26/05/2025
LARA LOIS E TAMARA SEIJAS NO TOP TEN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XCM EN LEÓN
De novo unha fin de semana espectacular para o Rg Bikes Scott Team nunha das datas marcadas en vermello do calendario, Campionato de España XCM celebrada en León.
Incrible os resultados no cadro feminino, Lara Lois lograba cruzar a liña de meta en 5º lugar e Tamara Seijas en 8ª posición, na categoría Raiña, nesta ocasión as corredoras do equipo Silledense representaban á selección Galega de Ciclismo.
Con estes resultados as nosas demostran o seu bo estado de forma a estas alturas de tempada, sendo as primeiras corredoras con licenza Galega en cruzar a liña de meta.
Pola súa banda lucindo as cores do equipo Esteban Sánchez 62° e Iván Calvo 87° lograban cruzar a liña de meta en categoría Élite, nunha proba marcada polo altísimo nivel na categoría raiña, así como das altas temperaturas da xornada.
Con estes resultados o equipo Dezano demostra estar entre os mellores equipos femininos do panorama Nacional na modalidade de Cros Country Marathon, con apenas 3 anos de vida.
Máis información no Deza Deportivo de Radio Lalín, de luns a venres, de 13:30 h a 14:00 h, na 106.8 FM e https://www.lalin.gal/radio-lalin
Parabéns RG Bikes Scott Team!!