31/08/2026
🏆 UNHA VICTORIA MOI ESPECIAL NA CASA
Onte vivimos en Pontecesures unha xornada desas que quedan na memoria. A nosa regata, a nosa casa, a nosa xente… e un resultado espectacular para o Náutico Pontecesures.
🏆 VITORIA DO NÁUTICO PONTECESURES cunha diferenza enorme respecto ao segundo clasificado, chegando a duplicar a súa puntuación.
Pero máis alá dos números e das medallas, quedámonos con algo aínda máis importante: ver medrar o noso club.
🥇🥈🥉 Estes foron os podios conseguidos polos nosos deportistas:
🥇 Antía Mosteiro Pérez – K1 1500 M PBJ
🥉 Xiana Fabeiro Bermúdez – K1 1500 M PBJ
🥉 Lía Jamardo Jamardo – K1 1500 M BEN-A
🥇 Andrea López Duro – K1 1500 M ALE-A
🥉 Julia Vieites Tocino – K1 3000 M INF-A
🥇 Ángela Fernández Martínez – K1 3000 M INF-B
🥉 Inés Villaverde Ferro – K1 3000 M INF-B
🥈 Raúl Fariña Lorenzo – C1 3000 H INF-A
🥇 Izan Santos Gándara – C1 3000 H INF-B
🥉 Antony Bandín Villareal – C1 3000 H INF-B
🥇 Aarón Mosteiro Pérez – C1 1500 H ALE-A
🥈 Carolina Varela Otero – C1 3000 M INF-A
🥇 Marcela Seco García – C1 3000 M INF-B
🥈 Narah Cancela Gándara – C1 3000 M INF-B
🥉 Brenda Cabrera Taboada – C1 3000 M INF-B
🥇 Sara Cascallar Novoa – C1 1500 M ALE-A
🥈 Daniela Borrazás Alvarín – C1 1500 M ALE-A
Pero se hai algo que queremos destacar especialmente é aos novos deportistas que este ano deron os seus primeiros pasos no piragüismo a través da nosa Escola de Verán. ❤️
Para moitos deles, onte foi a súa primeira competición, o seu primeiro dorsal, a súa primeira saída e o seu primeiro contacto co mundo da competición.
E iso, para nós, vale tanto ou máis ca unha medalla.
👏 Queremos que disfrutedes, que fagades amizades, que aprendades, que vivades momentos coma o de onte e, sobre todo, que vos enganche este deporte.
O noso desexo é que esta Escola de Verán sexa só o comezo e que moitos de vós deades o paso da escola ao club deportivo, para seguir medrando con nós e formando parte desta familia.
❤️🤍🖤 O futuro do Náutico Pontecesures está aquí.
Grazas a todos os deportistas, familias, técnicos, voluntarios, colaboradores e a todas as persoas que fixestes posible esta gran xornada na nosa casa.