milleiros de quilómetros e moitas historias compartidas. Un camiño no que sempre é importante contar c...
18/11/2026

🚗💜💛 Dez edicións, milleiros de quilómetros e moitas historias compartidas. Un camiño no que sempre é importante contar con bos compañeiros de viaxe.

KIA Riasmotor leva anos formando parte da familia da Urban Trail Night Eurocidade e, nesta X edición, volve acompañarnos como empresa patrocinadora.

O seu apoio axúdanos a seguir avanzando, superando retos e facendo medrar esta aventura que une Valença e Tui a través do deporte.

👏 Grazas, KIA, por seguir percorrendo este camiño connosco!

🌙 X Urban Trail Night Eurocidade
📅 28 de novembro de 2026

17/11/2026

25 DE NOVEMBRO DE 2023. A FAMILIA DA URBAN SEGUÍA MEDRANDO! 💜💛

A VII Urban Trail Night Eurocidade superaba os 500 participantes, consolidando o formato de dúas distancias, 16K e 8K.

Aquela noite deixounos dous grandes protagonistas na distancia longa:

🏆 Aida Valiño, vencedora da categoría feminina.
🏆 *José Manuel Gil, que repetía vitoria tras gañar tamén en 2022.

Unha edición máis, novos recordos e unha comunidade que non deixaba de medrar.

Tres anos despois, estamos a piques de celebrar a nosa X edición, na que 1.000 participantes volverán iluminar a Eurocidade coa luz dos seus frontais. 🔦🌙

Dez edicións facendo historia. E aínda nos queda moito por correr!

📅 28 de novembro de 2026
📍 Eurocidade Valença-Tui

🏃‍♀️🏃 XA ESTÁN AQUÍ OS PERCORRIDOS DA X URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE! 💜💛Sabemos que moitos xa os estabades esperando… e ...
17/11/2026

🏃‍♀️🏃 XA ESTÁN AQUÍ OS PERCORRIDOS DA X URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE! 💜💛

Sabemos que moitos xa os estabades esperando… e por fin chegou o momento de descubrir por onde correremos nesta edición tan especial! 🌙

Dúas distancias, dous retos e unha mesma experiencia: percorrer Tui e Valença, descubrindo os seus recunchos, a súa historia e toda a maxia da Urban.

📍 CONSULTA E DESCARGA OS TRACKS
👉 16K: (Descarga ZIP-Formato KMZ)
https://goo.su/6alpRf
👉 8K: (Descarga ZIP-Formato KMZ)]
https://goo.su/UxZf9T

🗺️ TAMÉN EN GOOGLE MAPS

👉 16K: https://bit.ly/3UX8fm4
👉 8K: https://bit.ly/48Fs0lv

⚠️ Importante: estes percorridos son provisionais e poderían sufrir algunha modificación antes do día da proba.

Agora si… xa podedes ir estudando cada subida, cada baixada e cada curva! 😉

Agardamos que os desfrutedes tanto como nós preparando esta X edición!

📅 28 de novembro de 2026
📍 Eurocidade Valença-Tui

Dirección

Túy
36713

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Urban Trail Night publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Urban Trail Night:

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos