09/11/2023
Co propósito de ofrecer aos nenos/as unha alternativa de lecer e deporte durante as vacacións de Nadal, o Colexio organiza este ano a terceira edición do 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬 𝐝𝐞 𝐌𝐢𝐧𝐢𝐛𝐚𝐬𝐤𝐞𝐭, que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro nas instalacións de Monte Redondo.
Está dirixido a nenos desde 1º a 6º de Educación Primaria, e desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ademais, poñemos ao dispor das familias un servizo de gardería desde as 09:00 ata as 10:00 e desde as 14:00 ás 14:30 h.
Neste campus non haberá servizo de transporte escolar nin tampouco comedor. A media mañá, darase unha merenda aos participantes.
O prezo para alumnos do Colexio é de 50€, importe que se incluirá no recibo da mensualidade de xaneiro.
O prezo para os nenos/as que non son do Colexio é de 70€. Unha vez realizada a inscrición a través do formulario, haberá que ingresar o importe citado na seguinte conta:
Banco Bilbao Vizcaya IBAN: ES03 0182 5947 1802 0150 1570
SWIFT/BIC: BBVAESMM
O concepto ten que indicar NOME do neno/a + Campus minibasket
A continuación, débese enviar o xustificante ao email: [email protected]
Recibiredes un correo electrónico de resposta e confirmación.
As prazas están limitadas debido ao aforo dos espazos polo que as familias interesadas deberán realizar a inscrición antes do día 15 de decembro, a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/XeFXVmMpGafVuuhp7