Servizo de Deportes - Concello de Rianxo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Servizo de Deportes - Concello de Rianxo Páxina Oficial do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

Páxina do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, servizo público dirixido á xestión e a dinamización do deporte no noso concello.

Presentouse na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, proba pertencente ao Circuíto Provincial de C...
21/10/2026

Presentouse na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, proba pertencente ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Unha proba que pola seu particular percorrido, así como pola participación dos máis pequenos da casa, é unha auténtica festa do deporte.

📍 Será o vindeiro 31 de outubro, a partir das 16:30 horas, na Praza de Castelao.

📢Máis info: https://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/xii-carreira-popular-concello-de-rianxo

✅Bule, o vindeiro martes, 27 de outubro, pechamos as inscricións: https://eventos.emesports.es/.../xii.../inscripcion_datos/

✅Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids.📢Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter l...
05/10/2026

✅Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids.

📢Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

👧🏻A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade. Os participantes de 3 a 5 anos completarán un trazado de aproximadamente 500 metros, mentres que os de 6 a 12 anos realizarán un percorrido duns 900 metros.

💙A inscrición ten un prezo de 8 euros e inclúe camiseta e medalla finisher. A proba será 100 % solidaria grazas ao apoio de Banco Mediolanum e do proxecto Mediolanum Aproxima, coa recadación destinada a Cruz Vermella Xuventude.

Inscricións:
https://www.deporticket.com/web-evento/14082-gladiator-kids-concello-rianxo

A  Secretaría Xeral Deporte publicou de aviso para hoxe martes, 29 de setembro de 2026, no que suspende a actividade xog...
29/09/2026

A Secretaría Xeral Deporte publicou de aviso para hoxe martes, 29 de setembro de 2026, no que suspende a actividade xogade e federada no exterior entre as 12 e as 24 h. por alerta laranxa por vento en terra e choiva na nosa zona (suroeste A Coruña).

Á vista do anterior, non se poderá desenvolver actividade deportiva algunha nos campos municipais de fútbol da Lomba e Vilas, no campo de rugby de Sta. Lucía nin nas pistas polideportivas descubertas.

Un saúdo!

ANDAINA "AS TRES CRUCES" - Goza do Ulla 2026.Deixamos unhas fotos da andaina "As tres Cruces - Goza do Ulla 2026" que di...
28/09/2026

ANDAINA "AS TRES CRUCES" - Goza do Ulla 2026.

Deixamos unhas fotos da andaina "As tres Cruces - Goza do Ulla 2026" que discorreu pola beira do Ulla nas parroquias de Isorna e Leiro (Rianxo).

Grazas a Protección Civil de Rianxo e Policía Local de Rianxo pola colaboración.

Goza do Ulla

👣 O programa de roteiros "Goza do Ulla" volve a Rianxo o vindeiro 27 de setembro cunha fantástica ruta organizada polo S...
22/09/2026

👣 O programa de roteiros "Goza do Ulla" volve a Rianxo o vindeiro 27 de setembro cunha fantástica ruta organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo para desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla.

✍🏼 A actividade é de balde e as inscricións estarán abertas ata o día xoves 24 de setembro.

ℹ️ Máis información no seguinte enlace: https://concelloderianxo.gal/.../andaina-as-tres-cruces...

🏃‍♀️⚽ Novo curso das actividades deportivas municipais.📅 O vindeiro luns 21 de setembro abre o prazo de inscrición na no...
21/09/2026

🏃‍♀️⚽ Novo curso das actividades deportivas municipais.
📅 O vindeiro luns 21 de setembro abre o prazo de inscrición na nova programación das actividades deportivas do Concello de Rianxo.
✅Unha programación deportiva de máis de 30 horas semanais en diferentes puntos do municipio ás que se suma a oferta das diferentes entidades deportivas municipais, así como a da piscina municipal.
🔗Horarios e inscricións: https://concelloderianxo.gal/deportes/2027

Actividades Deportivas Municipais Verán 2026A partir de hoxe, 12 de xuño e ata o 4 de setembro, xa podes inscribirte nas...
12/06/2026

Actividades Deportivas Municipais Verán 2026

A partir de hoxe, 12 de xuño e ata o 4 de setembro, xa podes inscribirte nas actividades deportivas municipais.
Toda a información a podes atopar no seguinte enlace:

https://concelloderianxo.gal/deportes/2021/info

30/04/2026

Dirección

Rianjo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Servizo de Deportes - Concello de Rianxo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Servizo de Deportes - Concello de Rianxo:

Atajos

Compartir