CPA Bolboreta Redondela

CPA Bolboreta Redondela Clube Patinaxe Artística Redondela 💙🦋

🎉 Abertas as inscricións para a tempada 2026-2027 do Grupo de Iniciación! 🛼🗓 Todos os martes e venres⏰ De 16:00 a 17:00 ...
26/08/2026

🎉 Abertas as inscricións para a tempada 2026-2027 do Grupo de Iniciación! 🛼

🗓 Todos os martes e venres
⏰ De 16:00 a 17:00 h

¿Queres divertirte aprendendo a patinar e formar parte do noso grupo?
Non perdas a oportunidade!

📲 Contacta connosco: 671 22 07 70

💫 VI Trofeo Terras de Orcellón 💫Poñemos o broche final á tempada do noso Show Promocional, Proyecto Hawkins no Trofeo Te...
29/07/2026

💫 VI Trofeo Terras de Orcellón 💫

Poñemos o broche final á tempada do noso Show Promocional, Proyecto Hawkins no Trofeo Terras de Orcellón 🛼✨

🏅 Un increíble 4° posto.

Pechamos esta tempada cun resultado que nos enche de orgullo, pero sobre todo coa satisfacción de ver todo o que medrou este equipo ao longo destes meses. Cada adestramento, cada esforzo e cada actuación fixeron que chegásedes ata aquí. 💙

Grazas ao Club Aehde O Carballiño pola gran organización do trofeo e por facernos sentir tan ben acollidos. 💜

E, por suposto, grazas á nosa familia Bolboreta por acompañarnos unha vez máis, por estar sempre nas bancadas animando e por facer que nunca nos sintamos sós. 🦋🫶

Agora si... toca descansar, desfrutar do verán e recargar enerxías. Nós xa estamos desexando volver vervos sobre a pista na próxima tempada. 💙✨

Proyecto Hawkins🔬🧪🩸Niños con habilidades telequinéticas viven encerrados como experimentos en el Laboratorio Nacional de...
26/06/2026

Proyecto Hawkins🔬🧪🩸

Niños con habilidades telequinéticas viven encerrados como experimentos en el Laboratorio Nacional de Hawkins. Todo está bajo control… o eso parece.

📸 .photo
🧵🪡

💫 Campionato Autonómico Show 2ª Categoría 💫Este sábado desprazámonos a O Porriño co noso grupo pequeno de 2ª categoría p...
26/06/2026

💫 Campionato Autonómico Show 2ª Categoría 💫

Este sábado desprazámonos a O Porriño co noso grupo pequeno de 2ª categoría para disputar o Campionato Autonómico de Grupos Show.

🏅 4º posto para Proyecto Hawkins.

Estamos inmensamente orgullosas deste equipo. A evolución que demostraron ao longo desta tempada é simplemente incrible. 💙

Nesta ocasión tocou seguir aprendendo. Porque cada erro forma parte da aprendizaxe e do camiño para seguir medrando. Parabéns, equipo! ✨

Queremos agradecer ao a excelente organización deste campionato. Todo saíu sobre rodas! 🧡

E, como sempre, grazas á nosa gran familia Bolboreta, que unha vez máis encheu as bancadas de apoio, forza e ilusión. Sen vós nada sería igual. Mil grazas! 🫶🦋

💪 Agora toca preparar a última parada desta tempada para este grupo:
Trofeo Terras de Orcellón, no Carballiño.

🍀 Imos con todo!

💫Festival de fin de curso 💫O pasado venres 19 de xuño celebramos o noso Festival de Fin de Curso, unha tarde moi especia...
24/06/2026

💫Festival de fin de curso 💫

O pasado venres 19 de xuño celebramos o noso Festival de Fin de Curso, unha tarde moi especial na que os nosos patinadores e patinadoras puideron amosar unha pequena parte de todo o que traballaron, aprenderon e melloraron ao longo desta tempada. ✨

E non puidemos estar mellor acompañados! Grazas ao , ao .blossom e ao cole de Reboreda por compartir con nós esta tarde tan especial. 🫶

Queremos dar as grazas:

💙 Ao , por apoiarnos sempre.

💙 A todos os comercios e ás familias que colaboraron co sorteo:
• Mandamama
• A Tenda do Avó
• Yirandola
• Moliére
• Burbulla Artesanía
• Familias
Grazas por colaborar e por apoiar o deporte! 🫶

📸 A , por inmortalizar esta tarde con esas fotos tan fermosas e por estar sempre disposto a botarnos unha man en todo o que necesitamos.

💙 Ás familias, que sempre estades aí, axudándonos en cada evento que organizamos. Sodes moitas as persoas que colaborades e o agradecemento que sentimos é inmenso.

💙 Á directiva e a todo o equipo de profes, que sempre poñen o mellor de si para que todo saia perfecto.

É imposible nomear unha por unha a todas as persoas que facedes posible que isto siga medrando. Sodes moitas as que estades sempre aí, apoiando, colaborando e sumando. Estamos enormemente agradecidos. ☺️

✨ Seguimos desfrutando do que queda de tempada. Grazas por formar parte desta gran familia! 💙🦋

✨ FESTIVAL FIN DE CURSO ✨🗓️ Venres, 19 de xuño🕖 19:00 h📍 Pavillón da MarismaChegou un dos días máis especiais da tempada...
17/06/2026

✨ FESTIVAL FIN DE CURSO ✨

🗓️ Venres, 19 de xuño
🕖 19:00 h
📍 Pavillón da Marisma

Chegou un dos días máis especiais da tempada! 🦋

Este venres celebramos o noso Festival de Fin de Curso, unha tarde chea de ilusión, emoción e moito patinaxe. Os nosos patinadores e patinadoras sairán á pista para amosar todo o aprendido durante este ano, despois de meses de esforzo, dedicación e moitas horas de adestramento. 💫

Ademais, teremos a sorte de compartir esta xornada cos nosos clubs convidados, .blossom e , e tamén co CEIP Reboreda. 🫶

Moitas grazas por aceptar a nosa invitación e por formar parte deste día tan especial. Estamos seguros de que será unha tarde inesquecible!

Agora si… xa non queda nada! 😍

Agardámosvos para desfrutar dunha tarde inesquecible sobre rodas. Non faltedes! 💙🦋

💫 Campionato Galego Libre Cadete a Sénior 💫Esta fin de semana desprazámonos ata Tomiño coas nosas patinadoras de categor...
15/06/2026

💫 Campionato Galego Libre Cadete a Sénior 💫

Esta fin de semana desprazámonos ata Tomiño coas nosas patinadoras de categoría nacional, Naia e Luna, para participar no Campionato Galego de Libre, pechando así a súa tempada de competición individual.

Non podemos estar máis orgullosas delas. O simple feito de chegar a este campionato xa é un gran logro e o reflexo de todo o traballo, esforzo e constancia demostrados ao longo da tempada. Día tras día seguen superándose e medrando, tanto dentro como fóra da pista.

Parabéns, Naia e Luna, por todo o conseguido nesta tempada, polo voso esforzo incansable e por demostrar que o traballo diario sempre ten a súa recompensa. Este é só o comezo de todo o que está por vir. ✨

Queremos agradecer tamén ao a excelente organización deste campionato e, como non, á nosa familia Bolboreta, que unha vez máis estivo ao noso lado desprazándose para animar e apoiar. Grazas por estar sempre aí. 💙🦋

📸 .photo 🫶

💫Patina na Rúa💫É un pracer celebrar o Patina na rúa un ano máis, un evento moi especial dentro da Festa da Coca, a celeb...
09/06/2026

💫Patina na Rúa💫

É un pracer celebrar o Patina na rúa un ano máis, un evento moi especial dentro da Festa da Coca, a celebración máis importante e característica de Redondela, unha tradición que enche as nosas rúas de historia, cultura e sentido de pertenza. 🫶

Durante moitos anos, este día converteuse nun evento moi especial e Bolboreta sempre se enorgullece de participar. Cremos que é moi importante seguir dando a coñecer a patinaxe artística e creando espazos onde os nenos poidan mostrar todo o traballo, o esforzo e o progreso que fixeron ao longo da tempada.

A Xunqueira encheuse de música, cor e un gran ambiente, converténdose no escenario perfecto para que os nosos patinadores brillen e gocen facendo o que máis lles gusta. 💙🦋

Grazas ao por organizala de novo este ano e por incluírnos. Sempre é un pracer formar parte dunha celebración tan especial para Redondela.✨

💫IX Trofeo Internacional Cidade de Vigo 💫Non podemos estar máis orgullosas dos resultados acadados polos nosos grupos ne...
08/06/2026

💫IX Trofeo Internacional Cidade de Vigo 💫

Non podemos estar máis orgullosas dos resultados acadados polos nosos grupos neste trofeo.✨

O noso Show Nacional despediuse de Reina Blanca da mellor maneira posible: conseguindo o 🥇 posto. Pechamos así unha etapa chea de traballo, aprendizaxes, emocións e grandes momentos que quedarán para sempre na nosa memoria. Despedimos esta coreografía cun sorriso e cun pouco de morriña, pero tamén coa ilusión e as ganas de comezar novos proxectos e seguir medrando xuntxs.

O Show Promocional estreou Proyecto Hawkins e conseguiu unha fantástica 🥈 posición entre 19 participantes. Un resultado que nos fai especial ilusión, xa que é a primeira vez que este grupo compite na categoría de Grupos Pequenos. O esforzo, a dedicación e a valentía de afrontar este novo reto tiveron a súa recompensa.

Parabéns a todxs polo traballo realizado!
Agora toca seguir preparando os próximos desafíos, coa vista posta no Campionato Galego de segunda categoría que se celebra o 20 de xuño en Porriño.💪

Queremos tamén agradecer ao pola magnífica organización deste trofeo! 🫶

E, por suposto, grazas á familia Bolboreta. Foi incrible vervos enchendo as bancadas e animando sen descanso aos nosos equipos. O voso apoio, os vosos aplausos e o cariño que nos facedes chegar en cada competición son unha parte fundamental de todo o que conseguimos. 💙🦋

Orgullosas do camiño percorrido e con moitas ganas do que está por vir.☺️

💫 II Fase de Niveis 💫Niveis do 4 ao 8 💙🦋📸 .photo
31/05/2026

💫 II Fase de Niveis 💫

Niveis do 4 ao 8 💙🦋

📸 .photo

Dirección

Avenida MENDIÑO, 34, REDONDELA, PO
Redondela
36693

Teléfono

+34671220770

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CPA Bolboreta Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CPA Bolboreta Redondela:

Atajos

Compartir

Categoría