Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Asociación Galega de Fútbol Gaélico FB oficial da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Entidade que regula o deporte en Galicia formada polos clubs federados na GAA e LGFA.

17/09/2026

🙌 Galicia é unha das grandes potencias mundiais de fútbol gaélico fóra das illas británicas

🏆 Na última edición dos GAA World Games, as delegacións galegas lograron un fito sen precedentes ao regresar a casa con tres títulos mundiais: a Selección Feminina A e a Selección Masculina A conquistaron as prestixiosas copas Shield de Primeira División, mentres que a Selección Feminina B se coroou campioa da Segunda División mundial

📷 Asociación Galega de Fútbol Gaélico

📸 UNHA VIAXE QUE COMEZA NO CAMPOAntes de afrontar o gran reto do torneo internacional, a nosa Selección Galega Sub-17 ti...
15/09/2026

📸 UNHA VIAXE QUE COMEZA NO CAMPO

Antes de afrontar o gran reto do torneo internacional, a nosa Selección Galega Sub-17 tivo a oportunidade de poñerse a proba ante o St Peters GAA Manchester 🏐💙

O encontro rematou con vitoria para Galicia, pero o máis importante quedou fóra do marcador: aprendizaxe, compañeirismo e a experiencia de defender Galicia lonxe de casa. 🌍

Estas son algunhas das imaxes que nos deixou aquel primeiro partido da viaxe. 📸

Galicia Sub-17. Un equipo. Unha experiencia. Unha viaxe para lembrar. 💙🤍

Puntogal Dominio Galego Acontravento Galiza Gaelic Games Europe Real Federación Galega de Fútbol - Futgal World GAA

🏆 CHEGA A SUPERCOPA GALEGA! 🏆Comeza a nova tempada de fútbol gaélico en Galicia… e facémolo cunha gran cita! 🔥Este sábad...
14/09/2026

🏆 CHEGA A SUPERCOPA GALEGA! 🏆

Comeza a nova tempada de fútbol gaélico en Galicia… e facémolo cunha gran cita! 🔥

Este sábado disputamos a Supercopa Galega, o primeiro torneo oficial da tempada, que enfrontará aos campións e campioas galegos da tempada 2025/26.

Categoría masculina
Keltoi Vigo 🆚 eѕтrelα verмelнα ғɢ

Categoría feminina
Fɪʟʟᴏs ᴅᴇ Bʀᴇᴏɢᴀ́ɴ ɢᴀᴀ 🆚Grovias F.G.

📍 Campo da USC · Santiago de Compostela
🕕 Desde as 18:00 h

Unha tarde para volver desfrutar do fútbol gaélico, medir forzas entre os mellores equipos da pasada tempada e dar o pistoletazo de saída a unha nova campaña. 💪🏐

E queremos facer unha mención especial ao Concello de Santiago pola súa colaboración e apoio na organización deste evento. Moitas grazas por apostar polo fútbol gaélico e por axudarnos a seguir facendo medrar o noso deporte na cidade. 💙

🔥 Comeza a tempada. Comeza a loita pola Supercopa.

Acontravento Dominio Puntogal Gaelic Games Europe Real Federación Galega de Fútbol World GAA Concello de Santiago Deporte Galego

08/09/2026

Preguntas rápidas con , xogador dos .lorchos de Boiro 🏐💪🏻

07/09/2026
🏐 UNHA VIAXE PARA LEMBRAR | GALICIA SUB-17 ✈️A aventura do Galicia Sub-17 en Manchester foi moito máis ca un torneo. Foi...
07/09/2026

🏐 UNHA VIAXE PARA LEMBRAR | GALICIA SUB-17 ✈️

A aventura do Galicia Sub-17 en Manchester foi moito máis ca un torneo. Foi unha experiencia de equipo, de convivencia, de aprendizaxe e de crecemento.

A viaxe comezou o venres pola tarde cun amigable fronte ao St Peters GAA Manchester , club local, no que os nosos conseguiron a primeira vitoria da fin de semana. Un primeiro contacto co fútbol gaélico británico que serviu tamén para comezar a vivir o que sería unha fin de semana inesquecible.

Xa o sábado chegou o gran reto. Na competición Cup (máxima competición), Galicia enfrontouse a dous dos condados máis potentes de Gran Bretaña: Official Warwickshire GAA e London GAA Dúas derrotas, si, pero tamén dous partidos nos que o equipo competiu, loitou e nunca deixou de plantar cara.

E aínda quedaba o mellor.

Na final Shield, fronte a Hertfordshire GAA🏐 , o Galicia Sub-17 protagonizou un partido espectacular. Igualdade máxima, emoción ata o final e unha batalla que só se decidiu nos derradeiros intres da segunda parte da prórroga e por dous puntos. Esta vez a vitoria escapou por moi pouco, pero o equipo deixou unha mostra enorme do seu carácter.

💙 Porque esta viaxe non se mide só en resultados.

Mídese nas horas compartidas, nas novas amizades, na camaradería, nas experiencias vividas xuntos e en todo o aprendido dentro e fóra do campo.

Moitas grazas a Gaelic Games Council of Britain polo convite e excelente trato, agardamos poder voltar en sucesivos anos.

Orgullosos deste equipo. Orgullosos de Galicia.
Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Gaelic Games Europe World GAA Acontravento Galiza Puntogal Dominio Galego

06/09/2026

Well done to our Hertfordshire u17s team and management on winning the Shield at this year's PBC International Tournament in Manchester yesterday. The boys played Lancashire u17s in the semi final winning 2-15 to 3-05. In the final they came up against a very resilient Galacia GAA (Spain) . The final game needed extra time to separate the sides with Hertfordshire winning by 2 points. Well done to all Involved and to all the parents that travelled and supported the boys. A special thankyou to Lancashire GAA for hosting this years competition. 🟢🟡👏👏

02/09/2026

🎙️ CHRIS COLLINS | Gaelic Games Europe

Chris Collins, Head of Operations de Gaelic Games Europe, estivo connosco durante a primeira edición da Celtic Cup Sub-17 e comparte a súa visión sobre a importancia de crear competicións internacionais que permitan ás novas xeracións competir, aprender e medrar dentro e fóra do terreo de xogo. 🌍🏐

Porque cada partido, cada viaxe e cada encontro con xogadores e xogadoras doutros países forma parte do desenvolvemento dunha nova xeración de xogadoras e xogadores.

E hoxe temos unha noticia que nos fai especial ilusión anunciar:

🔥 A CELTIC CUP SUB-17 VOLVE EN 2027! 🔥

A segunda edición xa está en marcha e chegará con novos equipos, novas caras e un novo formato de competición.

O que comezou en 2026 foi só o principio.

Celtic Cup 2027. See you there. 💙🏐

🎥 Última entrevista da nosa serie sobre a Celtic Cup 2026.



01/09/2026

🌍 O gaélico que nos une

Lola Devlin, xogadora Sub-17 de Naomh Pádraig GAC, Co. Antrim, Irlanda, comparte connosco a súa experiencia no fútbol gaélico. 💚🏐

🎙️ Na entrevista, Lola cóntanos como comezou neste deporte, como ve ás nosas xogadoras galegas e, sobre todo, o que significa para ela poder coñecer rapazas e rapaces doutros países que comparten a mesma paixón polo gaélico.

Porque torneos como a Celtic Cup son moito máis que competición.

Son unha oportunidade para coñecer outras culturas, facer novas amizades, compartir experiencias e descubrir que, aínda que veñamos de lugares diferentes, hai un deporte que nos une.

Irlanda 🤝 Galicia

🎥 Dentro da conversa con Lola Devlin.



01/09/2026

🏐 ÚNETE ÁS CANTEIRAS DO TURONIA!🏐

O Turonia Gondomar F.C. abre as portas da súa canteira de fútbol gaélico para nenas e nenos a partir de 10 anos. 💙💛

Un deporte diferente, dinámico e inclusivo no que aprender, divertirse e formar parte dun equipo. 🤝

📅 Xoves
⏰ 19:00 – 20:30 h
📍 Campo das Gaiandas
💶 150 € por tempada (socio/a – formación, con facilidades de pago)
🎉 Primeira semana de proba GRATIS!

Se queres descubrir o fútbol gaélico e vivir o deporte en equipo, esta é a túa oportunidade!💪

📲 Máis información: 674 680 194 (Vítor)

Gondomar ValMiñor DeporteInfantil ÚneteÁCanteira

Dirección

Galicia
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Fútbol Gaélico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Fútbol Gaélico:

Atajos

Compartir