26/05/2026
Ata aquí o III Rallysprint Concello de Silleda 🔚
Tres edicións. Tres anos nos que nunca imaxinamos chegar ata aquí, nin moito menos recibir a tremenda acollida que esta proba está tendo ano tras ano 🤩
Organizar un rallysprint coma este supón máis de seis meses de traballo, unha grande inversión de tempo, cartos e esforzo persoal, ademais da coordinación de centos de detalles e persoas. Todo isto faise de maneira totalmente desinteresada, simplemente pola paixón por este deporte e polas ganas de sacar adiante unha proba da que poida desfrutar todo o mundo.
Por iso non nos cansaremos nunca de dar as grazas a todas as persoas, entidades, patrocinadores, colaboradores, pilotos, copilotos, equipos, oficiais, voluntariado, corpos de seguridade, servizos sanitarios, veciñanza e afección que fan posible que o Rallysprint Concello de Silleda saia adiante ano tras ano 👏👏
Tamén somos conscientes de que cometemos erros, porque detrás de todo isto hai persoas que intentan facer o mellor posible algo enormemente complexo. E se hai futuras edicións, procuraremos aprender de todo o vivido para non repetir os mesmos erros, aínda que seguramente cometeremos outros, porque ninguén é perfecto e sempre hai cousas que mellorar.
Grazas por estar, por apoiar, por colaborar e por confiar en nós 😍
Seguimos medrando, aprendendo e soñando xuntos.
De corazón, GRAZAS!!! 💚
Escudería Silleda