05/06/2025
🏟️⚽ O campo municipal da Ribela acollerá do 6 ao 8 de xuño a décima edición do Torneo Memorial Pedro Canoa, organizado pola SD Sarriana, cunha participación récord de máis de 900 nenos e nenas de preto de 70 equipos pertencentes a 20 clubes.
Durante tres xornadas consecutivas, Sarria converterase nun espazo de convivencia, deporte e valores, coa presenza de categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, en formato fútbol-8 e fútbol-11.
📅 Venres 6 – Prebenxamíns
📅 Sábado 7 – Benxamíns e Alevíns
📅 Domingo 8 – Infantís
Este evento, ademais de ser unha gran festa do deporte base, mantén viva a lembranza dunha persoa moi querida, cunha profunda ligazón ao fútbol local, a través dun torneo que promove o respecto, a amizade e o xogo limpo.
O Concello de Sarria participa con orgullo nesta cita xa consolidada, que reúne familias, adestradores e afección nun ambiente saudable e festivo.
💚 Grazas á SD Sarriana polo traballo e a todas as entidades colaboradoras