Escuderia Rodeiro

Escuderia Rodeiro Páxina oficial da Escudería Rodeiro. Escudería creada no ano 2000 con participación en probas do campionato Galego, Nacional e outros rexionais.

✨ Feliz Aninovo 2026 ✨Desde a Escudería Rodeiro queremos desexarvos un ano novo cheo de saúde, ilusión e moitos quilómet...
31/12/2025

✨ Feliz Aninovo 2026 ✨

Desde a Escudería Rodeiro queremos desexarvos un ano novo cheo de saúde, ilusión e moitos quilómetros de emocións. Grazas a todos os seguidores por estar sempre ao noso lado, apoiando, animando e facendo que cada carreira teña sentido.

Queremos facer tamén un agradecemento moi especial a todos os pilotos que formaron parte da escudería neste 2025. O voso esforzo, compromiso e paixón polas carreiras fixeron deste ano unha tempada inesquecible e deixaron o nome de Rodeiro moi alto en cada tramo.

Que o 2026 veña cargado de novos retos, máis carreiras e, sobre todo, de moitos momentos para celebrar xuntos.
🚗💨 Grazas por formar parte desta familia.

Xa temos datas para as probas da tempada 2026. Imos! 🏁👏🏻
13/12/2025

Xa temos datas para as probas da tempada 2026.

Imos! 🏁👏🏻

Onte cerramos a temporada 2025 cunha cea moi especial coa familia da Escudería Rodeiro: pilotos, copilotos, asistencia, ...
16/11/2025

Onte cerramos a temporada 2025 cunha cea moi especial coa familia da Escudería Rodeiro: pilotos, copilotos, asistencia, organización e toda esa xente que, dun xeito ou doutro, fai que este proxecto siga adiante.

Moita xente non puido estar, pero tamén forman parte desta aventura, e queremos agradecerlles igual o esforzo, o tempo e a dedicación que lle poñen durante todo o ano.

É un orgullo compartir momentos así, fora das carreiras, onde lembramos por que facemos isto: pola paixón, pola amizade e polo ambiente tan bonito que se crea arredor do motor. Cada risa, cada anécdota e cada historia compartida fai que o equipo sexa aínda máis especial.

A temporada que vén preséntase chea de novos retos, ilusión e moitas ganas de seguir dando gas. Se algo temos claro é que o camiño faise mellor cando o percorremos como un equipo de verdade.

Grazas a todos e todas por formar parte desta familia.
Imos con todo, equipo. 🔥💙🏁

🔥 Fin de semana de rali á vista! 🔥Imos ata Lugo, que chega o mítico Rali San Froilán 🏁Esta vez o noso  vai acompañado po...
17/10/2025

🔥 Fin de semana de rali á vista! 🔥
Imos ata Lugo, que chega o mítico Rali San Froilán 🏁

Esta vez o noso vai acompañado por primeira vez de 💥

Levan o dorsal 93, así que xa sabedes a quen animar cando pasen a todo gas! 🚗💨💨

A dar guerra e pasalo en grande, coma sempre 😎
💪 Sorte equipo!!

🏁 Hoxe dá comezo o IV Rallye da Comarca do Carballiño!O noso piloto  xa está preparado para afrontar cada tramo co dorsa...
26/09/2025

🏁 Hoxe dá comezo o IV Rallye da Comarca do Carballiño!

O noso piloto xa está preparado para afrontar cada tramo co dorsal 93, deixando claro que a paixón polo motor segue máis viva ca nunca.🚗

Serán dous días de moita emoción, loita contra o crono e ese ambiente único que só un rallye galego sabe crear. 🙌

Animádevos a acompañarnos e a darlle todo o apoio dende as cunetas, porque cada ánimo conta! 💪

Imos equipo! 🏁👏🏻

📣 Nova fichaxe na escudería! 🚗💨A nosa familia segue medrando, e hoxe temos o pracer de anunciar a incorporación dun novo...
19/09/2025

📣 Nova fichaxe na escudería! 🚗💨

A nosa familia segue medrando, e hoxe temos o pracer de anunciar a incorporación dun novo piloto: José Souto Sobrado, ( )que competirá cun Citroën Saxo VTS. 🙌

Con el, a escudería tamén traspasa as fronteiras de Galicia e fará o seu debut en terras de Castela e León, participando esta fin de semana no Rallysprint Villa de Toreno 🏁.

José e o seu copiloto Marcos levarán o dorsal 46 no seu coche e estamos seguros de que deixará o listón ben alto. 💪

Desexámoslle moita sorte a el e tamén a todos os participantes desta proba. 🍀🔥

Mañá, 16 de agosto, celébrase o 1º Slalom de Rodeiro 🏎️💨 e a nosa escudería estará presente coa participación de Zalo Va...
15/08/2025

Mañá, 16 de agosto, celébrase o 1º Slalom de Rodeiro 🏎️💨 e a nosa escudería estará presente coa participación de Zalo Val 🏁

Animádevos a vir e vivir a emoción do motor en directo. Será unha xornada chea de velocidade, habilidade e moita paixón polo automovilismo. 🔥

📍 Rodeiro
📅 16 de agosto
🏆 1º Slalom de Rodeiro

💪 Imos con todo, Zalo!

🏁 Esta fin de semana… VOLVE O ESPECTÁCULO DA MONTAÑA!💥 O Campionato Galego de Montaña regresa cun clásico do motor: a 29...
02/08/2025

🏁 Esta fin de semana… VOLVE O ESPECTÁCULO DA MONTAÑA!
💥 O Campionato Galego de Montaña regresa cun clásico do motor: a 29ª Subida A Estrada, e a Escudería Rodeiro estará presente un ano máis 💙

🔥 O noso compañeiro será o encargado de representarnos nesta mítica subida, ao volante do seu Peugeot 106, listo para dar gas e pelexar cada décima curva tras curva!

📍 A Estrada transformarase de novo nun auténtico templo para os amantes da velocidade, e alí estaremos para apoiar e g***r dunha das citas máis esperadas do calendario.

💪 Moita sorte para Zalo e para todos os participantes! Que sexa unha fin de semana chea de emoción, paixón polo motor e, sobre todo, moita seguridade.

🚨 NOVO PILOTO NA FAMILIA! 🚨🔥 Estamos moi orgullosos de anunciar que YONI VIANA (  ) pasa a formar parte da Escudería Rod...
21/07/2025

🚨 NOVO PILOTO NA FAMILIA! 🚨
🔥 Estamos moi orgullosos de anunciar que YONI VIANA ( ) pasa a formar parte da Escudería Rodeiro 💙

💥 E non vén de paseo… porque debutará esta fin de semana na 51ª Subida a Chantada, unha das probas máis emblemáticas do automobilismo galego, a bordo do seu espectacular Honda Civic e co dorsal 85 🏎️💨

💭 Tras anos de traballo, paixón e esforzo, Yoni por fin cumpre o seu soño de competir oficialmente. E faino por todo o alto, con nós a carón!

📍 Chantada vai tremer co rugido dos motores… e alí estará Yoni, preparado para dar gas, g***r e deixarse a pel en cada curva.

💪 Moita sorte Yoni! Que sexa o inicio dunha gran etapa!
Tamén lles desexamos o mellor a todos os participantes desta subida histórica. Que sexa unha festa do motor segura e inesquecible!

🏁 Esta fin de semana o motor volve a ruxir no sur de Galicia!A nosa escudería Rodeiro estará presente no XXI Rallye Sur ...
10/07/2025

🏁 Esta fin de semana o motor volve a ruxir no sur de Galicia!
A nosa escudería Rodeiro estará presente no XXI Rallye Sur do Condado, que se celebra os días 11 e 12 de xullo.
A acción terá lugar arredor de Salvaterra de Miño, cobrindo tamén tramos en Covelo–Mondariz, Ponteareas, Mos, Arbo e Salceda de Caselas.

🚗 Representando á nosa escudería teremos a acompañado por como copiloto, a bordo do seu Citroën C2, levando o dorsal 81. Unha dupla que promete dar espectáculo nos tramos!

💪 Dende a Escudería Rodeiro desexámoslle moita sorte a eles e a todos os participantes desta edición. Que sexa un rallye seguro e emocionante para todos!

🕒 Itinerario detallado:

📍 Venres 11 (nocturno)
• Cerimonia de saída en Praza do Castelo, Salvaterra de Miño, ás 21:00

📍 Sábado 12 (día completo)
Inicio en parque pechado ás 08:00, e continuación con 12 tramos cronometrados que suman 105,8 km:
• SS 1 Covelo–Mondariz 1 (12,03 km) – 08:48
• SS 2 Ponteareas 1 (7,06 km) – 09:24
• SS 3 Mos 1 (8,34 km) – 10:11
• Servizo A en Salvaterra de Miño – 11:33
• SS 4 Covelo–Mondariz 2 (12,03 km) – 12:51
• SS 5 Ponteareas 2 (7,06 km) – 13:27
• SS 6 Mos 2 (8,34 km) – 14:14
• Servizo B en Salvaterra de Miño – 15:57
• SS 7 Arbo 1 (7,26 km) – 17:27
• SS 8 Salvaterra de Miño 1 (9,84 km) – 18:10
• SS 9 Salceda de Caselas 1 (8,37 km) – 18:43
• Servizo C en Salvaterra de Miño – 19:58
• SS 10 Arbo 2 (7,26 km) – 21:13
• SS 11 Salvaterra de Miño 2 (9,84 km) – 21:56
• SS 12 Salceda de Caselas 2 (8,37 km) – 22:29
• Chegada ao parque pechado e podio – 22:59

Esta fin de semana imos con todo no VII Rally de Pontevedra! 🔥Os nosos equipos xa están listos para dar espectáculo:🚗  e...
06/06/2025

Esta fin de semana imos con todo no VII Rally de Pontevedra! 🔥
Os nosos equipos xa están listos para dar espectáculo:

🚗 e levan o dorsal 95 no seu Peugeot 106, preparados para deixalo todo nos tramos.

🚗 e co dorsal 137, veñen con ganas de guerra e moito ritmo co seu Peugeot 106.

🚗 e como nova incorporación á escudería van defender o dorsal 130 co seu Citroen C2!

💪 Sorte aos nosos participantes e grazas a todos os que nos apoian e veñen animar dende as cunetas. Que se note a forza da nosa terra! 🔥

Dirección

Rodeiro

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escuderia Rodeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría