Hockey Berenguela

Hockey Berenguela CD Berenguela
Santiago de Compostela

CONTINUAMOS COAS NOVIDADES DO NOSO OK PRATA! 👀Estamos moi contentos de anunciar o gran paso das nosas xogadoras xuvenís ...
14/09/2026

CONTINUAMOS COAS NOVIDADES DO NOSO OK PRATA! 👀

Estamos moi contentos de anunciar o gran paso das nosas xogadoras xuvenís ao primeiro equipo, onde esta tempada afrontarán o seu primeiro ano na Liga Nacional.

Tres xogadoras con moitas ganas de demostrar todo o seu potencial, seguir aprendendo e gañar experiencia nesta nova etapa.

Confiamos nelas e estamos desexando velas medrar e desfrutar desta oportunidade. 🖤❤️

Benvidas ao primeiro equipo! 💪🏼

COMEZA A COPA GALICIA! 🏆Hoxe as nosas xogadoras de OK Prata disputan o seu primeiro partido nesta competición, unha nova...
07/09/2026

COMEZA A COPA GALICIA! 🏆

Hoxe as nosas xogadoras de OK Prata disputan o seu primeiro partido nesta competición, unha nova oportunidade para continuar coa preparación de cara á tempada 2026/2027. 🏑

📅 7 de setembro
🕘 21:00 h
📍 Pavillón Municipal de Vite

📺 O partido será retransmitido en directo por Partidos Hockey Galegos en YouTube.

Agardámosvos en Vite para acompañar o equipo! 🖤❤️

XA CASE CHEGA SETEMBRO! 📆E iso só pode significar unha cousa… VOLVEN OS ADESTRAMENTOS! 🔥Estamos desexando volver á pista...
22/08/2026

XA CASE CHEGA SETEMBRO! 📆

E iso só pode significar unha cousa…
VOLVEN OS ADESTRAMENTOS! 🔥

Estamos desexando volver á pista, reencontrarnos e comezar unha nova tempada chea de ilusión, aprendizaxe e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. 🤩

Queres formar parte da nosa familia?
Anímate e ven a descubrir o hockey patíns connosco!‼️

Aprende, adestra, divírtete e vive o hockey como nunca!
Agardámoste no C.D. Patín Berenguela!❤️🖤

📞 600 216 836

Esta fin de semana estivemos en Portugal de torneo, gozando do hóckey e creando un grupo marabilloso, grazas a todas as ...
06/07/2026

Esta fin de semana estivemos en Portugal de torneo, gozando do hóckey e creando un grupo marabilloso, grazas a todas as familias que asistiron e moi bo verán para todos❤️🖤💪🏼

Durante esta fin de semana as nosas rapazas Malena, Gemma, Luján y Ari, están representando a Galicia no torneo de selec...
20/06/2026

Durante esta fin de semana as nosas rapazas Malena, Gemma, Luján y Ari, están representando a Galicia no torneo de seleccións sub 15 feminino, tédelo máis que merecido mozas! 👏🏼❤️
Estamos moi orgullosos de vós!💪🏼❤️🖤

Chega o último partido da temporada ❤️🖤Esta tarde, o DP Berenguela Axiltec disputará a derradeira xornada da liga fronte...
06/06/2026

Chega o último partido da temporada ❤️🖤

Esta tarde, o DP Berenguela Axiltec disputará a derradeira xornada da liga fronte ao Imán Serroukh Alcalá Hockey.

🕕 18:00
📍 Alcalá de Henares

A g***r da pista unha vez máis e a rematar o curso facendo o que máis nos gusta 🏑

As nosas infantís regresan da Copa de España cun meritorio cuarto posto ❤️🖤Unha fin de semana inesquecible para un equip...
01/06/2026

As nosas infantís regresan da Copa de España cun meritorio cuarto posto ❤️🖤

Unha fin de semana inesquecible para un equipo que afrontaba por primeira vez unha competición destas características, compartindo pista cos mellores equipos do país e vivindo unha experiencia que seguro quedará para sempre na súa memoria.

Ao longo de todo o torneo demostraron personalidade, compromiso, compañeirismo e moitas ganas de competir, deixando unha imaxe fantástica dentro e fóra da pista.

Quedaron ás portas do podio, pero levan algo igual de importante: aprendizaxe, experiencia e a certeza de que o traballo realizado durante toda a temporada ten moito valor.

Grazas por facernos desfrutar e por representar estas cores con tanto orgullo.
O futuro é voso!!!! ❤️🖤🏑

📆Chega xuño e xunto a el, xornadas de postas abertas para calquera pequeno ! 🛼Anímache a probar o hóckey sobre patíns, s...
01/06/2026

📆Chega xuño e xunto a el, xornadas de postas abertas para calquera pequeno ! 🛼
Anímache a probar o hóckey sobre patíns, se necesitas material aquí temos de todo ! ‼️
Calquera dúbida: 600216836 📞📨

Orgullo absoluto destas rapazas ❤️🖤O noso infantil feminino pelexou ata o último segundo nunha semifinal moi igualada qu...
30/05/2026

Orgullo absoluto destas rapazas ❤️🖤

O noso infantil feminino pelexou ata o último segundo nunha semifinal moi igualada que rematou cun axustado 2-1.

Ás veces o resultado non acompaña, pero hoxe volveron demostrar carácter, compromiso e unha capacidade de loita que nos fai sentir moi orgullosos delas.

Mañá ás 12:00 terán unha nova oportunidade para seguir competindo, no partido polo terceiro e cuarto posto do Campionato de España.

A cabeza ben alta e a seguir gozando dunha experiencia que xa é inesquecible ❤️🖤🏑

Chega a hora da verdade ❤️🖤Ás 20:30, o noso infantil feminino saltará á pista para disputar a semifinal do Campionato de...
30/05/2026

Chega a hora da verdade ❤️🖤

Ás 20:30, o noso infantil feminino saltará á pista para disputar a semifinal do Campionato de España.

Un premio ao esforzo, ao traballo de toda a temporada e ás ganas de competir que este equipo leva demostrando durante todo o ano.

Agora toca desfrutar do momento, confiar no traballo feito e loitar cada bola ata o final.

Moita sorte, rapazas. Todo o club está con vós ❤️🖤🏑

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Hockey Berenguela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Hockey Berenguela:

Atajos

Compartir

Categoría