22/07/2026
Este verán, Amaea acolle dous obradoiros intensivos impartidos por Isabel Cuesta (Isabel Cuesta ), filósofa, bailarina e coreógrafa de danza contemporánea.
O seu traballo de investigación reúne a práctica do movemento e o pensamento filosófico nunha metodoloxía propia baseada na afección, a intuición e a visualización. A partir de ferramentas da danza contemporánea, do Ashtanga Yoga e dos Fundamentos do Movemento de Bartenieff, propón unha exploración do corpo como espazo de percepción, imaxinación e transformación.
Os obradoiros teñen un horario de 19:00 a 21:30 horas e están abertos a calquera persoa, con ou sen experiencia previa.
✨ Obradoiro 1, do 29 ,30,31 de xullo: Percibir e imaxinar o corpo
✨ Obradoiro 2, do 5,6, 7 de agosto: Mobilidade e fluidez
📍 Amaea
Prezo: 70 € cada intensivo de tres días; 25 € por día solto.
📩 Inscricións por WhatsApp no número que aparece no cartel.