10/09/2026
🥉𝗟𝗨𝗖𝗜́𝗔 𝗣𝗘𝗢́𝗡 𝗧𝗥𝗔𝗘 𝗢 𝗕𝗥𝗢𝗡𝗖𝗘 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗢 𝗡𝗔 𝗩𝗘𝗥𝗧𝗜𝗖𝗔𝗟 🥉
⛰️ O pasado domingo, Vilamartín de Valdeorras acolleu a 𝗜𝗜 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗩𝗲𝗿𝘁𝗶𝗰𝗮𝗹 𝗢 𝗦𝗮𝗰𝗮𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀, proba na que tamén se disputou o 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗫𝘂𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝘂𝗯𝗶𝗱𝗮 𝗩𝗲𝗿𝘁𝗶𝗰𝗮𝗹, organizada polo Concello de Vilamartín de Valdeorras xunto coa Federación Galega de Atletismo.
Un percorrido espectacular e esixente de 𝟰,𝟮 𝗸𝗺 𝗲 𝟭.𝟬𝟱𝟬 𝗺𝗲𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗻𝗶𝘃𝗲𝗹 𝗽𝗼𝘀𝗶𝘁𝗶𝘃𝗼, con saída desde A Ponte Nova da Barca de Arnado e chegada no Alto do Monzón. Un auténtico reto en vertical que puxo a proba a forza e resistencia dos participantes. 💪🏼⛰️
🏃🏾♀️🏆 A nosa xa veterana nestes terreos, 𝗟𝘂𝗰í𝗮 𝗣𝗲ó𝗻, volveu demostrar que as subidas son o seu terreo. Con 𝗽𝗲𝗿𝗻𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗰𝗲𝗶𝗿𝗼, completou a carreira nun tempo de 𝟬𝟬:𝟱𝟳:𝟱𝟮, acadando un fantástico 🥉 𝘁𝗲𝗿𝗰𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗽𝗼𝘀𝘁𝗼 𝗮𝗯𝘀𝗼𝗹𝘂𝘁𝗼 e proclamándose 𝗯𝗿𝗼𝗻𝗰𝗲 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 na Subida Vertical.
💙 𝗣𝗮𝗿𝗮𝗯é𝗻𝘀, 𝗟𝘂𝗰í𝗮! Outro metal para o medalleiro azul e outra demostración de que, cando o camiño se pon costa arriba, aí está a nosa corredora para dar guerra. 🔥⛰️
🌀