11/05/2023
Campionato de España de Trail por Autonomías 🇪🇦 🤍💙🤍
Coa vista posta no campionato nacional de Media Maratón para facer unha boa marca mellorando a miña actual e dado que me estaba costando meter kms, decido voltar ao monte para competir por equipos no Galego de Trail, gañamos por equipos e son segundo no campionato, iso lévame a poder participar coa selección no campionato absoluto por autonomías en Navarra, as consecuencias da carreira da Curota foron 4 días machacado muscularmente 🤕sen poder correr, entro un pouco en modo Trail ⛰️ e tamén para facer equipos e irme adaptando fago outro máis levadeiro de Touro a O Pino, fago a modo entreno e tamén experimentos coa comida e non o paso nada ben, problemas dixestivos e chegamos a Navarra sen kms e curiosamente sen ter preparada a media maratón que será en Santander este próximo Domingo.
Lerín, Navarra, a priori un circuito con moi boa pinta, con partes moi duras pero curtas e zonas moi rápidas e corribles donde o podo pasar moi moi ben, salgo rápido e con boas sensacións pero a partir do km6 o pé dereito adormece😴, perdo totalmente a sensibilidade e os sóleos comezan a cargarse máis da conta, logo pasa tamén para o pé esquerdo, afrouxo as zapas, procuro agardar a zonas máis corribles para que a sensación mellore pero non acado xestionalo ben, vexo que tres compañeiros xa os levo diante, son os que puntúan e decido desconectar da competición e vivilo doutra maneira… pesar por non poder colaborar loitando na parte dianteira donde penso que podería estar se todo fose ben pero asumo aprendizaxe entrando en modo aceptación e agradecemento.
🙏🙏🙏
Agradecemento por poder vivir esta experiencia con todo o equipo de Galicia, dende o seu responsable Iván ata o noso chófer persoal, o gran Santi ;)
Mención especial para Pablo que estaba a facer un carreirón cando o mandaron polo camino errado a piques de chegar a meta, o futuro é seu para o que queira.
Rubén como garantía de éxito sempre neste tipo de competiciós, con Manu estratosférico tomando unha proba de 27kms polo monte como parte da súa preparación e competindo a tope para deixarnos o máis arriba posible, ⏬