rabadebikers

rabadebikers Moto club
(1)

🏍️ Este domingo Rábade Bikers achegámonos á quedada moteira de Friol para pasar unha boa mañá entre motos, amigos e bo a...
08/06/2026

🏍️ Este domingo Rábade Bikers achegámonos á quedada moteira de Friol para pasar unha boa mañá entre motos, amigos e bo ambiente.

Grazas á organización. ¡Ata a próxima! ✌️🏍️

🔥 ¡Xa están aquí as gorras de Rábade Biker’s! 🔥Se queres lucir as cores do club, xa podes facerte coa túa por só 15€, le...
08/06/2026

🔥 ¡Xa están aquí as gorras de Rábade Biker’s! 🔥

Se queres lucir as cores do club, xa podes facerte coa túa por só 15€, levando ademais o parche incluído. 🤘

🧢 Gorra + parche: 15€
🏍️ Parche: 3€

📍 Dispoñibles en El Rincón de Almu.

🏍️ Este finde estivemos gozando da concentración de Narón, compartindo quilómetros, risas e moi bo ambiente con compañei...
08/06/2026

🏍️ Este finde estivemos gozando da concentración de Narón, compartindo quilómetros, risas e moi bo ambiente con compañeiros e amigos das dúas rodas.

Grazas á organización polo gran traballo realizado e a toda a xente que fixo posible unha fin de semana para lembrar. Encántanos seguir sumando experiencias e facendo novas amizades alá por onde imos.

Vémonos na próxima! ✌️🔥

Esta fin de semana achegámonos ata Bueu para desfrutar da concentración dos compañeiros do Motoclub do Morrazo. Unha xor...
31/05/2026

Esta fin de semana achegámonos ata Bueu para desfrutar da concentración dos compañeiros do Motoclub do Morrazo.

Unha xornada chea de motos, bo ambiente e reencontros con amigos que comparten a mesma paixón polas dúas rodas.

Grazas pola acollida e pola organización. Sempre é un pracer acompañarvos.

✌️🏍️ Rábade Biker's, facendo quilómetros e creando lembranzas.

🏍️🔥 XA ESTÁ AQUÍ 🔥🏍️Despois do éxito do ano pasado, quedamos con ganas de máis... e este ano imos a por dous días de con...
30/05/2026

🏍️🔥 XA ESTÁ AQUÍ 🔥🏍️

Despois do éxito do ano pasado, quedamos con ganas de máis... e este ano imos a por dous días de concentración, convivencia, rutas, espectáculo e moita paixón polas motos.

Presentamos oficialmente o cartel da 2ª Concentración Motoclub Rábade Biker's, que terá lugar os días 22 e 23 de agosto de 2026.

Queremos seguir facendo medrar este soño que comezou cunha idea e que hoxe é unha realidade grazas a todos vós.

Agora si... xa podedes descubrir todo o que temos preparado para esta edición.

🏍️ Todo empeza por un soño.
🔥 E este ano imos a por máis.

Esta fin de semana tocou ruta ata Sarria 🏍🔥,  e viñemos para casa con nada menos que 2 premios nos xogos 💪🏆🏆E por se for...
18/05/2026

Esta fin de semana tocou ruta ata Sarria 🏍🔥, e viñemos para casa con nada menos que 2 premios nos xogos 💪🏆🏆

E por se fora pouco… ao noso presi tamén lle tocou un casco no sorteo, así que non podemos pedir moito máis 😎

Un finde de risas, compañeirismo e moi bo ambiente, deses que fan afición de verdade 🤘

E, por suposto, toca dar a enhoraboa a Kellie, a presi 👏, e a todo o equipazo que hai detrás da concentración, porque organizar algo así leva moito traballo… e nótase cando se fai con ganas e corazón ❤️

Grazas por facernos pasar un finde de 10. Vémonos na próxima! 🏍🔥🔝

Xa na casa, sen mollarnos, ao quentiño e descansando… 😌🏍️Este finde tocou O Valadouro e foron 3 días de moita festa, ris...
03/05/2026

Xa na casa, sen mollarnos, ao quentiño e descansando… 😌🏍️

Este finde tocou O Valadouro e foron 3 días de moita festa, risas e gasolina nas veas.

Rabade Biker’s non falla: boa xente, bo ambiente e kilómetros que sempre saben a pouco.

Pero o mellor, coma sempre, os compañeiros: esa familia sobre rodas que fai que cada ruta sexa única 🤘🏍️

As fotos falan por si soas… 🔥📸

Grazas a todos cos que compartimos ruta, cervexas e momentos que quedan para lembrar.

Seguimos rodando… que isto non para! 💪🏍️

Este finde estivemos na concentración de Ortigueira, disfrutando do ambiente, das motos e da boa compañía 🔥🏍️ Motoclub O...
26/04/2026

Este finde estivemos na concentración de Ortigueira, disfrutando do ambiente, das motos e da boa compañía 🔥🏍️ Motoclub Os De Sempre - Ortigueira

E ademais tivemos sorte… levamos unha chaqueta no sorteo de agasallos! 😏🎁

Grazas á organización polo currazo, repetiremos seguro!

Domingo de ruta. 🏍️☀️Pola tarde baixamos ata Betanzos, sumando máis quilómetros e bos momentos. 🔥
20/04/2026

Domingo de ruta. 🏍️☀️
Pola tarde baixamos ata Betanzos, sumando máis quilómetros e bos momentos. 🔥

Dirección

Campo Da Feira
Rábade
27370

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando rabadebikers publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría