04/05/2026
O III TORNEO TUXELEIRES VOLVE FACER HISTORIA CO RUGBY INCLUSIVO EN SAN LÁZARO
O vindeiro 09 de maio volta o evento de rugby inclusivo que conquista o Vero Boquete de San Lázaro coa súa terceira edición.
Tuxeleires RC, un proxecto de rugby inclusivo dirixido pola Escola de Tempo Libre Don Bosco en Santiago de Compostela, volta a organizar o seu evento que busca dar visibilidade ao deporte inclusivo na capital galega.
Participarán máis de 120 deportistas cun obxectivo; fomentar a inclusión social das persoas con discapacidade a través dun evento de grandes magnitudes nunha localización histórica como é o estadio de San Lázaro.
Este torneo busca facer unha xornada especial onde se unifiquen proxectos de todo o estado español. Os clubes participantes serán o Fundación San Rosende de Ourense, CRAT Sharks de A Coruña, Tuxeleires RC de Santiago, ALL RUGBY Llanera de Asturias e Mixed Ability León. Todos os clubes defenden un modelo de deporte onde participen persoas con e sen discapacidade, homes e mulleres en prol da plena participación no deporte e dun ocio social e pleno para os deportistas.
O clube organizador quere ser referencia a nivel estatal e poñer en valor o traballo que fan en prol da inclusión coa discapacidade e dun modelo comunitario que integre a tódalas persoas sexa cal sexa súa condición, propiciando a plena participación dos deportistas.
Dende fai pouco tempo, a Federación Galega de Rugby posibilita este modelo de deporte como actividade federada e está a xerar un impacto moi grande, chegando a ser o deporte con maior alcance inclusivo en Galicia en materia de deporte puramente inclusivo. O rugby, aínda sendo un deporte pouco popularizado parece un espazo ideal para a inclusión e a plena participación.
O evento dará comezo a media mañá e alongarase ata a tarde co mítico terceiro tempo, unha festa do deporte que non deixa indiferente a ninguén e que dispón de multitude de colaboradores e asociados ao proxecto. Anímase dende o clube a vir a desfrutar da xornada e g***r do mellor deporte nas mellores intslacións da cidade.
Tal e como se di en Tuxeleires: "Se non xogamos todxs, pinchamos o balón"