Fundación Universidade de Santiago de Compostela

Fundación Universidade de Santiago de Compostela A Fundación USC ten a condición de medio propio personificado da USC.

A Fundación ten como finalidade de interese xeral colaborar na promoción e desenvolvemento dos fins propios da Universidade de Santiago de Compostela, contribuíndo a exercer con eficacia e eficiencia as funcións que a institución ten asignadas así como a promoción, incentivo e desenvolvemento da actividade físico – deportiva preferentemente na Comunidade Autónoma.

O Verán CampUSC 2026 non sería posible sen a colaboración das seguintes entidades públicas e privadas: Universidade de S...
03/09/2026

O Verán CampUSC 2026 non sería posible sen a colaboración das seguintes entidades públicas e privadas: Universidade de Santiago de Compostela , Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi ), Deputación da Coruña e Cabreiroá .

Grazas!



⌛Tic tac... Moito ollo porque o 1 de setembro ás 9:00 da mañá ábrese o prazo de inscrición para a oferta deportiva.Unive...
01/09/2026

⌛Tic tac... Moito ollo porque o 1 de setembro ás 9:00 da mañá ábrese o prazo de inscrición para a oferta deportiva.Universidade de Santiago de Compostelapara membros da categoría A (comunidade universitaria da USC, grupos de persoal da USC e persoal xubilado).

A partir do 8 de setembro, tamén a partir das 9:00 horas, únase ao procedemento de rexistro ou o resto da cidadanía (categorías B e C).

🗞 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/bota-andar-oferta-deportiva-usc-curso-20262027?fbclid=IwY2xjawUDxllwZG9mAWV4dG4DYWVtAjEwAGJyaWQRMEpQcUVqU2t3R0ZuY3FGRjZzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeozWyN4PUnJJOeboXVRc0Kv4uQRxM7ujcfnvfbOMRww2OcDtpmikVuMtWudQ_aem_bN7TV01uW2RDkmKXE-Qh7A

📸 FOTO: Santi Alvite

⌛ Tic tac... Moito ollo porque o 1 de setembro ás 9.00 horas abre o prazo de inscrición na oferta deportiva da Universidade de Santiago de Compostela para as persoas integrantes da categoría A (comunidade universitaria da USC, parella e fillas/os de persoal da USC e o persoal xubilado).

A partir do 8 de setembro, tamén dende as 9.00 horas, incorpórase ao procedemento de inscrición o resto da cidadanía (categorías B e C).

🗞 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/bota-andar-oferta-deportiva-usc-curso-20262027

Setembro chega con enerxía… e con el, volta o Verán CampUSC! 💙Despois da pausa do mes de agosto, o noso campamento urban...
01/09/2026

Setembro chega con enerxía… e con el, volta o Verán CampUSC! 💙

Despois da pausa do mes de agosto, o noso campamento urbano deportivo retoma a actividade para vivir unha nova etapa chea de deporte, diversión, compañeirismo e moitas aventuras. 🏀⚽🏊‍♀️

A partir de hoxe, volvemos g***r do verán con novas experiencias e a mesma ilusión de sempre. 💪

🏃‍♀️ Preparados/as para volver á acción?

O Verán CampUSC continúa! 💙

🏛️✨ Descubrindo a historia da USCNunha das actividades de xullo, os nenos e nenas do Verán CampUSC convertéronse en auté...
13/08/2026

🏛️✨ Descubrindo a historia da USC

Nunha das actividades de xullo, os nenos e nenas do Verán CampUSC convertéronse en auténticos exploradores da historia da Universidade de Santiago de Compostela.

A través dunha visita guiada polo seu patrimonio histórico, coñeceron algúns dos espazos e recunchos que forman parte da memoria da USC, descubrindo que a universidade tamén é un lugar cheo de historias, arte e patrimonio.

📚🔎 Porque aprender tamén é descubrir, experimentar e g***r da nosa contorna!

No día de hoxe remata a primeira parte do Verán CampUSC. 🏕️ Foron unhas semanas incribles, cheas de xogos, aprendizaxe, ...
31/07/2026

No día de hoxe remata a primeira parte do Verán CampUSC.

🏕️ Foron unhas semanas incribles, cheas de xogos, aprendizaxe, novos amigos e momentos inesquecibles. Moitísimas grazas a todos e todas por participar e facelo posible!

Agora toca recargar as pilas, pero vémonos á volta: retomamos a actividade o vindeiro 1 de setembro!

🥾 Actividade especial de verán: sendeirismo e montaña nos alpes julianos. Eslovenia.O grupo de sendeirismo da Universida...
31/07/2026

🥾 Actividade especial de verán: sendeirismo e montaña nos alpes julianos. Eslovenia.

O grupo de sendeirismo da Universidade de Santiago de Compostela, acompañado por persoal da Fundación USC , atópase entre o 24 ao 31 de xullo realizando unha ruta polos Alpes Julianos e os Alpes de Carintia.

Son zonas montañosas de altitudes moderadas, sendo o cumio máis alto o Triglav (punto máis alto de Eslovenia), situado a 2864 m de altitude. Estas rexións alpinas gozan dunha extraordinaria beleza paisaxística con vales, montañas, bosques, serras, lagos e pasteiros de montaña cun alto valor natural.

No seu itinerario realizarán parada na capital, Liubliana, onde visitarán os seus arredores e a parte antiga da cidade.

Máis información en https://aplicacions.usc.es/deportes/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3236

A Universidade de Santiago de Compostela  , a través da Fundación USC, continúa co programa Verán CampUSC 2026, proxecto...
29/07/2026

A Universidade de Santiago de Compostela , a través da Fundación USC, continúa co programa Verán CampUSC 2026, proxecto de conciliación da vida laboral e familiar.

Os nenos e nenas que participan nesta quenda recibiron este mércores a visita da reitora Rosa Crujeiras e da vicerreitora de Estudantes, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón. Estiveron ademais acompañadas do xerente da Fundación USC, Óscar Hermida, e do director do programa, Anxo Tarrío.

Neste programa, no que colabora o Concello de Santiago, os rapaces e rapazas coñecen unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros artísticos e saídas culturais e de natureza, organizadas con criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero.

📸 Fotografías: Santi Alvite

Máis información en https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/veran-campusc-continua-sua-andaina-conciliando-lecer-valores-civicos

Feliz día de Galicia 💙
25/07/2026

Feliz día de Galicia 💙

Xa chegamos ao ecuador do Verán CampUSC! ☀️🏃‍♀️🏃‍♂️Estas primeiras semanas estiveron cheas de deporte, natureza, aprendi...
17/07/2026

Xa chegamos ao ecuador do Verán CampUSC! ☀️🏃‍♀️🏃‍♂️

Estas primeiras semanas estiveron cheas de deporte, natureza, aprendizaxe e, sobre todo, moitísima diversión. As nenas e os nenos están a g***r dunha experiencia inesquecible, compartindo xogos, facendo novas amizades e descubrindo actividades de todo tipo.

📸 Nesta selección de imaxes podedes ver algúns dos momentos vividos: exercicios de equilibrio, un refrescante baño na piscina, a ruta ás Brañas de Sar, técnica de salto de lonxitude e unha divertida xincana ambiental.

Aínda queda moito Verán CampUSC por diante no que seguirán chegando grandes momentos! 💙💛

Comeza o Verán CampUSC 2026 con todas as súas prazas cubertas. A primeira quenda do Verán CampUSC 2026, que se inaugurou...
23/06/2026

Comeza o Verán CampUSC 2026 con todas as súas prazas cubertas.

A primeira quenda do Verán CampUSC 2026, que se inaugurou o luns 22, rexistrou unha excelnete acollida: cubríronse a totalidade das prazas ofertadas. A boa acollida consolida este programa de lecer educativo e deportivo para nenos e nenas de 3 a 13 anos, deseñado para favorecer a conciliación da vida laboral durante o período estival.

🔗 https://fundacionusc.gal/gl/fundacion/novas/comeza-veran-campusc-2026-suas-prazas-cubertas

Dirección

Avenida Das Ciencias 6, 1A. Campus Vida. Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34881975399

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Universidade de Santiago de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fundación Universidade de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría