14/10/2026
MATCHDAY || Sénior A
Despois de 6 xornadas invictos, afrontamos unha nova xornada de liga coa ilusión e as ganas de seguir prolongando esta boa dinámica. Esta vez tocará desprazarse ata o campo do Umia, nun partido no que buscaremos dar o cen por cento e seguir amosando a nosa mellor versión.
O equipo chega con confianza, pero sabendo que cada partido é unha nova oportunidade para seguir medrando e demostrando o traballo que hai detrás.
Seguimos traballando e seguimos co mesmo obxectivo.
Xuntos somos máis fortes, xuntos facemos cidade.