04/05/2020
¡Preparándonos para reabrir!💪🏼🏋🏽😀
Estas son algunhas medidas que membros do Colef propoñen o goberno para a reapertura de centros de entrenamento deportivos:
TRIAXE TELEFÓNICO:
• Contacto telefónico individualizado previo para coñecer o estado de saúde da persoa que require dos nosos servizos.
• Posibilidade de evitar nas primeiras fases da desescalada o traballo directo presencial con poboación sensible de alto risco.
• Para poder acudir a cita debe responder 4 preguntas:
• ¿Tivo contacto recente cun paciente COVID?
• ¿Presentou febre, tos, mialxias, disnea ou algún síntoma compatible co proceso COVID?
• ¿Ten actualmente ou tivo febre nos últimos 14 días?
• Se deches positivo en COVID ¿Pasaron 21 días dende a proba negativa?
• Envío de folla informativa a cada cliente con premisas e recomendacións de seguridade a ter en conta antes de acudir a súa cita.
CITA PREVIA:
• Podemos garantir a NON aglomeración nos nosos centros, pois atendemos mediante sistema de citas que asegura un control do aforo e ratio previamente indicado.
• Habilitar o tempo necesario para espaciar as citas de xeito que se poidan acometer os traballos de limpieza e desinfección entre sesións e evitar coincidencias temporáis de usuarios.
DESENVOLVEMENTO DO SERVIZO DE ADESTRAMENTO:
• Na normativa dos nosos centros, xa existe unha norma que facilita a non propagación de contaxios, como é o cambio de vestimenta e calzado antes e despois da sesión, así coma o uso individual de toalla e esterilla.
• O tipo de actividade e os espazos nos que desenvolvemos a nosa actividade, permite estar a máis de 2 metros do cliente en todo momento, evitando o contacto e mellorando as recomendacións feitas polo Ministerio de Sanidade en todo momento.
• A dinámica da actividade permítenos o control total do uso de materiais por parte do usuario, delimitando zonas e materiais para acometer a súa desinfección antes e despois da realización do adestramento. Coñecemos o material que se vai empregar antes de cada sesión e podemos illalo para a súa desinfección e limpeza antes dun novo uso.
XESTIÓN DE COBROS:
• Á hora de realizar os pagos dos servizos evitaránse pagos en metálico, minimizando as posibilidades de contacto.
Por todo o exposto, agradecendo a súa atención, solicitamos a volta a actividade dos nosos centros sendo un factor demostrado de saúde, seguridade e protección para a poboación,afacendo constar a modo de representatividade de este escrito, o listado nominativo que presentamos a continuación, así coma o listado de centros que se suman a esta petición, detallando a ubicación dos mesmos así coma o número de empleos directos que manexa cada centro.